As bases de jQuery

De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Como base, jQuery enfócase á recuperación de elementos das páxinas HTML e realización de operacións sobre os mesmos. Se vostede está familiarizado con CSS, darase conta da potencia que teñen os selectores, os cales describen grupos de elementos polos seus atributos ou situación dentro do documento.

A base de jQuery

Aprende.png
A clave de jQuery

A crave no aprendizaxe de jQuery está no uso da función $() - alias de jQuery() -. Esta función poderíase comparar co clásico document.getElementById() pero coa diferencia moi importante de que $() soporta selectores CSS e pode devolver arrays, polo tanto $() é unha versión mellorada do document.getElementById().

Esta función $("selector") acepta como parámetro unha cadea de texto que será un selector CSS, pero tamén pode aceptar un segundo parámetro $("selector",contexto) que será o contexto no cal se vai a facer a búsqueda do selector citado. Ver un exemplo máis abaixo.

Tamén poderemos ter outro uso da función con $(funcion) equivalente a $(document).ready(función), que nos permitirá detectar cando o DOM está completamente cargado. Ver un exemplo máis abaixo

Consultar máis información sobre a función $().

O encapsulamento en jQuery

Cando se introduciu CSS nas tecnoloxías web fíxose co fin de separar o deseño do contido, de forma que puideramos facer referencia ós elementos da páxina dende as follas de estilo.

O método foi desenvolvido facendo uso de selectores, que referencian os elementos en base os seus atributos ou a súa posición no documento HTML.

Por exemplo o selector

p a

fai referencia ó grupo dos enlaces (elementos <a>) que están contidos dentro dun 
elemento p (párrafo).

jQuery fai uso dos mesmos selectores, dando soporte ós selectores máis comúns empregados en CSS, e tamén a moitos selectores que aínda non están soportados por moitos navegadores.

Por exemplo o selector nth-child que vimos nun exemplo anterior é un bo exemplo da potencia de selección en jQuery.

Para facer referencia a un grupo de elementos, usaremos unha sintaxis moi simple:

$("selector")

ou

jQuery("selector")

O máis cómodo é empregar a notación $(), aínda que resulte un pouco estraña ó principio.


Por exemplo, para recuperar o grupo de enlaces que está dentro dun elemento p, usaríamos o seguinte:

$("p a")

A función $() (alias de jQuery()) devolve un obxecto especial JavaScript que contén un array de todos os elementos DOM que cumplen o selector.


Aprende.png
$(selector,contexto)

A función $() tamén pode ter un segundo parámetro que nos indicaría o contexto no cal se vai a facer a selección.

Por exemplo:

$("input", document.forms[0]);

// Seleccionaría todos os obxectos input no primeiro formulario 
// do documento.

En termos de programación, estáse a producir un encapsulamento xa que estamos accedendo a todos os elementos seleccionados e estamos aplicándolle unha funcionalidade extendida.

Por exemplo se queremos ocultar todos os elementos div dun documento que empregan a clase "colorido", en jQuery faríamos o seguinte:

$("div.colorido").fadeOut();

Unha característica especial en moitos comandos de jQuery é que unha vez que ese comando terminou a súa acción (como por exemplo a operación anterior de ocultar fadeout()), ese mesmo comando devolve o mesmo grupo de elementos listos para poder ser usados nunha nova acción.

Por exemplo, se queremos engadir unha nova clase os elementos que ocultamos recentemente poderíamos facer:

$("div.colorido").fadeOut().addClass("eliminados");

Este encadeamento de accións podería continuar indefinidamente.

Outro exemplo:

$("#unelemento").html("Engadimos texto ó elemento");

ou

$("#unelemento")[0].innerHTML ="Engadimos texto ó elemento";

No exemplo anterior empregamos un selector de ID ("#id"), polo que soamente un obxecto do documento cumplirá ese selector. No primeiro caso empregamos o método html(), o cal reempraza o contido do elemento co novo contido HTML.

Se queremos face-lo mesmo pero con varios elementos poríamos:

$("div.novotexto").html("Engadimos texto a un grupo de div que están usando a clase novotexto");

ou

var elements = $("div.novotexto");
for(i=0;i<elements.length;i++)
elements[i].innerHTML ="Engadimos texto a un grupo de div que están usando a clase novotexto";


Outros exemplos:

$("p:even"); //Este selector selecciona todos os párrafos que sexan pares.
$("tr:nth-child(1)");  /*Este selector selecciona a primeira fila de tódalas táboas do documento. */
$("body > div"); //Este selector selecciona os <div> fillos que colgan directamente de <body>.
$("a[href$=pdf]"); //Este selector selecciona enlaces a ficheiros PDF.
$("body > div:has(a)"); //Este selector selecciona <div> que son fillos 
// directos de <body> e que ademáis conteñan enlaces.


Aprende.png
$(function) .... jQuery(function) .... $(document).ready(function())

Permítenos detectar cando o DOM (Modelo de Obxectos do Documento) está completamente cargado, para evitar posibles erros de acceso ós obxectos.

Exemplos de uso dos tres métodos anteriores:

$(function(){
/*
 Cando o documento está preparado.
Poderemos acceder de forma exitosa a tódolos 
obxectos do documento.
A partir de aquí teclearíamos o código de jquery....
*/



});
jQuery(function(){
/*
 Cando o documento está preparado.
Poderemos acceder de forma exitosa a tódolos 
obxectos do documento.
A partir de aquí teclearíamos o código de jquery....
*/


});


$(document).ready(function(){
/*
 Cando o documento está preparado.
Poderemos acceder de forma exitosa a tódolos 
obxectos do documento.
A partir de aquí teclearíamos o código de jquery....
*/


});

Poderemos empregar calqueira dos tres métodos anteriores nos nosos exemplos, xa que os tres métodos son equivalentes.

Funcións de utilidade en jQuery

Aínda que unha das tarefas máis frecuente da función jQuery() é a de seleccionar un grupo de elementos, ésta non é a única tarefa que ten asignada.

Unha desas tarefas adicionais que tamén ten asignada é a de servir de prefixo para a chamada de funcións de certa utilidade.

Por exemplo:

$.trim(algo);

Se che parece raro o uso do prefixo $, recorda que $ é un identificador como calquera outro en JavaScript.

Poderíamos facer a mesma chamada empregando a función jQuery:


jQuery.trim(algo);

Aquí queda claro que a función trim() é chamada no espacio de jQuery ou polo seu alias $

NOTA: Aínda que estes elementos son chamados funcións de utilidade na documentación de jQuery, queda claro que son métodos da función $()


Explicación en detalle do selector document ready

Cando falamos do JavaScript non intrusivo, estamos dicindo que o comportamento está separado da estructura do documento. Polo tanto realizaremos operacións sobre os elementos da páxina dende fora da estructura da mesma.

Para poder facer isto, necesitamos esperar a que todos os elementos DOM (Document Object Model - Modelo de Obxectos do Documento) na páxina estén completamente cargados, antes de comenzar a operar con eles.

Tradicionalmente facíase cun evento onload do obxecto window de JavaScript. A sintaxis típica era:

window.onload = function() {
$("table tr:nth-child(even)").addClass("colorido");
};

Este código facía que o JavaScript non se executara ata que a táboa esté completamente cargada.

Desafortunadamente co evento onload o navegador ralentiza a execución deste código JavaScript ata que o DOM esté completamente cargado, e ademáis ata que tódalas imaxes e recursos externos tamén estén cargados.

Como resultado os visitantes notarán un certo retraso dende que ven a páxina ata que se executa o script. Incluso pode ser peor, se unha imaxe necesita moito tempo para cargar, teríamos que esperar ata que estivera completamente cargada para que o Javascript se execute, e isto faría que non fora moi enriquecedor o emprego de certas funcións visuais en Javascript.

Unha mellora desta técnica sería o ter que esperar simplemente a que o arbol DOM esté construído. Programar ésto para que funcione en varios navegadores é unha tarefa complexa que con jQuery pódese facer relativamente sinselo, da seguinte forma:

$(document).ready(function()
{
$("table tr:nth-child(even)").addClass("colorido");
}
);

O primeiro que facemos é encapsular o documento coa función jQuery(), e a continuación aplicámoslle o método ready() ó cal se lle pasa unha función que se executará cando o documento xa esté preparado para a súa manipulación.


A forma reducida do exemplo anterior sería:

$(function() {
  $("table tr:nth-child(even)").addClass("colorido");
});

Pasando unha función a $(), estamos indicándolle ó navegador que espere ata que o DOM esté completamente cargado (pero soamente o DOM) antes de comenzar a executa-lo código. Incluso mellor, podemos usar esta técnica moitas veces dentro do documento HTML, e o navegador executará tódalas funcións indicadas no orden no que foron declaradas na páxina.

Polo contrario a función onLoad do Javascript soamente permite o uso dunha soa función.

Creando elementos DOM

Os autores de jQuery co emprego de $() ( alias de jQuery() ) conseguiron facer unha función o suficientemente flexible para realizar moitas das tarefas que vimos ata agora.

Pero imos a explicar unha nova función de $(), que é a creación de novos obxetos DOM en execución. Para elo simplemente teremos que pasarlle á función o código html para os novos elementos.

Exemplo:

$("<p>Hola a todos!</p>")

Vexamos un exemplo máis completo:

<!DOCTYPE html>
<html lang="es">
<head>
  <meta charset="UTF-8">
  <title>Saudos a todos!</title>
</head>
<body>
<p id="parrafo">E Benvidos ó curso!</p>  
  <script src="http://code.jquery.com/jquery-2.1.3.min.js"></script>
  <script>
    $(document).ready(function(){                  
      $("<p>Hola a todos!</p>").insertBefore("#parrafo");
    });
  </script>
</body>
</html>

No exemplo anterior vemos que a función creará un novo párrafo xusto antes do obxecto con ID parrafo.

Emprego de jQuery con outras librerías

Ainda que jQuery proporciona un potente conxunto de ferramentas que satisfacen á maioría dos programadores, pode haber momentos en que unha páxina requira de múltiples bibliotecas JavaScript. Esta situación podería producirse porque estamos no proceso de transición dunha páxina para o seu uso coa biblioteca jQuery, ou talvez por que queiramos empregar ambas jQuery e outra biblioteca nas nosas páxinas.

Por exemplo si queremos empregar a libreria Prototype xunto con jQuery encontrarémosnos co conflicto de que Prototype tamén usa o símbolo $ como identificador, polo que chocarían no espacio de nomes con jQuery.

Os autores de jQuery proporcionan unha forma de eliminar este conflicto cunha función denominada noConflict(). En calquera momento cando a librería conflictiva sexa cargada, unha chamada a jQuery.noConflict(); cederá ó símbolo $ o significado que ten na outra librería.

--Veiga (discusión) 13:50 26 ene 2015 (CET)