Unidade formativa Ofimática (Ciclo SMR)
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Unidade formativa Ofimática do Ciclo SMR
- Curso: 1º
- Duración: 140 horas
- Profesorado: Sistemas e Aplicacións Informáticas
RA1. Instala e actualiza aplicacións ofimáticas, atendendo ás especificacións dadas en distintos contornos de explotación
- – CA1.1. Identificáronse e establecéronse as fases do proceso de instalación.
- – CA1.2. Identificáronse os requisitos mínimos e óptimos para o funcionamento da aplicación.
- – CA1.3. Obtívose a información sobre os compoñentes de hardware e de software instalados no equipamento mediante as utilidades do sistema operativo.
- – CA1.4. Respectáronse as especificacións técnicas do proceso de instalación.
- – CA1.5. Configuráronse as aplicacións segundo os criterios establecidos.
- – CA1.6. Solucionáronse problemas na instalación ou na integración co sistema informático.
- – CA1.7. Elimináronse ou engadíronse compoñentes da instalación no equipamento.
- – CA1.8. Actualizáronse as aplicacións.
- – CA1.9. Respectáronse as licenzas de software.
- – CA1.10. Propuxéronse solucións de software para diversos contornos de aplicación.
- – CA1.11. Documentáronse as incidencias.
- Tipos de aplicacións ofimáticas.
- Tipos de licenzas software.
- Necesidades dos contornos de explotación.
- Requisitos das aplicacións.
- Compoñentes e complementos das aplicacións.
- Procedementos de instalación e configuración.
- Diagnóstico e resolución de problemas.
RA2. Elabora documentos e patróns aplicando as opcións avanzadas de procesadores de textos
- – CA2.1. Personalizáronse as opcións do procesador de textos e da barra de ferramentas.
- – CA2.2. Utilizáronse aplicacións e periféricos para introducir textos e imaxes.
- – CA2.3. Importáronse e exportáronse documentos creados con outras aplicacións e noutros formatos.
- – CA2.4. Deseñáronse patróns.
- – CA2.5. Creáronse e utilizáronse macros na realización de documentos.
- – CA2.6. Utilizouse a combinación de correspondencia para o envío masivo de correo.
- – CA2.7. Elaboráronse manuais específicos.
- Estilos e formatos.
- Combinación de documentos.
- Creación e uso de patróns.
- Importación e exportación de documentos.
- Deseño e creación de macros.
- Utilización de software e hardware para introducir textos e imaxes.
- Combinación de correspondencia.
- Elaboración de documentos de distintos tipos (manuais, partes de incidencias, etc.).
RA3. Elabora documentos e patróns aplicando opcións avanzadas de follas de cálculo
- – CA3.1. Personalizáronse as opcións da folla de cálculo e da barra de ferramentas.
- – CA3.2. Utilizáronse aplicacións e periféricos para introducir textos, números, códigos e imaxes.
- – CA3.3. Utilizáronse os tipos de datos e referencias para celas, rangos, follas e libros.
- – CA3.4. Aplicáronse fórmulas e funcións.
- – CA3.5. Xeráronse e modificáronse gráficos de diversos tipos.
- – CA3.6. Empregáronse macros para a realización de documentos e patróns.
- – CA3.7. Importáronse e exportáronse follas de cálculo creadas con outras aplicacións e noutros formatos.
- – CA3.8. Utilizouse a folla de cálculo como base de datos: creación de listas, filtraxe, protección e ordenación de datos.
- – CA3.9. Creáronse informes de táboas e gráficos dinámicas.
- Estilos.
- Uso de fórmulas e funcións.
- Creación de táboas e gráficos dinámicos.
- Uso de patróns e asistentes.
- Importación e exportación de follas de cálculo.
- Elaboración de documentos de distintos tipos (orzamentos, facturas, inventarios, etc.).
- Deseño e creación de macros.
RA4. Elabora documentos con bases de datos ofimáticas aplicando operacións de manipulación de datos
- – CA4.1. Identificáronse os elementos das bases de datos relacionais.
- – CA4.2. Creáronse bases de datos ofimáticas: táboas e relacións entre estas.
- – CA4.3. Utilizáronse as táboas da base de datos (para inserir, modificar e eliminar rexistros).
- – CA4.4. Utilizáronse asistentes na creación de consultas, formularios e informes.
- – CA4.5. Realizouse procura e filtraxe sobre a información almacenada.
- – CA4.6. Creáronse e utilizáronse macros.
- Elementos das bases de datos relacionais.
- Creación de bases de datos.
- Manexo de asistentes.
- Procura e filtraxe da información.
- Deseño e creación de macros.
RA5. Realiza operacións de xestión do correo e a axenda electrónica, atendendo ás necesidades de uso para a súa configuración
- – CA5.1. Describíronse os elementos que compoñen un correo electrónico.
- – CA5.2. Analizáronse as necesidades básicas de xestión de correo e axenda electrónica.
- – CA5.3. Configuráronse contas de correo electrónico de diversos tipos.
- – CA5.4. Conectáronse e sincronizáronse axendas do equipamento informático con dispositivos móbiles.
- – CA5.5. Operouse co caderno de enderezos.
- – CA5.6. Traballouse con opcións de xestión de correo electrónico (etiquetas, filtros, cartafoles, etc.).
- – CA5.7. Utilizáronse opcións de axenda electrónica.
- Tipos de contas de correo electrónico.
- Contorno de traballo: configuración e personalización.
- Patróns e sinaturas corporativas.
- Foros de noticias (news): configuración, uso e sincronización de mensaxes.
- Caderno de enderezos: importar, exportar, engadir contactos, crear listaxes de distribución e colocar a listaxe ao dispor doutras aplicacións ofimáticas.
- Xestión de correos.
- Xestión da axenda: citas, calendario, avisos, tarefas, etc.
- Sincronización con dispositivos móbiles.