Curso POO PHP XMLParser

De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

XML Parser

Os analizadores de documentos XML SimpleXML e DOM non son funcionais cando se trata de procesar documentos XML de gran lonxitude, debido principalmente ao seu consumo de memoria. Nestes casos teremos que empregar algunha alternativa, como é o caso da extensión XMLParser, que emprega unha aproximación SAX e ven habilitada por defecto con PHP.

Procesamento de documentos XML

Os pasos que debemos seguir para procesar un documento XML empregando XMLParser son:

$parser = xml_parser_create();
  • Establecer, se é necesario, as opcións de procesamento empregando a función xml_parser_set_option. Unha das accións máis utilizadas é desactivar a opción XML_OPTION_CASE_FOLDING, que por defecto ven activada e provoca que se convertan a maiúsculas as letras minúsculas.
xml_parser_set_option($parser, XML_OPTION_CASE_FOLDING, 0);
xml_set_element_handler($parser, "inicio", "fin");
xml_set_character_data_handler($parser, "texto");
No caso do manexador de elementos, defínense dúas funcións que se chamarán cando se atope a etiqueta de apertura e a de peche do elemento respectivamente.
  • Abrir o ficheiro co documento XML, e ir lendo e procesando anacos do mesmo coa función xml_parse.
$ficheiro = fopen("exemplo.xml", "r");
while ($data = fread($ficheiro, 4096)) {
   if(!xml_parse($parser, $data, feof($ficheiro))) exit("Erro ao analizar o documento XML");
}
  • Unha vez rematado o procesamento do documento, débese liberar o recurso chamando á función xml_parser_free.
xml_parser_free($parser);

Creando unha clase que empregue XMLParse

Podemos encapsular o comportamento anterior empregando unha clase que conteña as funcións manexadoras dos eventos, e que se encargue de crear e inicializar o manexador. Neste caso é preciso empregar xml_set_object para indicar a clase que contén os manexadores.

O código seguinte aglutina o anterior empregando XMLParser para crear unha clase que procese o noso documento de exemplo e cree unha táboa HTML por cada película que conteña os seus datos principais.

class Analizador {
	private $elemento_actual;
	
	function __construct($nome_ficheiro) {
		$parser = xml_parser_create();
		xml_parser_set_option($parser, XML_OPTION_CASE_FOLDING, 0);
		
		xml_set_object($parser, $this);
		xml_set_element_handler($parser, "inicio", "fin");
		xml_set_character_data_handler($parser, "texto");

		$ficheiro = fopen($nome_ficheiro, "r");
		while ($data = fread($ficheiro, 4096)) {
		  if(!xml_parse($parser, $data, feof($ficheiro))) exit("Erro ao analizar o documento XML");
		}
		xml_parser_free($parser);
	}
	
	function inicio($parser, $nome_elemento, $atributos) {
		$this->elemento_actual = $nome_elemento;
		switch($nome_elemento) {
			case "película":
				echo '<table>';
				break;
			case "título":
				echo '<tr> <th colspan="2">';
				break;
			case "títuloorixinal":
				echo ' (';
				break;
			case "director":
			case "xénero":
			case "duración":
				echo '<tr><td>' . $nome_elemento . '</td><td>';
		}
	}

	function fin($parser, $nome_elemento) {
		$this->elemento_actual = "";
		switch($nome_elemento) {
			case "película":
				echo '</table>';
				break;
			case "títuloorixinal":
				echo ')</th></tr>';
				break;
			case "director":
				echo '</td></tr>';
		}
	}

	function texto($parser, $data) {
		switch($this->elemento_actual) {
			case "película":
			case "título":
			case "títuloorixinal":
			case "director":
			case "xénero":
			case "duración":
				echo $data;
		}
	}
}

$a = new Analizador('exemplo.xml');

O resultado obtido será algo como o seguinte.

Táboa HTML obtida con XMLParser


--Víctor Lourido 23:35 24 jul 2013 (CEST)