Actualizar da edición 8.10 á 9.04: Upgrade

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 08:25 27 mar 2011 de Antonio (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Para rematar o curso, nesta sección indicarase como actualizar a versión de Ubuntu. Habitualmente, sae unha nova versión de Ubuntu cada seis meses (http://es.wikipedia.org/wiki/Ubuntu#Lanzamientos_y_soporte), así que espérase que a nova versión que será a 11.04 (identifícase polo ano e mes no que é publicada) vexa a luz o 28 de abril. Que ninguén se asuste, que os cambios no uso entre unha versión e outra soen ser moi poucos, téñase en conta que o material deste curso está elaborado sobre a versión 8.10 (de hai máis de dous anos), e o 90% das cousas úsanse igual.

Ademais do nome numérico, cada versión ten un nome en clave, que soe ser o nome dun animal ficticio (http://www.guia-ubuntu.org/index.php?title=Versiones_de_Ubuntu#Lanzamientos). Así, a versión 10.10 ten como nome en clave Maverick Meerkat (Suricato Inconformista) e a 11.04 terá o nome de Natty Narwhal (Narval Elegante).

Bueno, seguindo coa actualización da edición, na propia páxina xa indica como pasar dunha versión a outra: Upgrade.

Basicamente é: No xestor de paquetes synaptic, picamos en Configuración -> Repositorios e picamos na pestana de Actualizacións:


Platega U810 Instalar Aplicacions 33.jpeg

En actualización da Edición seleccionar: edicións normais


Logo Sistema -> Administración -> Xestor de actualizacións. Igual que cando se actualiza o sistema. Platega U810 Inicio Actualizacions 02B.jpeg


Unha vez actualizado aparecerá unha imaxe semellante á seguinte, (pero para a edición 11.04).

Update-manager-upgrade-810.png

Premer en Upgrade e comezará a actualizarse todo o sistema da edición 11.10 e 11.04 incluídos tódolos programas que se foron instalando ó longo do manual, salvo aqueles que se descargaron e instalaron manualmente (opera, skype, adobe reader, etc.)


Ate aquí todo, pero este curso non estaría completo se non rematase cun vídeo (en inglés) no que se explica como actualizar a edición (upgrade').


O upgrade de Ubuntu 7.04 a 7.10 comeza no minuto: 23:40. Que o disfrutedes!!!!


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez