Programación do módulo de Aplicacións Web

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 10:19 20 oct 2011 de Antonio (discusión | contribs.) (→‎Materiais e recursos didácticos)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Identificación da programación

Identificación do centro

  • Código do centro: 36019402
  • Nome do centro: IES Pazo da Mercé
  • Concello do centro: As Neves
  • Curso académico: 2011-2012

Identificación do ciclo

  • Código da familia profesional: IFC
  • Nome da familia profesional: Informática e comunicacións
  • Código do ciclo: CMIFC01
  • Nome do ciclo: Sistemas microinformáticos e redes
  • Grao: Medio
  • Réxime: Xeral-ordinario

Identificación do módulo profesional e unidades formativas

  • Código do módulo: MP0228
  • Nome do módulo: Aplicacións Web
  • Curso:2º
  • Sesións semanais: 7
  • Horas anuais: 123
  • Sesións anuais148

Profesorado responsable da programación

  • Elabora a programación: Núria Pérez Crespo
  • Imparte o módulo:

Obxectivos xerais do módulo

Os obxectivos que deberá alcanzar o alumno ao rematar este módulo son os seguintes:

  • Instalar, conigurar e manexar un sistemas de xestión de aprendizaxe a distancia.
  • Manexar aplicacións web de escritorio, integrándoas no escritorio local.
  • Manexar aplicacións de ofimática web, identificado as súas características e os seus contornos de uso.
  • Instalar, configurar e manexar xestores de contidos.
  • Manexar os servizos de xestión de ficheiros web mais comúns.

Concreción do currículo ás características do ámbito produtivo

O módulo “Aplicacións Web” pertence ao ciclo de Formación Profesional de grao medio “Sistemas Microinformáticos e Redes”, que ten unha duración de 2.000 horas ao longo de 2 cursos académicos, ao que lle corresponde o título de “Técnico en sistemas microinformáticos e redes”. Este módulo impártese durante o segundo curso.

O desenvolvemento curricular de este módulo ten como referencia de partida o Real Decreto 1691/2007, do 14 de decembro (BOE nº 3446 do 17 de xaneiro de 2008), onde se establece o currículo do ciclo “Sistemas Microinformáticos e Redes”.

Desenvolvemento curricular das unidades didácticas

Unidade didáctica 1: SISTEMAS DE XESTIÓN DE APRENDIZAXE A DISTANCIA

Permiten xestionar cursos aos que se pode asistir dende calquera lugar (a través de internet) e a calquera momento (durante a duración do curso).

Obxectivos didácticos

  • Coñecer a utilidade dun xestor de aprendizaxe a distancia
  • Instalar un xestor de aprendizaxe
  • Coñecer a estrutura do sitio e a xerarquía de directorios xerada
  • Modificar a estética do sitio
  • Crear e manipular perfís dos usuarios
  • Practicar a funcionalidade das comunicacións mediante foros, chats, consultas, etc.
  • Creación e xestión de cursos
  • Incorporación de recursos e actividades aos cursos
  • Importar e exportar contidos en varios formatos
  • Realizar copias de seguridade e restauración.

Contidos

  • Elementos lóxicos: cursos, materiais, actividades, cuestionarios, etc.
  • Interface gráfica asociada
  • Personalización do contorno
  • Modo Navegación e modo edición
  • Creación de cursos
  • Xestión de usuarios e grupos
  • Activación de funcionalidades
  • Realización de copias de seguridade e a súa restauración
  • Ferramenta: moodle

Actividades

  • Documentarse sobre os xestores de aprendizaxe a distancia
  • Instalar o xestor de aprendizaxe moodle
  • Configurar o moodle
  • Personalizar a aparencia
  • Xestión de usuarios en moodle
  • Creación de cursos en modle
  • Engadir recursos aos cursos
  • Engadir actividades aos cursos
  • Importar e exportar contidos en varios formatos
  • Realizar copias de seguridade e restauracións dos contidos do xestor
  • Comprobar a correcta funcionalidade dos cursos creados

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA2: CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.6, CA2.7, CA2.8 ,CA2.10

Unidade didáctica 2: APLICACIÓNS WEB DE ESCRITORIO

Existe unha gran variedade de aplicacións web de escritorio, como calendarios, aplicacións de correo electrónico, etc.

Obxectivos didácticos

  1. Identificar diferentes aplicacións de escritorio
  2. Instalar aplicacións de escritorio: correo web, calendario, escritorio virtual multiplataforma "EyeOS", etc
  3. Configurar a aplicación para proporcionar acceso web ao servizo de correo electrónico
  4. Xestionar contas de usuario
  5. Instalar aplicacións de calendario web
  6. Integrar o escritorio na web
  7. Recoñecer as prestacións específica das aplicacións instaladas

Contidos

  • Aplicacións de correo web
  • Aplicacións de calendario
  • Aplicación EyeOS
  • Ferramentas: gmail, google calendar, proxecto EyeOS

Actividades

  • Documentarse sobre as diferentes aplicacións web de escritorio
  • Identificar diferentes aplicacións web de escritorio
  • Empregar aplicacións que proporcionan acceso web ao servizo de correo electrónico
  • Xestionar contas de correo electrónico
  • Verificar o acceso ao correo electrónico
  • Instalar aplicacións de calendario web
  • Recoñecer as prestacións específicas das aplicacións instaladas (citas, tarefas, etc)
  • Creación dunha conta no servidor público de EyeOS
  • Exploración do entorno do escritorio web
  • Operar no escritorio web

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • R52: CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.6, CA5.7, CA5.8

Unidade didáctica 3: APLICACIÓNS DE OFIMÁTICA WEB

Estas aplicacións permiten acceder a paquetes de ofimática (procesadores de texto, follas de cálculo, presentacións), mediante un navegador de internet, sen necesidade de instalalos no ordenar local.

Obxectivos didácticos

  • Establecer a utilidade das aplicacións de ofimática web
  • Coñecer aplicacións de ofimática web: procesadores de texto, folla de cálculo, presentacións multimedia, etc.
  • Instalar aplicacións de ofimática web
  • Xestionar as contas de usuario
  • Aplicar criterios de seguridade no acceso de usuarios
  • Recoñecer as prestacións específicas de cada aplicación instalada

Contidos

  • Manexo de aplicacións de ofimática web
  • Peculiaridades destas ferramentas
  • Xestión de usuarios e permisos asociados
  • Modalidade de traballo en equipo que permiten estas ferramentas
  • Ferramentas: google docs

Actividades

  • Documentarse sobre as diferentes aplicacións de ofimática web
  • Manexar diferentes aplicacións web ofimáticas: procesador de texto, folla de cálculo, presentacións multimedia, etc)
  • Xestionar contas de usuario
  • Aplicar criterios de seguridade nos accesos dos usuarios
  • Recoñecer prestacións específicas de cada aplicación ofimática.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA4: CA4.1, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.7

Unidade didáctica 4: XESTORES DE CONTIDOS

Os xestores de contidos son ferramentas de software que permiten crear, organizar e publicar documentos e outros contidos de forma colaborativa.

Obxectivos didácticos

  • Coñecer a utilidade dos xestores de contidos
  • Identificar os requisitos para instalar un xestor de contidos
  • Instalar xestores de contidos
  • Xestionar usuarios nos xestores de contidos
  • Personalizar o interface dos xestores de contidos
  • Actualizar os contidos dun sitio web con páxinas previamente codificadas, mediante ferramentas de xestión de contidos.
  • Instalar e configurar os módulos e menús necesarios.
  • Habilitar foros establecendo regras de acceso
  • Realizar copias de seguridade dos contidos dos xestores.

Contidos

  • Características básicas dun xestor de contidos
  • Instalación e configuración dun xestor de contidos
  • Personalización do contorno
  • Xestión de usuarios e perfiles
  • Creación de contidos web
  • Administración do sistema de xestión de contidos
  • Configuración e función dos diferentes módulos e menús
  • Copias de seguridade e restauración
  • Ferramentas: MediaWiki, joomla e WordPress

Actividades

  • Documentarse sobre os xestores de contidos
  • Creación dun blog con WordPress
  • Personalizar a aparencia dun blog
  • Engadir contidos nun blog
  • Instalar e configurar o portal de contidos joomla
  • Xestionar usuarios en joomla
  • Xestionar contidos en joomla
  • Empregar plantillas en joomla
  • Instalar unha wiki empregando MediaWiki
  • Xestionar usuarios na wiki
  • Xestionar contidos na wiki

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA1: CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA1.8 ,CA1.10, CA1.11

Unidade didáctica 5: SISTEMAS DE XESTIÓN DE FICHEIROS WEB

Os servizos de xestión de ficheiros web permiten o almacenamento e recuperación de información de diferente formato, empregando espazos de internet.

Obxectivos didácticos

  • Diferenciar distintos sistemas de almacenamento en Internet, e os principais usos
  • Coñecer a utilidade dun servizo de xestión de ficheiros web
  • Empregar aplicacións de almacenamento na web
  • Coñecer servizos de xestión de arquivos multimedia
  • Empregar aplicacións de almacenamento multimedia na web, para diferentes tipos de arquivos

Contidos

  • Administración dun servizo de almacenamento de arquivos
  • Usuarios e permisos
  • Creación de recursos compartidos
  • Xestión de arquivos multimedia
  • Ferramentas de almacenamento web:Dropbox, Megaupload
  • Ferramentas de xestión de arquivos multimedia
    • Ferramenta para xestión de son: SonoWebs
    • Ferramenta para xestión de imaxes: Coppermine
    • Ferramenta para xestión de vídeo: YouTube

Actividades

  • Documentarse sobre os distintos sistemas de almacenamento web
  • Diferenciar os distintos sistemas de almacenamento en Internet, así como os seus principais usos
  • Instalación e uso de dropbox, como servizo de almacenamento de arquivos multiplataforma en internet
  • Xesrtionar arquivos e carpetas en dropbox
  • Compartir arquivos e carpetas en internet
  • Coñecer outros servizos de almacenamento web como Megaupload
  • Instalar e manexar o módulo de galería de imaxes coopermine
  • Coñecer outras ferramentas de xestión de imaxes na web: Gallery e Picasa
  • Empregar a ferramenta SonoWebs, para a xestión de arquivos de son en internet
  • Empregar a ferramenta de YouTube, para a xestión de vídeo en Internet

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA3: CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.8

Contidos mínimos

Os contidos mínimos imprescindibles para a superación do módulo son os seguintes:

  • Manexar un sistemas de xestión de aprendizaxe a distancia.
  • Manexar aplicacións web de escritorio de correo electrónico, calendario e escritorio web
  • Manexar aplicacións de ofimática web
  • Manexar un portal de contidos
  • Manexar un blog
  • Manexar unha wiki
  • Manexar sistemas de xestión de ficheiros para almacenamento web
  • Manexar sistemas de xestión de ficherios para almacenamento multimedia

Metodoloxía

As sesións de traballo son todas de carácter práctico, aínda que ocasionalmente se poidan desenvolver contidos teóricos.

Nunha sesión inicial daranse a coñecer ó alumnado as normas de traballo no taller, que deberán ser cumpridas para un correcto funcionamento do aula.

O alumnado empregará un ordenador, facéndose responsable do seu equipo así como dos recursos da rede que empregue.

Para o seguimento do módulo empregarase unha ferramenta de aprendizaxe a distancia, moodle, para desenvolver os contidos en forma de curso temporalizado. Cada tema do curso contará cos seguintes apartados:

1.Aprendizaxe de contidos teóricos, buscando información en internet ou empregando libros de aula, que permita ao alumnado familiarizarse coa procura de información, para coñecer conceptos teóricos.

2.Realización de cuestionarios, que avalíen os coñecementos adquiridos no apartado anterior.

3.Realización de actividades prácticas, nas que, a partir das indicacións do profesorado, o alumnado porá en funcionamento as diferentes aplicacións web que se inclúen nas distintas unidades didácticas.

O resultado destas actividades serán entregados ao profesor empregando o moodle, en tempo e forma, segundo se indique no enunciado de cada tarefa.

4.En ocasións o alumnado, realizará traballos de investigación bibliográfica sobre un tema proposto polo profesor. Estes traballos poderán ser expostos na clase co obxectivo de que todos os compañeiros poidan analizar e comparar as conclusións obtidas individualmente.

Para a instalación e manexo das aplicacións web que se indican nas unidades didácticas, o alumnado empregará máquinas virtuais.

Temporalización

Na seguinte táboa recóllense as sesións (de 50 minutos) adicadas a cada unha das unidades didácticas nas que se distribúen os contidos do módulo:

Unidade didáctica Sesións
U.D. 1: SISTEMAS DE XESTIÓN DE APRENDIZAXE A DISTANCIA 30
U.D. 2: APLICACIÓNS WEB DE ESCRITORIO 25
U.D. 3: APLICACIÓNS DE OFIMÁTICA WEB 20
U.D. 4: XESTORES DE CONTIDOS 43
U.D. 5: SERVIZOS DE XESTIÓN DE FICHEIROS WEB 30

Avaliación

Instrumentos de avaliación

Inicialmente procederase a realizar unha proba inicial para establecer o nivel de coñecementos, capacidades e habilidades que o alumno ten, en relación cos contidos a desenvolver neste módulo.

Terase en conta a asistencia continuada a clase, xa que se considera un requisito fundamental para acadar os obxectivos deste módulo.

Tamén se valorará positivamente a participación na clase, así como a boa disposición para o traballo durante as sesións no taller. É importante insistir que o correcto comportamento e colaboración na clase por parte do alumnado é fundamental, podendo restar ata un 30% da nota final aqueles comportamentos en clase de graves faltas de disciplina que impidan o transcurso normal das clases.

Durante cada trimestre o alumnado terá que resolver os cuestionarios de cada unidade didáctica, empregando a aula virtual.

As tarefas realizadas polo alumnado, deberán ser entregados en prazo e forma ao profesor empregando a aula virtual, para que poidan ser avaliados.

O rematar cada trimestre realizarase unha proba que permita comprobar a consecución por parte dos alumnos, dos obxectivos expresados nesta programación.

Sistemas de cualificación

Serán avaliados os seguintes conceptos, que teñen un peso na nota da avaliación.

Concepto Nota
Participación e desemvolvemento das clases 10 %
Cuestionarios das unidades didácticas 10%
Tarefas das unidades didácticas 20 %
Proba trimestral 60 %

A cualificación final da avaliación será un número enteiro de 1 a 10, resultado de redondear os resultados obtidos seguindo a táboa anterior.

Considéranse aprobados aqueles alumnos e alumnas que obteñan unha cualificación igual ou superior a 5.

Tendo en conta que o correcto comportamento e colaboración na clase por parte dos alumnos é fundamental para o desenvolvemento do módulo, poderase restar ata un 30% da nota final a aqueles alumnos que presenten faltas de comportamento graves que impidan o transcurso normal das clases ou que provoquen deterioros intencionados no material utilizado.

Os alumnos que non superen algunha das avaliacións, serán avaliados nunha convocatoria final no mes de xuño, mediante unha proba, realizando durante o terceiro trimestre tarefas de recuperación que posibiliten acadar os obxectivos mínimos.

O rematar cada avaliación entregarase un cuestionario para recoller a opinión do alumno acerca do desenvolvemento das clases, coa finalidade de orientar ao profesor e mellorar a seu labor docente. O carácter anónimo do cuestionario, pretende lograr a máxima sinceridade e obxectividade nas respostas.

Plan extraordinario de avaliación

Para o alumnado que perda o dereito a avaliación continua, ou ben aquel alumnado que non supere o proceso ordinario de avaliación, poderá presentarse a avaliación final extraordinaria do módulo consistirá, que consistirá na realización dunha ou varias probas escritas ou prácticas que avalíen os contidos mínimos recollidos nesta programación.

Actividades de recuperación

Aqueles alumnos que suspendan o módulo, realizarán durante o terceiro trimestre as seguintes actividades de recuperación:

  • Instalar o xestor de aprendizaxe moodle
  • Configurar o moodle
  • Personalizar a aparencia
  • Xestión de usuarios en moodle
  • Creación de cursos en modle
  • Engadir recursos aos cursos
  • Engadir actividades aos cursos
  • Importar e exportar contidos en varios formatos
  • Realizar copias de seguridade e restauracións dos contidos do xestor
  • Comprobar a correcta funcionalidade dos cursos creados
  • Creación dun blog con WordPress
  • Personalizar a aparencia dun blog
  • Engadir contidos nun blog
  • Instalar e configurar o portal de contidos joomla
  • Xestionar usuarios en joomla
  • Xestionar contidos en joomla
  • Empregar plantillas en joomla
  • Instalar unha wiki empregando MediaWiki
  • Xestionar usuarios na wiki
  • Xestionar contidos na wiki
  • Empregar aplicacións que proporcionan acceso web ao servizo de correo electrónico
  • Xestionar contas de correo electrónico
  • Verificar o acceso ao correo electrónico
  • Instalar aplicacións de calendario web
  • Recoñecer as prestacións específicas das aplicacións instaladas (citas, tarefas, etc)
  • Instalación e uso de dropbox
  • Emprego de dropbox para almacenamento de arquivos na web
  • Compartir arquivos e carpetas en internet
  • Instalar e manexar o módulo de galería de imaxes coopermine
  • Empregar a ferramenta SonoWebs, para a xestión de arquivos de son en internet
  • Empregar a ferramenta de YouTube, para a xestión de vídeo en Internet
  • Manexar diferentes aplicacións web ofimáticas: procesador de texto, folla de cálculo, presentacións multimedia, etc)
  • Xestionar contas de usuario
  • Aplicar criterios de seguridade nos accesos dos usuarios

Atención ao alumnado con necesidades educativas especiais

Durante o desenvolvemento do curso prestarase especial atención ao alumnado que presente necesidades educativas especiais ou algún grao de discapacidade, mediante unha secuenciación diferenciada das unidades didácticas, a realización dun maior número de actividades graduadas en dificultade e poñendo á súa disposición os recursos necesarios para a consecución dos obxectivos didácticos fixados nas distintas unidades.

Seguimento e avaliación da programación

No desenvolvemento do curso, farase uso de diversos mecanismos para facer un seguimento e avaliación do planificado na presente programación:

  • De xeito continuo, o profesor avaliará na clase a medida en que o alumnado acada de forma xeral os obxectivos fixados nas distintas unidades didácticas. En consecuencia, poderase decidir incidir en determinados contidos e/ou actividades, aumentando se se considera necesario o número de sesións adicadas a unha determinada unidade.
  • Ao remate de cada trimestre, o alumnado cubrirá unha enquisa na que valorará diversos aspectos do desenvolvemento do módulo, como a metodoloxía utilizada, as actividades realizadas, os recursos usados, os contidos expostos, etc. O resultado destas enquisas serán utilizados para aplicar as correccións que se consideren oportunas no propio desenvolvemento do curso, así como en vindeiros cursos académicos.
  • O profesor recollerá a temporalización real das distintas unidades didácticas, co obxectivo de poder corrixir no propio curso os desfases detectados fronte a temporalización prevista e precisar mellor a temporalización das unidades en vindeiros cursos académicos.

Materiais e recursos didácticos

O profesor proporcionará ao alumnado diverso material través da aula virtual, para desenvolver os contidos indicados nesta programación.

O alumnado terá a súa disposición o libro de aula “Aplicaciones web” da editorial McGraw-Hill, que servirá de consulta para a realización das prácticas.

Porén, neste segundo curso, e dado que o alumnado xa está próximo a afrontar a súa entrada no mundo laboral, fomentarase a utilización de manuais de referencia e documentación en Internet, co obxectivo de conseguir que as alumnas e alumnos sexan autónomos e poidan resolver polos seus propios medios os problemas que se poidan atopar no contorno laboral. Para conseguilo, o profesor orientará ao alumnado indicando as técnicas de busca máis axeitadas para atopar a información necesario facendo uso deste tipo de recursos

Cada alumno contará con un ordenador para realizar as actividades das clases, e o profesor con un ordenador e un canón proxector.

Para a realización das tarefas prácticas das unidades didácticas, farase uso de máquinas virtuais.