RadioButton

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 09:08 28 jul 2015 de Angelfg (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • O control RadioButton permite escoller unha opción entre varias posibles.
  • Aconséllase usar este control sempre que se queiran amosar ao usuario múltiples opcións, unha ao carón doutra.
  • En caso contrario débese usar un Spinner (Lista despregable).
  • No layout os RadioButton organízanse dentro dun RadioGroup que vai controlar que non haxa máis dunha opción marcada.

Radiobuttons.png

  • Nota: polas opcións que ofrece a imaxe, tomada de Android SDK, aí debe traballar un galego.


  • RadioGroup herda da clase LinearLayout co cal terá as súas propiedades, entre elas: android:orientation


  • RadioButton herda da clase CompoundButton ao igual que CheckBox. Por tanto, teremos dispoñible a propiedade android:onCLick.

00 Part of Android View Hierarchy.png


Caso práctico

  • Creamos un novo proxecto: U2_11_RadioButton
  • Imos crear unha aplicación na que o usuario indique se é ou non maior de idade e que se amose a opción escollida no EditText.

XML do Layout

  • Observar como RadioGroup é un layout máis de tipo Linear.
  • Observar como a primeira opción está activada por defecto.
<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    android:orientation="vertical" >

    <RadioGroup
        android:layout_width="fill_parent"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:orientation="vertical" >

        <RadioButton
            android:id="@+id/rbtn_maior18"
            android:layout_width="wrap_content"
            android:layout_height="wrap_content"
            android:checked="true"
            android:onClick="controlarIdade"
            android:text=">18 anos" />

        <RadioButton
            android:id="@+id/rbtn_menor18"
            android:layout_width="wrap_content"
            android:layout_height="wrap_content"
            android:onClick="controlarIdade"
            android:text="&lt;=18 anos" />
    </RadioGroup>

    <EditText
        android:id="@+id/txt_resultado"
        android:layout_width="match_parent"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:hint="Resultado" />

</LinearLayout>

Código Java

  • Implementamos o método controlarIdade
package com.example.u2_11_radiobutton;

import android.app.Activity;
import android.os.Bundle;
import android.view.Menu;
import android.view.View;
import android.widget.EditText;

public class U2_11_RadioButton extends Activity {

	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_u2_11__radio_button);
	}

	@Override
	public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
		// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
		getMenuInflater().inflate(R.menu.u2_11__radio_button, menu);
		return true;
	}

	public void controlarIdade(View view) {

		EditText caixa = (EditText) findViewById(R.id.txt_resultado);

		switch (view.getId()) {
		case R.id.rbtn_maior18:
			caixa.setText("Tes máis de 18 anos");
			break;
		case R.id.rbtn_menor18:
			caixa.setText("Tes menos de 18 anos");
			break;
		}
	}
}
  • Liña 30: Indagamos que cal é o ID da opción na que se fixo click.




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).