Drag & Drop

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 19:24 27 nov 2013 de Carrion (discusión | contribs.) (→‎Clase Activity Preguntas)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • NOTA: imos usar como SDK mínimo o 11.
  • Se necesitamos controlar a versión o podemos facer coa clase VERSION da seguinte forma:

String androidOS = Build.VERSION.RELEASE; if (androidOS.startsWith("2")) ==> versión 2.x.x


  • Con Drag & Drop (Arrastrar e soltar) permíteselle ao usuario que arrastre datos dende unha Vista á outra.
  • O proceso divídese en:
    • O proceso comeza cando o usuario realiza algún xesto nun obxecto que reconozamos como inicio do arrastre. Por exemplo: un LongClick
    • A aplicación informa ao SO que o proceso de arrastre comezou e indícalle que elemento (View) é o que ten que debuxar mentres se arrastra, que é un elemento distinto do que iniciamos o proceso (pode ser a mesma imaxe para que pareza que movemos algo)
    • Hai que definir os obxectos Views sobre os que se vai recibir o Drop (Soltar). Cando se comeza a arrastrar un obxecto o SO manda unha mensaxe a todos os elementos gráficos da nosa pantalla que poidan recibir un drop, esperando unha contestación de se aceptarán ou non os diferentes eventos que se poidan dar durante o arrastre (que o obxecto entre dentro do View, saia, solte,....)


Caso práctico sinxelo

  • Comezamos creando un proxecto: U3_20_DragDrop
  • Usaremos as seguintes imaxes no recurso /res/drawable

Ok.png No.png Question.png


  • O funcionamento da Activity é o seguinte:

Android 2013 U3 20 DragDrop 01.jpg

  • Ao facer un LongClick na pregunta pódese comezar a arrastrar.
  • En función do botón ao que se arrastre obtemos unha mensaxe que indica a que botón se arrastrou: OK ou NO.

XML do layout

<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:id="@+id/LinearLayoutPreguntas"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    android:orientation="vertical" >

    <TextView
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:text="Drag &amp; Drop"
        android:layout_gravity="center"
        android:textSize="22sp" />

    <ImageView
        android:id="@+id/imgvwPreguntaArrastrar"
        android:layout_width="match_parent"
        android:layout_height="0dp"
        android:layout_gravity="center_horizontal"
        android:layout_weight="1"
        android:contentDescription="Imaxe pregunta arrastrar"
        android:src="@drawable/question" />

    <RelativeLayout
        android:layout_width="match_parent"
        android:layout_height="0dp"
        android:layout_weight="5" >

        <ImageView
            android:id="@+id/imgVwPreguntasNo"
            android:layout_width="wrap_content"
            android:layout_height="wrap_content"
            android:layout_alignParentRight="true"
            android:layout_alignTop="@+id/imgvwPreguntasOk"
            android:contentDescription="Imaxe preguntas NO"
            android:src="@drawable/no" />

        <ImageView
            android:id="@+id/imgvwPreguntasOk"
            android:layout_width="wrap_content"
            android:layout_height="wrap_content"
            android:layout_alignParentLeft="true"
            android:layout_centerVertical="true"
            android:contentDescription="Imaxe preguntas OK"
            android:src="@drawable/ok" />
    </RelativeLayout>

</LinearLayout>


Cógigo Java da Aplicación

  • A continuación debullamos o código:
package com.example.u3_20_dragdrop;

import android.app.Activity;
import android.os.Build;
import android.os.Bundle;
import android.view.DragEvent;
import android.view.Menu;
import android.view.View;
import android.view.View.DragShadowBuilder;
import android.view.View.OnLongClickListener;
import android.view.ViewGroup;
import android.widget.ImageView;
import android.widget.Toast;

public class U3_20_DragDrop extends Activity {

	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_u3_20__drag_drop);

		String androidOS = Build.VERSION.RELEASE;
		if (!(androidOS.startsWith("2")) && !(androidOS.startsWith("1")))
			xestionarArrastrar();

	}

	private void xestionarArrastrar() {
		ImageView pregunta = (ImageView) findViewById(R.id.imgvwPreguntaArrastrar);

		// Xestionamos cando prememos durante un tempo maior a 1 seg.
		pregunta.setOnLongClickListener(new OnLongClickListener() {

			@Override
			public boolean onLongClick(View v) {
				// TODO Auto-generated method stub
				DragShadowBuilder sombra = new DragShadowBuilder(v);
				v.startDrag(null, sombra, null, 0);
				v.setVisibility(View.INVISIBLE);
				return true;
			}
		});


               View.OnDragListener _OnDragListener = new View.OnDragListener() {
 
                        @Override
                        public boolean onDrag(View arg0, DragEvent arg1) {
                                ImageView pregunta = (ImageView) findViewById(R.id.imgvwPreguntaArrastrar);
 
                                // Este método vaise chamar 3 veces: ao soltar a imaxe pregunta
                                // ou na imaxe OK
                                // ou na imaxe NO
                                // ou no Layout
                                if (arg1.getAction() == DragEvent.ACTION_DRAG_STARTED) {
 
                                        return true; // Aceptamos xestionar os eventos
 
                                }
                                if (arg1.getAction() == DragEvent.ACTION_DRAG_ENTERED) {
                                   // Para cambiar de imaxe ó entrar
                                   //((ImageView)arg0).setImageResource(R.drawable.imaxeoentrar);
                                }
                                if (arg1.getAction() == DragEvent.ACTION_DRAG_EXITED) {
                                  // Para cambiar de imaxe o ó saír
                                  //((ImageView)arg0).setImageResource(R.drawable.imaxeosair);
                                }
                                if (arg1.getAction() == DragEvent.ACTION_DROP) { 
                                    // Soltamos a imaxe pregunta
 
                                        // COMPROBAMOS EN QUE IMAXE SE SOLTOU: OK, NO ou Layout
                                        switch (arg0.getId()) {
                                        case R.id.imgvwPreguntasOk:
                                                Toast.makeText(getApplicationContext(), "Soltaches en OK", Toast.LENGTH_SHORT).show();
 
                                                break;
                                        case R.id.imgVwPreguntasNo:
                                                Toast.makeText(getApplicationContext(), "Soltaches en NO", Toast.LENGTH_SHORT).show();
                                                break;
                                        default:
                                               // FACEMOS VISIBLE A IMAXE DA PREGUNTA 
                                               // Soltouse a imaxe no layout
                                                pregunta.setVisibility(View.VISIBLE);
                                                return false;
                                        }
 
                                        // FACEMOS VISIBLE A IMAXE PREGUNTA
                                        pregunta.setVisibility(View.VISIBLE);
                                        return true;
                                }
                                return false;
                        }
                };

		// Asociamos os obxectos ImageView e Layout á interface definida antes.
		ImageView imgOk = (ImageView) findViewById(R.id.imgvwPreguntasOk);
		ImageView imgNo = (ImageView) findViewById(R.id.imgVwPreguntasNo);
		ViewGroup pantalla = (ViewGroup) findViewById(R.id.LinearLayoutPreguntas);

		imgNo.setOnDragListener(_OnDragListener);
		imgOk.setOnDragListener(_OnDragListener);
		pantalla.setOnDragListener(_OnDragListener);

	}

	@Override
	public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
		// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
		getMenuInflater().inflate(R.menu.u3_20__drag_drop, menu);
		return true;
	}

}


Comprobar versión de Android

  • Comprobamos se a versión de Android e 3.x.x ou superior, nese caso chamamos ao método que vai xestionar o Drag&Drop.
                String androidOS = Build.VERSION.RELEASE;
                if (!(androidOS.startsWith("2")) && !(androidOS.startsWith("1")))
                        xestionarArrastrar();

Comezar a arrastrar

                ImageView pregunta = (ImageView) findViewById(R.id.imgvwPreguntaArrastrar);
 
                // Xestionamos cando prememos durante un tempo maior a 1 seg.
                pregunta.setOnLongClickListener(new OnLongClickListener() {
 
                        @Override
                        public boolean onLongClick(View v) {
                                // TODO Auto-generated method stub
                                DragShadowBuilder sombra = new DragShadowBuilder(v);
                                v.startDrag(null, sombra, null, 0);
                                v.setVisibility(View.INVISIBLE);
                                return true;
                        }
                });
  • Se na imaxe da pregunta se fai un LongClick capturamos ese evento cun Listener e
  • Indicámoslle ao S.O. o que ten que debuxar cando faga Drag sobre a imaxe.
  • Para debuxar a imaxe (ou o que queiramos) que vai a moverse pola pantalla, temos que utilizar un obxecto da clase DragShadowBuilder.
  • Podemos crear unha subclase de dita clase e personalizar todo o que queiramos.
  • Para o noso exemplo, imos a usar a mesma imaxe da pregunta que está en pantalla para facelo.
  • Para iso só temos que crear un obxecto da clase DragShadowBuilder e pasarlle no constructor o View a debuxar pola pantalla. Neste caso o View asociado a imaxe da pregunta.
    • DragShadowBuilder sombra = new DragShadowBuilder(v);


  • Cando facemos un Drop, pode ser que veñan outros obxectos doutras aplicacións ou incluso da nosa, pero que non sexa o obxecto esperado.
  • Podemos facer que coa imaxe que se arrastra, vaia asociado información dun tipo determinado, de tal forma que o obxecto que vai a recibir a imaxe (drop,) pode preguntar polo tipo de información que acompaña a imaxe (ou o que se estea arrastrando) e se non é do tipo que espera dicirlle o S.O. que non quere recibir máis eventos do obxecto que se arrastra.
    • Neste exemplo non imos asociar información á imaxe.


  • Chamamos ao método startDrag(): v.startDrag(null, sombra, null, 0);
  • Ten catro parámetros:
    • O primeiro: é onde iría a información que acompañaría á imaxe.
    • O segundo: é o obxecto da clase DragShadowBuilder (A vista que se vai mover pola pantalla)
    • O terceiro: serve para o mesmo que o primeiro pero cun tipo de información máis sinxela.
    • O cuarto: non se utiliza.


  • v.setVisibility(View.INVISIBLE) fai que a vista que conteń a imaxe na súa posición inicial non sexa visible.
    • Lembrar que o que aparece visualmente como obxecto que se move pola pantalla non é o orixinal.


  • Finalmente o método onLongClick devolve true se realmente se consumou o evento LongClick.

Vistas nas que soltar

  • Agora hai que informar o S.O. sobre que obxectos van poder recibir operacións de Drop.
  • Cada unha das vistas receptoras (contenedoras) do Drop terá que ter asociado a interface OnDragListener, polo que terán que chamar o método setOnDragListener.
  • Como queremos que todos elas (as contedoras) teñan o mesmo código, podemos usar un obxecto da clase onDragListener para facelo (Visto no apartado de Xestión de Eventos III)
                ImageView imgOk = (ImageView) findViewById(R.id.imgvwPreguntasOk);
                ImageView imgNo = (ImageView) findViewById(R.id.imgVwPreguntasNo);
                ViewGroup pantalla = (ViewGroup) findViewById(R.id.LinearLayoutPreguntas);
 
                imgNo.setOnDragListener(_OnDragListener);
                imgOk.setOnDragListener(_OnDragListener);
                pantalla.setOnDragListener(_OnDragListener);
  • Os 2 botóns e o layout poden ser recptores da imaxe que se anda arrastrando pola pantalla, como hai que facer case o mesmo nos tres casos, crease un obxecto que implemente o método onDrag() do interface OnDragListener.


O método onDrag. Implementar o Interface

  • Este evento é chamado cando se solta unha vista sobre outra, e é esta última quen o chama.


View.OnDragListener _OnDragListener = new View.OnDragListener() {
 
                        @Override
                        public boolean onDrag(View arg0, DragEvent arg1) {
                                ImageView pregunta = (ImageView) findViewById(R.id.imgvwPreguntaArrastrar);
 
                                // Este método vaise chamar 3 veces: ao soltar a imaxe pregunta
                                // ou na imaxe OK
                                // ou na imaxe NO
                                // ou no Layout
                                if (arg1.getAction() == DragEvent.ACTION_DRAG_STARTED) {
 
                                        return true; // Aceptamos xestionar os eventos
 
                                }
                                if (arg1.getAction() == DragEvent.ACTION_DRAG_ENTERED) {
                                   // Para cambiar de imaxe ó entrar
                                   //((ImageView)arg0).setImageResource(R.drawable.imaxeoentrar);
                                }
                                if (arg1.getAction() == DragEvent.ACTION_DRAG_EXITED) {
                                  // Para cambiar de imaxe o ó saír
                                  //((ImageView)arg0).setImageResource(R.drawable.imaxeosair);
                                }
                                if (arg1.getAction() == DragEvent.ACTION_DROP) { 
                                    // Soltamos a imaxe pregunta
 
                                        // COMPROBAMOS EN QUE IMAXE SE SOLTOU: OK, NO ou Layout
                                        switch (arg0.getId()) {
                                        case R.id.imgvwPreguntasOk:
                                                Toast.makeText(getApplicationContext(), "Soltaches en OK", Toast.LENGTH_SHORT).show();
 
                                                break;
                                        case R.id.imgVwPreguntasNo:
                                                Toast.makeText(getApplicationContext(), "Soltaches en NO", Toast.LENGTH_SHORT).show();
                                                break;
                                        default:
                                               // FACEMOS VISIBLE A IMAXE DA PREGUNTA 
                                               // Soltouse a imaxe no layout
                                                pregunta.setVisibility(View.VISIBLE);
                                                return false;
                                        }
 
                                        // FACEMOS VISIBLE A IMAXE PREGUNTA
                                        pregunta.setVisibility(View.VISIBLE);
                                        return true;
                                }
                                return false;
                        }
                };
  • Creamos o obxecto _OnDragListener.
  • Implementamos o método onDrag(View arg0, DragEvent arg1)
  • Ten dous parámetros:
    • Un view que é quen recibe o a vista a soltar
    • un obxecto da clase DragEvent, que entre outras cousas nos podería servir para recoller a información que puidese acompañar á vista que arrastramos. Tamén serve para ver que acción se está realizando co elemento que se está arrastrando sobre a vista:
      • Entrando no obxecto destino, saíndo, soltando, etc.
    • Para saber o tipo de acción drag&drop que se produce, temos que usar o método getAction() da clase DragEvent.
        • Seguindo os comentarios do código pódense ver posibles accións se están levando a cabo co obxecto que se está arrastrando.


  • Se o evento que se produce é o Drop (Soltar):if (arg1.getAction() == DragEvent.ACTION_DROP)
  • Entón debemos executar o código que desexamos.
  • Como temos un obxecto _OnDragListener para tódalas posibles vistas destinarias temos que comprobar en que vista se soltou a imaxe e actuar en consecuencia.


  • Observar como facemos visible a imaxe inicial da pregunta unha vez que imos saír do método().


  • O return é moi importante, xa que cando prememos sobre a pregunta para arrastrala, o S.O. manda unha mensaxe a todas as Views que poden recoller un "Drag" (no noso caso OK, NO) preguntando quen quere aceptar o view que se vai arrastrar.
  • Se o procedemento onDrag devolve false, o S.O. non manda máis eventos a dito View, se devolve True si.



Caso práctico 2: Preguntas

  • Comezaremos creando un novo proxecto: U3_21_Preguntas
  • Neste caso baseándonos na aplicación anterior imos crear unha nova na que o sistema terá un array de preguntas (Verdadeiro/Falso) que amosara ao usuario de forma aleatoria.
  • O usuario debe responder arrastrando a imaxe da pregunta cara a imaxe OK ou NO.
  • A aplicación informará se a resposta é correcta ou non.
  • Unha vez que se acaben as preguntas informarase desa situación.

Android 2013 U3 21 Preguntas 01.jpg Android 2013 U3 21 Preguntas 02.jpg

  • No exemplo respondeuse mal á pregunta da primeira imaxe.
  • Na segunda imaxe xa se amosa unha nova pregunta e o informe da aplicación á nosa anterior resposta.

O XML do Layout

  • Nas liñas 15-29 están os Elementos que van amosar as preguntas.
<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:id="@+id/LinearLayoutPreguntas"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    android:orientation="vertical" >

    <TextView
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:layout_gravity="center"
        android:text="Drag &amp; Drop: Preguntas"
        android:textSize="22sp" />

    <ScrollView
        android:layout_width="match_parent"
        android:layout_height="0dp"
        android:layout_weight="3" >

        <TextView
            android:id="@+id/lblPregunta"
            android:layout_width="wrap_content"
            android:layout_height="wrap_content"
            android:layout_gravity="center"
            android:gravity="center_horizontal"
            android:text="Aquí van as preguntas"
            android:textColor="#00F"
            android:textSize="26sp" />
    </ScrollView>

    <ImageView
        android:id="@+id/imgvwPreguntaArrastrar"
        android:layout_width="match_parent"
        android:layout_height="0dp"
        android:layout_gravity="center_horizontal"
        android:layout_weight="1"
        android:contentDescription="Imaxe pregunta arrastrar"
        android:src="@drawable/question" />

    <RelativeLayout
        android:layout_width="match_parent"
        android:layout_height="0dp"
        android:layout_weight="2" >

        <ImageView
            android:id="@+id/imgVwPreguntasNo"
            android:layout_width="wrap_content"
            android:layout_height="wrap_content"
            android:layout_alignParentRight="true"
            android:layout_alignTop="@+id/imgvwPreguntasOk"
            android:contentDescription="Imaxe preguntas NO"
            android:src="@drawable/no" />

        <ImageView
            android:id="@+id/imgvwPreguntasOk"
            android:layout_width="wrap_content"
            android:layout_height="wrap_content"
            android:layout_alignParentLeft="true"
            android:layout_centerVertical="true"
            android:contentDescription="Imaxe preguntas OK"
            android:src="@drawable/ok" />
    </RelativeLayout>

</LinearLayout>

Cógigo Java

  • Unha posible solución é a que se amosa a continuación.
  • Imos separar o código:
    • Lóxica do programa por un lado
      • Cando facemos unha aplicación, normalmente imos traballar con datos que temos que almacenar nalgún sitio. Na aplicación que estamos a desenvolver atopámonos coas preguntas. Todas as preguntas virán dunha táboa e teremos que recuperalas para amosalas ao usuario no xogo das preguntas.
      • Para facer máis claro o proxecto, imos crear un paquete onde gardaremos estas clases 'especiais'. Dentro de dito paquete teremos:
        • A clase Pregunta que terá todo o necesario para gardar a información dunha pregunta (id, enunciado, unha variable booleana que indique cal é a resposta correcta, outra variable booleana que indique se a pregunta foi lida).
        • Unha clase que sirva para gardar aquela información que teña que ver coa configuración do xogo e tamén que teña métodos que nos sirvan para o desenvolvemento do mesmo.
          • Gardar nun array o conxunto de preguntas que imos usar.
          • Un método que devolva unha pregunta que non fose lida do array anterior.


    • Activities polo outro
      • Cando facemos unha aplicación, normalmente imos traballar con datos que temos que almacenar nalgún sitio. Na aplicación que estamos a desenvolver nos atopamos coas preguntas. Todas as preguntas virán dunha táboa e teremos que recuperalas para amosalas ao usuario no xogo das preguntas.
  • Imos crear un Paquete para albergar a lóxica da aplicación:

Android 2013 U3 21 Preguntas 03.jpg

  • Na imaxe podemos ver que no paquete ...loxica hai dúas clases Java,
  • Para crear un paquete/clase: Co botón dereito sobre /src ou sobre o paquete indicar New --> Class

Android 2013 U3 21 Preguntas 04.jpg

  • Cubrir os campos do paquete e do nome da nova clase.

Clase Pregunta

  • Conten os atributos que pode ter unha pregunta e os métodos Setter e Getter dos atributos, así como unha sobre escritura do método toString();


package com.example.u3_21_preguntas.loxica;

public class Pregunta {
	private int _id;
	private String enunciado;
	private boolean resposta;
	private boolean vista; //Almacena se a pregunta xa foi amosada ao usuario

	public Pregunta(int id, String enunciado, boolean resposta) {
		this._id = id;
		this.enunciado = enunciado;
		this.resposta = resposta;
		vista = false;
	}

	public long get_id() {
		return _id;
	}

	public void set_id(int _id) {
		this._id = _id;
	}

	public String getEnunciado() {
		return enunciado;
	}

	public void setEnunciado(String enunciado) {
		this.enunciado = enunciado;
	}

	public boolean isResposta() {
		return resposta;
	}

	public void setResposta(boolean resposta) {
		this.resposta = resposta;
	}

	public boolean isVista() {
		return vista;
	}

	public void setVista(boolean vista) {
		this.vista = vista;
	}

	@Override
	public String toString() {
		return enunciado;
	}
}



Clase LoxicaXogoPreguntas

package com.example.u3_21_preguntas.loxica;

import java.util.ArrayList;
import java.util.Random;

public class LoxicaXogoPreguntas {

	public static ArrayList<Pregunta> preguntas = new ArrayList<Pregunta>();

	public static int xerarAleatorio(int min, int max) {
		Random aleat = new Random();
		return (aleat.nextInt(max - min) + min);
	}

	public static Pregunta obterNovaPregunta() {

		boolean quedan = false;
		for (Pregunta pregunta : preguntas) {
			if (!pregunta.isVista()) {
				quedan = true;
				break;
			}
		}
		if (!quedan)
			return null;

		int aleaotorio = xerarAleatorio(0, preguntas.size());
		Pregunta pregunta;
		do {
			pregunta = preguntas.get(aleaotorio);
			aleaotorio = xerarAleatorio(0, preguntas.size());
		} while (pregunta.isVista());
		return pregunta;

	}

}
  • Liña 8: preguntas como un array de obxectos de tipo Pregunta.


  • Método xerarAleatorio(): devolve un número aleatorio entre un mínimo e un máximo
  • Método obterNovaPregunta(): Revisa no array se quedan preguntas sen amosar e se é asi busca unha nova aleatoriamente e devolve esa Pregunta a que lle pedira unha pregunta nova


Clase Activity Preguntas

  • Importamos as 2 clases anteriores (Liñas 15,16)


package com.example.u3_21_preguntas;

import android.app.Activity;
import android.os.Bundle;
import android.view.DragEvent;
import android.view.Menu;
import android.view.View;
import android.view.View.DragShadowBuilder;
import android.view.View.OnLongClickListener;
import android.view.ViewGroup;
import android.widget.ImageView;
import android.widget.TextView;
import android.widget.Toast;

import com.example.u3_21_preguntas.loxica.LoxicaXogoPreguntas;
import com.example.u3_21_preguntas.loxica.Pregunta;

public class U3_21_Preguntas extends Activity {
	Pregunta preguntaActual = null;

	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_u3_21__preguntas);

		crearPreguntas();
		xestionarArrastrar();

	}

	private void xestionarArrastrar() {
		ImageView pregunta = (ImageView) findViewById(R.id.imgvwPreguntaArrastrar);

		// Xestionamos cando prememos durante un tempo maior a 1 seg.
		pregunta.setOnLongClickListener(new OnLongClickListener() {

			@Override
			public boolean onLongClick(View v) {
				// TODO Auto-generated method stub
				DragShadowBuilder sombra = new DragShadowBuilder(v);
				v.startDrag(null, sombra, null, 0);
				v.setVisibility(View.INVISIBLE);
				return true;
			}
		});

		View.OnDragListener _OnDragListener = new View.OnDragListener() {

			@Override
			public boolean onDrag(View arg0, DragEvent arg1) {
				ImageView pregunta = (ImageView) findViewById(R.id.imgvwPreguntaArrastrar);

				// Este método vaise chamar 3 veces: ao soltar a imaxe pregunta
				// ou na imaxe OK
				// ou na imaxe NO
                                // ou Layout
				if (arg1.getAction() == DragEvent.ACTION_DRAG_STARTED) {

					return true; // Aceptamos xestionar os eventos
				}
				if (arg1.getAction() == DragEvent.ACTION_DRAG_ENTERED) {
				}
				if (arg1.getAction() == DragEvent.ACTION_DRAG_EXITED) {
				}
				if (arg1.getAction() == DragEvent.ACTION_DROP) { 
                                         // Soltamos a imaxe pregunta

					// COMPROBAMOS EN QUE IMAXE SE SOLTOU: ok, no ou layout
					switch (arg0.getId()) {
					case R.id.imgvwPreguntasOk:
						comprobarPregunta(true);

						break;
					case R.id.imgVwPreguntasNo:
						comprobarPregunta(false);
						break;
					default:
						pregunta.setVisibility(View.VISIBLE);
						return false;
					}

					// FACEMOS VISIBLE A IMAXE PREGUNTA
					pregunta.setVisibility(View.VISIBLE);
					return true;
				}
				return false;
			}
		};

		// Asociamos os obxectos ImageView e Layout á interface definida antes.
		ImageView imgOk = (ImageView) findViewById(R.id.imgvwPreguntasOk);
		ImageView imgNo = (ImageView) findViewById(R.id.imgVwPreguntasNo);
		ViewGroup pantalla = (ViewGroup) findViewById(R.id.LinearLayoutPreguntas);

		imgNo.setOnDragListener(_OnDragListener);
		imgOk.setOnDragListener(_OnDragListener);
		pantalla.setOnDragListener(_OnDragListener);
	}

	private void cambiarPregunta() {
		Pregunta preguntaSeguinte = LoxicaXogoPreguntas.obterNovaPregunta();
		if (preguntaSeguinte == null) {
			Toast.makeText(getApplicationContext(), "Non hai máis preguntas", Toast.LENGTH_LONG).show();
			preguntaActual = null;
		} else {

			preguntaActual = preguntaSeguinte;
			preguntaActual.setVista(true);

			TextView texto = (TextView) findViewById(R.id.lblPregunta);

			texto.setText(preguntaActual.getEnunciado());
		}

	}

	private void crearPreguntas() {
		// Creamos tres preguntas e metémolas no array de preguntas
		Pregunta pregunta1 = new Pregunta(0, "Está o sol cerca ?", false);
		Pregunta pregunta2 = new Pregunta(1, "É a lúa un satélite ?", true);
		Pregunta pregunta3 = new Pregunta(2, "A velocidade da luz é de 300.000 km/seg ?", true);

		LoxicaXogoPreguntas.preguntas.add(pregunta1);
		LoxicaXogoPreguntas.preguntas.add(pregunta2);
		LoxicaXogoPreguntas.preguntas.add(pregunta3);

		cambiarPregunta();
	}

	private void comprobarPregunta(boolean resposta) {
		if (preguntaActual.isResposta() == resposta)
			Toast.makeText(getApplicationContext(), "Parabéns acertaches", Toast.LENGTH_SHORT).show();

		else
			Toast.makeText(getApplicationContext(), "Hmmm! Fallaches", Toast.LENGTH_SHORT).show();

		cambiarPregunta();

	}

	@Override
	public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
		// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
		getMenuInflater().inflate(R.menu.u3_21__preguntas, menu);
		return true;
	}

}
  • Liña 19: creamos unha variable preguntaActual para saber que pregunta estamos procesando.
  • Liña 26: Chamamos ao método para crear as preguntas
  • Liñas 117...: Método crearPreguntas: Creamos as preguntas e engadímolas ao array de Preguntas. Cando finalicemos de crear as preguntas chamamos ao método que vaia cambiando as preguntas que se van amosando.
    • O ideal sería traballar con ficheiros ou unha BD como se verá máis adiante.
  • Liñas 100...: Método cambiarPreguntas: busca a pregunta seguinte, se non hai máis preguntas saca un aviso, en caso contrario amosa en pantalla a nova pregunta.
  • Liñas 130...: Método comprobarPregunta: é chamado cando se solta a imaxe da pregunta nunha das imaxes (OK/NO).
    • Recibe como parámetro true/false en función do botón no que fose soltada a imaxe.
    • Compárase a resposta dada coa resposta gardada na pregunta e actúase en consecuencia ...




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2013).