Xestión de proxectos en Eclipse

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 12:41 24 jul 2015 de Angelfg (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Antes de enfrascarse na creación de proxectos, imos ver como xestionalos en Eclipse.
  • Imos ver como importalos e as opcións existentes.
  • É bo botarlle unha ollada ao seguinte material, para evitarse sorpresas desagradables coa perda de proxectos.
  • Como xa se indicou recoméndase a lectura do seguinte documento: "Mi primera hora con Eclipse": http://ubuntulife.files.wordpress.com/2008/03/intro_eclipse_espanol.pdf


Iniciar Eclipse

  • Como xa se viu na Unidade 1, imos comezar abrindo o Eclipse como se fose a primeira vez.
  • Escolleremos a perspectiva de Java.
  • O Workspace é o lugar onde Eclipse almacena por defecto os proxectos e información sobre estes nunha carpeta chamada .metadata, que pode traer algunha que outra complicación.

Crear un proxecto

  • Un usuario pode ter varios Workspaces ou outros cartafoles para organizar os seus proxectos. Así, pode ter proxectos de distintas materias ou distintas linguaxes en distintos Workspaces.
  • Un proxecto pódese crear no cartafol do workspace ou noutra calquera. En calquera caso, almacenarase información sobre os proxectos no cartafol .metadatos do Workspace co que se estea a traballar.
  • Agora imos traballar con proxectos lixo para estudar as distintas opcións, logo máis en diante explicarase os campos dos cadros de diálogo.
  • Estes proxectos borrarémolos ao finalizar este apartado.

Cambiar de workspace

Organización de proxectos dentro dun workspace: Working Sets

  • Xa vimos que se poden ter diferentes workspaces para que o usuario se organice como desexe.
  • Pero dentro de cada Workspace, Eclipse, ofrece a posibilidade de organizar os proxectos en agrupamentos chamados: Working sets.
  • En todo momento podemos mover proxectos dun Working set a outro, ter un proxecto en varios Working sets, decidir que Working sets amosar/ocultar, etc.


Importar proxectos

  • Os proxectos pódense levar dun equipo a outro simplemente copiando os cartafoles no que están.
  • Neste caso vanse copiar os proxectos contidos no Workspace3 a un novo cartafol chamado probas e logo importaranse.


Proxectos fóra do Workspace

  • Nesta ocasión imos ver como ter proxectos fóra do Workspace. Aínda así este é necesario para conter o cartafol .metadatos que conten información, entre outras cousas, sobre os proxectos.
  • Obviamente, tamén se poden ter outros proxectos dentro do Workspace.


Borrado de proxectos

  • Os proxectos pódense borrar dende Eclipse:
    • Pódese borra só o enlace no IDE, sen borrar os ficheiros do proxecto,
    • Ou tamén o cartafol que o contén os ficheiros do proxecto.
  • Tamén se poden borrar os cartafoles directamente, pero teríase no IDE un enlace a un proxecto que non existe.

Preferencias: workspaces

  • Rematamos revisando onde se almacena a configuración relativa aos workspaces anteriores.




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).