Instalación e configuración do servidor usando reenvío

De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 04 C.jpg

  • Neste caso a diferenza da resolución por recursividade, o Servidor DNS local vai reenviar as consultas DNS que non saiba resolver a outro/s servidor/es DNS en vez de usar recursividade.
  • O que fagan eses servidores aos que se lles reenvía a consulta xa é cousa deles.
  • O servidor DNS local, pódese configurar, de xeito que, se pasado un tempo os servidores aos que se lles reenviou a consulta non responden que pase a usar o proceso de recursividade como o viña facendo ate agora.
  • Que o servidor DNS local use recursividade ou reeenvío non inflúe para nada na configuración dos clientes DNS.
  • O/s servidor/es DNS ao/s que se lle reenvían as consultas, poden estar na LAN ou no exterior, o importante é que sexa un servidor DNS.
  • Se se configura reenvío nun servidor DNS local o normal é que se reenvíe aos servidores DNS proporcionados polo ISP.
  • Revisar os Conceptos básicos de DNS se non se ten claro como funciona o reenvío.


Configuración de reenvío nun servidor DNS Windows: wserver

  • NO servidor DNS premer co botón e ir ás propiedades.
  • Na lapela Reenviadores configurar os servidores DNS aos que se vai reenviar as consultas DNS que non sexa quen de resolver o servidor DNS Local.

Simulacion Redes dnsw 96.jpeg

  • Neste caso son os servidores do ISP jazztel.
  • No caso de que o servidor DNS local estea nun IES estes deberan ser os servidores DNS da Xunta: 69.50.2.180 e 69.50.2.190.