Depuración: LogCat

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 09:52 28 jul 2015 de Angelfg (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Unha das técnicas para realizar depuración e seguimento das aplicacións é a creación de logs (rexistros) en tempo de execución.
  • En Android úsase a clase Log, que posúe un conxunto de métodos estáticos que nos van axudar no proceso de depuración/seguimento.

Android 2014 U4 01 Depuracion 01.jpg

  • A imaxe amosa un conxunto de mensaxes que teñen, entre outros, os seguintes campos.
    • Nivel de criticidade: tipo de mensaxe (Erro, Warning, INfo, Debug, etc)
    • PID: Código do proceso que produciu a mensaxe.
    • Tag: Etiqueta que axuda á identificación da mensaxe, moi útil para filtrar resultados.
    • Mensaxe


  • Para cada nivel de criticidade existe un método estático que nós axuda a clasificar as mensaxes que pode producir a aplicación: e(), w(), i(), d() e v().
  • Cada un dos métodos recibe como parámetro a etiqueta (tag) e o texto da mensaxe.


Caso práctico

  • Crear o seguinte proxecto: U4_01_Depuracion
  • Imos realizar un pequeno proxecto onde amosamos como poder usar o LOG.
  • A etiqueta que se está usando no programa é: "DEPURACIÓN"
  • E estamos usando un filtro para ver só as etiquetas con ese nome.
  • Para ver as mensaxes de log usaremos a ventá LogCat que está tanto na perspectiva Java como DDMS.

O XML do Layout

  • A continuación amósase o Layout da aplicación:
<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    android:orientation="vertical"
    tools:context="com.example.u4_01_depuracion.U4_01_Depuracion" >

    <EditText
        android:id="@+id/et"
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:hint="Introduce o século no que vives"
        android:inputType="number" />

    <Button
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:text="Preme aquí"
        android:onClick="onButtonClick" />

</LinearLayout>


O código Java da aplicación

package com.example.u4_01_depuracion;

import android.app.Activity;
import android.os.Bundle;
import android.util.Log;
import android.view.Menu;
import android.view.MenuItem;
import android.view.View;
import android.widget.EditText;
import android.widget.Toast;

public class U4_01_Depuracion extends Activity {

	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_u4_01__depuracion);
		Log.e("DEPURACIÓN", "Mensaxe de erro");
		Log.w("DEPURACIÓN", "Mensaxe de aviso");
		Log.i("DEPURACIÓN", "Mensaxe de información");
		Log.d("DEPURACIÓN", "Mensaxe de mensaxe de depuración");
		Log.v("DEPURACIÓN", "Mensaxe de vervose");

	}

	@Override
	public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
		// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
		getMenuInflater().inflate(R.menu.u4_01__depuracion, menu);
		return true;
	}

	public void onButtonClick(View v) {
		EditText et = (EditText) findViewById(R.id.et);

		if (et.getText().toString().equals("21")) {
			Toast.makeText(this, "Tes os pes na terra ", Toast.LENGTH_SHORT).show();
			Log.i("DEPURACIÓN BOTÓN", "Dentro if");

		} else if (et.getText().toString().equals("")) {
			Toast.makeText(this, "Non escribiches nada", Toast.LENGTH_SHORT).show();
			Log.i("DEPURACIÓN BOTÓN", "Dentro else if");

		} else

		{
			Toast.makeText(this, "Estás noutro planeta", Toast.LENGTH_SHORT).show();
			Log.i("DEPURACIÓN BOTÓN", "Dentro else");

		}

	}

}
  • Liñas 18-22: A aplicación emite mensaxes a través dos métodos estáticos con distintos niveis de criticidade.
    • A etiqueta (tag) é o primeiro campo.
  • Liñas 38,42,48: emisión de mensaxes que nos axudan a saber porque parte do código se atopa a aplicación.



-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).