Curso POO PHP Formularios web

De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Formularios web

A forma natural para facer chegar á aplicación web os datos do usuario dende un navegador, é utilizar formularios HTML. Os formularios HTML van encerrados sempre entre as etiquetas <FORM> </FORM>. Dentro dun formulario inclúense os elementos sobre os que pode actuar o usuario, principalmente usando as etiquetas <INPUT>, <SELECT>, <TEXTAREA> e <BUTTON>.

O atributo action do elemento FORM indica a páxina á que se lle enviarán os datos do formulario. No noso caso tratarase dun script PHP. Pola súa banda, o atributo method especifica o método usado para enviar a información. Este atributo pode ter dous valores:

  • get: con este método os datos do formulario agréganse ao URI utilizando un signo de consulta "?" como separador.
  • post: con este método os datos inclúense no corpo dunha mensaxe de petición POST de HTTP.

En PHP os datos recolleranse de distinta forma dependendo de como se envíen. O datos enviados co método POST recóllense empregando a variable $_POST.

<?php
    $nome = $_POST['nome'];
    $modulos = $_POST['modulos'];
    print "Nome: ".$nome."<br />";
    foreach ($modulos as $modulo) {
        print "Modulo: ".$modulo."<br />";
    }
?>

Se pola contra tiveses usado o método GET, o código necesario para procesar os datos sería similar; simplemente faría falta cambiar a variable $_POST por $_GET.

<?php
    $nome = $_GET['nome'];
    $modulos = $_GET['modulos'];
    print "Nome: ".$nome."<br />";
    foreach ($modulos as $modulo) {
        print "Modulo: ".$modulo."<br />";
    }
?>

En calquera dos dous casos poderías ter usado $_REQUEST substituíndo respectivamente $_POST e $_GET. $_REQUEST almacena o contido dos arrays $_POST, $_GET e $_COOKIE.

<?php
    $nome = $_REQUEST['nome'];
    $modulos = $_REQUEST['modulos'];
    print "Nome: ".$nome."<br />";
    foreach ($modulos as $modulo) {
        print "Modulo: ".$modulo."<br />";
    }
?>

Empregar un formulario web para subir ficheiros ao servidor

É posible empregar o método POST para subir un ficheiro ao servidor web. Neste caso é necesario que o tipo de codificación para os datos que se envían estea especificado como "multipart/form-data" na etiqueta "<form>", e crear unha etiqueta HTML de tipo "<input>" co atributo "type='file'".

<form enctype="multipart/form-data" action="envio.php" method="POST">
    Ficheiro a enviar: <input name="ficheiro" type="file" />
    <input type="submit" value="Enviar" />
</form>

O nome do arquivo enviado recíbese no array global $_FILES, e unha vez recibido pode moverse a unha nova localización empregando a función move_uploaded_file. A localización temporal na que se reciben os ficheiros subidos polos clientes web e outros datos relativos ás subidas poden xestionarse empregando as seguintes directivas de configuración:

  • post_max_size. Tamaño máximo da información transmitida co método POST. Afecta aos ficheiros e a calquera outra información transmitida por ese método.
  • file_uploads. Indica se se permiten ou non as subidas de ficheiros ao servidor.
  • upload_tmp_dir. Directorio no que se almacenan de forma temporal os ficheiros que se suben ao servidor web.

Aos límites de tamaño de ficheiro anteriores aplícanselles a maiores aqueles que teña configurados o servidor web, se é o caso.

Se o ficheiro se sube correctamente ao servidor, crearase un novo elemento no array $_FILES co nome definido no atributo "name" do elemento "<input>", e cos seguintes membros.

  • $_FILES['ficheiro']['name']. Nome orixinal do ficheiro.
  • $_FILES['ficheiro']['size']. Tamaño do ficheiro.
  • $_FILES['ficheiro']['tmp_name']. Nome temporal do ficheiro recibido no servidor.
  • $_FILES['ficheiro']['error']. Código de erro no caso dun envío incorrecto.


--Víctor Lourido 12:07 15 jul 2013 (CEST)