De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Nesta sección estudaranse as fontes tipográficas. En Gnu/Linux a xestión de fontes é moi sinxela.
Introdución
No procesador de textos pódense observar as fontes instaladas por defecto no sistema. Pero ao mellor bótase de menos a fonte Arial, Verdana, Times New Roman, etc.
Ubicación das fontes
As fontes están no directorio /usr/share/fonts.
Instalación de fontes de Microsoft
Para instalar as fontes Arial, Times New Roman, Comic Sans, Verdana, etc. hai que instalar o paquete: ttf-mscorefonts-installer.
- Instalar fontes de Microsoft
Se intentamos instalar este paquete co Centro de Software de Ubuntu, deberíamos poder facelo (e en versións anteriores de Ubuntu funcionaba correctamente), pero...
seguramente vexamos que a aplicación se queda bloqueada na instalación e non remata de instalar o paquete. Isto é debido a que para a instalación do paquete o usuario ten que acepta unha licenza de uso, e a aplicación do Centro de Software non nos está mostrando correctamente a licenza para que a poidamos aceptar. Polo tanto, imos instalar o paquete de outra maneira.
Abrimos un terminal e executamos o comando sudo apt-get install ttf-mscorefonts-installer. Este comando equivale a instalar ese paquete co Centro de Software de Ubuntu.
Agora si que vemos a licenza de uso das fontes tipográficas do paquete, que teremos que aceptar.
Aquí vemos a finalización da execución do comando de instalación do paquete con éxito.
Na carpeta /usr/share/fonts/truetype/msttcorefonts están as fontes descargadas e listas para usar en calquera aplicación.
Instalar unha fonte manualmente
Primeiro hai que facerse coa fonte (pódese extraer de MS Windows, buscar por internet, etc).
Fonte de código de barras: barcode
Neste caso vaise instalar unha fonte que permita xerar códigos de barras.
- Instalar a fonte Barcode
Abrir a carpeta fonts como root (sudo nautilus) e arrastrar o ficheiro da fonte a /usr/share/fonts.
Fonte de Gallaecia de Alberto Varela Ferreiro
Igual que antes, conectarse a seguinte páxina: http://www.dafont.com/gallaecia.font, descargar a fonte Gallaecia.
- Instalar a fonte Gallaecia
Neste caso para variar un pouco, creamos en fonts unha carpeta chamada galegas e a aí arrastramos a fonte baixada. Podemos crear as carpetas que queiramos para organizar as fontes que engadimos no sistema.
Captura do procesador de texto de LibreOffice.org usándose as fontes Times New Roman, Verdana, barcode e Gallaecia.
Instalar máis fontes
Xa para ir rematando, vanse instalar varios paquetes que conteñen diversas fontes.
- Fontes variadas
O Centro de Software de Ubuntu inclúe un apartado de Tipos de letra onde podemos atopar todos os paquetes relacionados coas fontes.
Aquí vese os paquetes deste apartado. Instálanse os paquetes: fonts-dustin, ttf-georgewilliams, fonts-konatu, fonts-larabie-deco, fonts-larabie-straight, fonts-larabie-uncommon, fonts-sil-gentium, ttf-sjfonts (Tamén se poden coller outros, a gusto do usuario).
Observar en que subcarpetas de fonts se están a copiar as fontes.
Un exemplo das novas fontes que se teñen.
Webs para descargar fontes
Existen moitas webs das que poder descargar fontes, aquí menciónanse uns exemplos:
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez