Xerar Views nun Layout en tempo de execución. Layout ScrollView

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 09:11 28 jul 2015 de Angelfg (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • A continuación vanse crear os elementos dun TableLayout en tempo de execución.
  • Os elementos dun TableLayout son as celas e cada unha vai ter un compoñente ImageView. Podería ser un botón, un texto, etc.
  • Ademais a través do Layout ScrollView vaise permitir facer scroll.


Caso práctico

  • Creamos unha novo proxecto: U2_33_TableLayoutDinamico


O XML do layout

  • Imos centrarnos no novidoso:
<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    android:orientation="vertical" >

    <TableLayout
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:stretchColumns="*" >

        <TableRow>

            <EditText
                android:id="@+id/et_filas"
                android:layout_width="wrap_content"
                android:layout_height="wrap_content"
                android:hint="Filas"
                android:gravity="center"
                android:imeOptions="actionDone"
                android:inputType="number" />

            <EditText
                android:id="@+id/et_columnas"
                android:layout_width="wrap_content"
                android:layout_height="wrap_content"
                android:gravity="center"
                android:hint="Columnas"
                android:inputType="number" />
        </TableRow>
    </TableLayout>

    <Button
        android:layout_width="match_parent"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:onClick="onXerarTaboaClick"
        android:text="Xerar táboa" />

    <ScrollView
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content" >

        <TableLayout
            android:id="@+id/taboa_dinamica"
            android:layout_width="match_parent"
            android:layout_height="match_parent"
            android:stretchColumns="*" >
        </TableLayout>
    </ScrollView>

</LinearLayout>
  • ScrollView: é un layout que permite activar o scroll vertical. Co cal, os elementos que haxa dentro poden crecer en vertical ao seu antollo, pois sempre se poderá realizar scroll.
    • Dentro dese Layout definiuse un TableLayout que non ten ningunha fila. Estas crearanse en tempo de execucion.
  • Liña 44: observar que a táboa ten un ID para poder acceder a ela dende Java.

O código Java

package com.example.u2_33_tablelayoutdinamico;

import android.app.Activity;
import android.os.Bundle;
import android.view.Menu;
import android.view.View;
import android.view.View.OnClickListener;
import android.view.WindowManager;
import android.widget.EditText;
import android.widget.ImageView;
import android.widget.TableLayout;
import android.widget.TableRow;
import android.widget.Toast;

public class U2_33_TableLayoutDinamico extends Activity {

	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_u2_33__table_layout_dinamico);

	}

	public void onXerarTaboaClick(View v) {
		TableLayout taboa = (TableLayout) findViewById(R.id.taboa_dinamica);
		EditText filas = (EditText) findViewById(R.id.et_filas);
		EditText columnas = (EditText) findViewById(R.id.et_columnas);

		int f = Integer.parseInt(filas.getText().toString());
		int c = Integer.parseInt(columnas.getText().toString());

		taboa.removeAllViews();

		for (int i = 1; i <= f; i++) {
			TableRow fila = new TableRow(this);
			taboa.addView(fila);
			
			for (int j = 1; j <= c; j++) {
				ImageView imaxe = new ImageView(this);
				imaxe.setTag("Tag" + i + j);
				imaxe.setImageResource(R.drawable.ic_launcher);
				fila.addView(imaxe);
				imaxe.setOnClickListener(new OnClickListener() {

					@Override
					public void onClick(View v) {
						// TODO Auto-generated method stub
						ImageView img = (ImageView) v;
						Toast.makeText(getApplicationContext(),"Premeches na imaxe " + img.getTag(),Toast.LENGTH_SHORT).show();
					}
				});

			}
		}
	}

	@Override
	public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
		// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
		getMenuInflater().inflate(R.menu.u2_33__table_layout_dinamico, menu);
		return true;
	}

}
  • Liña 25: no obxecto taboa apuntamos á táboa definida no layout.
  • Liña 29,30: f e c indican cantas filas e columnas debe ter o TableLayout. Lembrar que parseInt() é un método estático da clase Integer en Java.
  • Liña 32: eliminamos todas as vistas que poida ter a táboa.
  • Liña 35,36: engadimos tantos TableRows como filas nos indicou o usuario.
  • Liña 39,40,41: creamos un obxecto ImageView co seu Tag e imaxe asociada.
  • Liña 42: engadimos en cada fila tantas columnas como nos indicou o usuario a través de engadir, nese caso vistas do tipo ImageView.
  • Liña 43 a 51 para cada unha das imaxes chamamos ao seu Listener que estará a espera de que se faga click nesa mesma imaxe que se acaba de crear.
  • Liña 46 a 50 cando se preme nunha imaxe podemos coñecer, neste caso, cal é o seu Tag.




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).