Variables
<categorytree mode="pages" hideprefix="always" hideroot="on" style="float:right; clear:left; margin-right:1ex; margin-left:1ex; border:1px solid gray; padding:0.7ex; background-color:white;">PHP</categorytree>
Unha variable é un colector de información, no que podemos meter números enteiros, números decimais, caracteres. O contido das variables pódese ler e pódese cambiar durante a execución dunha páxina PHP.
Conceptos básicos
En PHP todas as variables comezan co símbolo do dólar $ e non é necesario definir unha variable antes de usala.
Ademais, saber que, o nome da variable é sensible a minúsculas e maiúsculas.
Un nome de variable válido ten que comezar cunha letra ou raia (underscore), seguido de calquera número de letras, números e raias.
Tampouco teñen tipos, é dicir que unha mesma variable pode conter un número e logo pode conter caracteres.
Vexamos un exemplo:
<html>
<head>
<title>Exemplo de PHP</title>
</head>
<body>
<?php
$a = 1;
$b = 3.34;
$c = "Ola Mundo";
echo $a,"<br>",$b,"<br>",$c;
?>
</body>
</html>
Neste exemplo definimos tres variables, $a , $b e $c e coa instrución echo imprimimos o valor que contiñan, inserindo un salto de liña entre elas.
Existen dous tipos de variables, as variables locais que só poden ser usadas dentro de funcións e as variables globais que teñen o seu ámbito de uso fóra das funcións, podemos acceder a unha variable global dende unha función coa instrución global nome_variable;
Variables predefinidas
PHP proporciona unha serie de variables predefinidas contendo información do servidor web, o entorno e as entradas do usuario.
Estas variables predefinidas son globais por defecto.
A lista completa podémola atopar no enlace Variables Predefinidas Reservadas. Algunhas destas variables son as seguintes:
- $GLOBALS : Contén unha referencia a cada variable existente no script.
- $_SERVER : é unha matriz que contén información tal como cabeceiras, rutas e ubicacións de scripts. As entradas desta matriz son creadas polo servidor web.
- $_GET : Unha matriz asociativa de variables pasadas ao script actual a través do método HTTP GET.
- $_POST : Unha matriz asociativa de variables pasadas ao script actual a través do método HTTP POST.
- $_FILES : Unha variable tipo array asociativo de elementos cargados ao script actual a través do método POST.
- $_COOKIE : Unha variable tipo array asociativo de variables pasadas ao script actual a través de Cookies HTTP.
Existencia das variables
Se queremos comprobar se unha variable existe, é dicir, está xa definida ou só ten un valor nulo, para iso temos as seguintes funcións:
- empty() : Determina se unha variable está valeira.
- isset() : Determina se unha variable está definida.
Obter información sobre o tipo dunha variable
Moitas veces precísase de que tipo son as variables. PHP dispón dun conxunto de funcións que comezan por is_ e devolven verdadeiro se o tipo de variable é o que se indica.
Así temos as seguintes funcións: is_array() - is_bool() - is_float() - is_int() - is_object() - is_resource() - is_scalar() - is_string() - is_null() - is_numeric().
Por último, temos a función gettype(), que devolve directamente o tipo da variable que se lle pasa como argumento. Os tipos posibles son integer, double, string, array, object e unknown (descoñecido).
Modificar as variables
- Para asignar un tipo concreto a unha variable PHP ten a función settype(). Así, por exemplo, se queremos que a variable $cantidade sexa do tipo integer debemos escribir: settype($cantidade,"integer").
- Moitas veces, unha variable de cadea pode conter letras e números. PHP dispón de varias funcións que permiten separar os números do texto e asignalos ás variables correspondentes do seu tipo, estas son:
- floatval() - Obtén o valor flotante dunha variable.
- intval() - Obtén o valor enteiro dunha variable.
- strval() - Obtén o valor de cadea dunha variable.
- Se vemos que dentro dun script php se consumen innecesariamente moitos recursos por variables definidas que xa non se usan, podemos empregar a función unset(), que elimina unha variable definida previamente. Por exemplo, se queremos que a variable $nome xa non estea definida podemos escribir unset($nome).
--Rafael Veiga 11:13 10 feb 2009 (GMT)