Sistema dual: Obxectivos e escenarios da PARTE I

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 13:32 22 feb 2015 de Carrion (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
  • Nesta primeira parte, o usuario non vai instalar ningún sistema operativo, nin sequera crear ningunha partición. Iso farase na PARTE II do curso.
  • Como o obxectivo final deste curso é ter instalados 2 sistemas operativos no ordenador (sistema dual): o que ten actualmente (MS Windows) e Linux (a distribución de Ubuntu). Para que non acaeza ningunha catástrofe é preciso planificar o proceso de instalación de Ubuntu e realizar as medidas preventivas oportunas para non perder nada no sistema operativo actual. Por iso, esta primeira parte está adicada a: planificar e realizar operacións de backup para estar previdos ante calquera continxencia, que sempre pode pasar.
  • Nesta primeira parte vaise:
    • Contextualizar o curso: que é GNU/Linux e as distribucións.
    • Revisar conceptos previos a instalación de Ubuntu. A instalación farase na parte II do curso e NON nesta parte I.
    • Estudar as características de Ubuntu.
    • Antes de instalar Ubuntu hai que:
      • Analizar a situación de partida
      • Facer copias de seguranza dos datos que se desexen conservar, por se na PARTE II (no proceso de instalación) ocorrese un desastre, que sempre se está suxeito a que suceda. Pero para iso debemos ter a tranquilidade de que a información que nos interesa está ben gardada en copias de seguridade.
      • Estudar a situación de destino, a que se desexa implantar. Isto é, non hai que crear particións nesta primeira parte, simplemente nun papel, ou nun procesador de textos indicar de onde se parte e a onde se desexa chegar. Nada máis. Sen crear nada real.
  • A seguinte imaxe ilustra o exposto anteriormente:

00 Ubuntu Desktop Ed 2012 Escenario Semana 01.jpg


  • A imaxe vén a esbozar unha posible situación de partida, pero cada usuario que siga o curso terá:
    • O ordenador co seu propio nome.
    • O disco duro do ordenador, no punto de partida, organizado doutro xeito distinto ao da imaxe, coas súas propias particións e o sistema MS Windows que se vai preservar perante a instalación de Ubuntu.
    • O espazo libre (ou ocupado) no disco de partida non vai coincidir co da imaxe superior. Pero cada quen debe ter espazo libre suficiente para poder instalar o novo sistema operativo.
  • O que se pretende nesta PARTE I, é que o usuario faga un croquis (esbozo, debuxo, etc.) da situación desexada de destino, pero nada máis. Sobre todo, os usuarios que sigan o curso a través de Platega, NON deben crear nin formatar ningunha partición até ter o visto bó dos relatores para pasar á parte II do curso, que será onde se implantará o croquis nun ordenador real.


  • O material para este curso está elaborado partindo dun ordenador instalado co sistema operativo Windows 7, pero pódese partir de calquera ordenador que teñan instalado calquera outro sistema operativo de Microsoft: Windows XP, Windows Vista, Windows 8, etc.



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (feb 2012).