Que facer se XenCenter non amosa a consola das MVs?
Revisión del 14:58 9 nov 2014 de Carrion (discusión | contribs.) (→Configuración do cliente PuTTy e Ultra VNCViewer)
Introdución
- Pode ocorrer que nun momento dado XenCenter non amose as consolas das MVs. Este caso ten solución:
- Nas MVs Linux a través de SSH.
- Nas MVs Windows a través de Terminal Server.
- Pero que pasa se non se instalou SSH nin Terminal Server? Pois pódese acceder ás consolas das MVs a través de VNC.
- Imos ver como acceder primeiro dende equipos Linux que pode haber á nosa disposición na LAN e logo dende equipos Windows.
- Vanse crear túneles co servidor Host, para acceder ás consolas das MVs.
Coñecer os portos nos que están as consolas das MVs e do host
- Iniciar sesión no servidor Xen, no host, ben a través de SSH ou en a través da consola directamente no servidor.
- Neste caso vaise usar o servidor xenA e acender as MVs Windows e Ubuntu.
- Executar a seguinte instrución para coñecer os portos nos que están as consolas:
netstat -tlpn | grep 59
- Os conectores VNC no dom0 escoitan a partir do porto 5900
- O primeiro porto que apareza (neste caso 5900) é o mesmo dom0, ou sexa, a MV que controla o servidor de Xen
- O seguinte a primeira MV de usuario, etc.
- vcnterm son os conectores ás MVs Linux.
- qemu-dm son os conectores ás MVs Windows.
Configuración do cliente Remmina en Linux
- Se non se dispón do cliente Remmina é preciso instalalo.
Configuración do cliente PuTTy e Ultra VNCViewer
- En Windows para realizar o mesmo hai que instalar o Putty e o visor UltraVNC.
- Descargar PuTTy: http://www.chiark.greenend.org.uk/~sgtatham/putty/download.html
- Descargar UltraVNC: http://www.uvnc.com/downloads/ultravnc/104-download-ultravnc-1190.html
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 2014)