Estilos dos elementos con jQuery

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 22:56 26 ene 2015 de Veiga (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Si queremos modificar o estilo dun elemento, temos dúas opcións. Podemos engadir ou eliminar unha clase CSS, provocando que o resto dos elementos que usan esa clase tamén sexan modificados. Ou ben podemos traballar directamente sobre o DOM aplicando os estilos directamente.

Imos ver como se pode facer en jQuery.

Engadir ou eliminar nomes de clase

Para engadir clases a un elemento empregaremos o método addClass(). Como parámetro escribiremos o nome da clase ou clases, separadas por un espacio, que desexamos engadir ó elemento:

$("p:last").addClass("seleccionado");

Ó derradeiro párrafo do documento engadímoslle a clase "seleccionado".


Para eliminar unha clase dun elemento faise co método removeClass(). Como parámetro escribimos o nome da clase ou clases, separadas por un espacio que desexamos eliminar do elemento.

$("p:first").removeClass("fondoazul");

Ó primeiro párrafo do documento sacámoslle a clase "fondoazul".


O método chamado toggleClass(). O que fai este método e engadir a clase indicada si non está presente ou eliminar a clase indicada si está presente.

E por último o método hasClass() indica si o elemento seleccionado está empregando a clase indicada como parámetro.

Máis información e exemplos.


Consulta e modificación de estilos

No apartado anterior vimos como xestionar qué clases lle aplicamos a un elemento, etc.

En moitos casos interésanos modificar directamente un estilo sin ter que activar ou desactivar unha clase.

Para facer isto dispomos do método css() que funciona de xeito semellante ó método atr().

css(name) - Obtén o valor do propiedade name CSS, asociada ó primeiro elemento do conxunto.

$("table").css("background-color")

Devolverá o color de fondo da primeira táboa do documento.

css(propiedades) - Nos permite asignar unha determinada propiedade ou propiedades a tódolos elementos do conxunto.

$("p").css({ "backgroundColor" :"yellow", "fontWeight" :"bolder" });


css(name,valor) - Asigna á propiedade CSS name o valor indicado.

$("p").css("color","red")


Despos dispomos de accesos rápidos que nos permiten consultar ou modifica-lo ancho e a altura. Son os métodos width() e height().

Exemplo:

$("div.unhaClase").width(500)

é idéntica a:

$("div.unhaClase").css("width","500px")

Outro exemplo:

function informar() {
     $('#contido').html(
       $('#asunto').width()+'x'+$('#asunto').height()
     );
   }

A función informar asignará en #contido unha mensaxe html que imprime o ancho e a altura do obxecto con ID asunto.

Diferencias entre width, width(), height e height()

Agora que estamos falando de estilos e propiedades dos obxectos tedes que ter en conta o espazo de traballo no cal nos atopamos, jQuery (instruccións que comenzan por $) ou Javascript.

Por exemplo:

$(this).width() e iso nos devolverá o ancho do obxecto actual.


No espazo de Javascript faríamos:

this.width e nos devolverá o ancho dese obxecto.


O mesmo ocurre coa propiedade de javascript height e o método de jQuery height().

Resumindo é moi importante decatarse do entorno no cal nos atopamos para empregar unha función ou o seu correspondente método en jQuery.

Algo semellante ocurriría co método html() de jQuery, que ten como propiedade asociada en Javascript a propiedade innerHTML.

Máis información sobre xestión do CSS con jQuery

--Veiga (discusión) 22:56 26 ene 2015 (CET)