Exemplo3: Clonar unha partición dun disco duro con varias particións a outro disco duro redimensionando a partición ao tamaño que queiramos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Exemplo3: Clonar unha partición dun disco duro con varias particións a outro disco duro redimensionando a partición ao tamaño que queiramos.


Situación inicial:
Situación Inicial: Discos duros.

O disco duro que ten a partición a clonar a partir de agora chamarémolo ORIXE.

O disco duro onde queremos clonar a partición chamarémolo DESTINO.

Procederemos de igual xeito que no Exemplo1: Clonar disco duro a disco duro dende o punto 1 ata o punto 7. A partir do punto 8 comezan as diferenzas, así :

  1. Agora escollemos a terceira opción: part_to_local_part partición local a to partición local clonada.
    Esta opción permite clonar a partición ORIXE na partición DESTINO
    Partición ORIXE a partición DESTINO

  2. A continuación aparecen as particións existentes nos discos duros detectados no ordenador e temos que escoller a partición ORIXE (no exemplo hda1)
    Elixir partición ORIXE

  3. Eliximos a partición DESTINO (no exemplo hdb1)
    Elixir partición DESTINO

  4. Configuramos os parámetros de clonación de Clonezilla. No exemplo escollemos os parámetros activados por defecto (os 3 primeiros) e a maiores seleccionamos o quinto parámetro (-r), o sexto parámetro (-nogui) e o último parámetro (-v)
    Configurar parámetros Clonezilla

  5. IMPORTANTE: Para poder redimensionar particións nunca debemos escoller: Usar la tabla de particiones del disco origen, co cal escollemos calquera outra opción, no exemplo escollemos a que nos interesa para poder dar o tamaño da partición destino que queiramos, esa é a opción -k2
    Opción -k2

  6. O programa queda a espera de pulsar Intro e dános un aviso, o cal indica que a próxima vez que queiramos facer o mesmo non temos porque seguir o procedemento actual senón que poderiamos executar unha consola de Clonezilla e executar o comando que pon no aviso:
    Comando clonación

  7. Comeza a clonación, pero antes Clonezilla avísanos que na partición DESTINO perderanse todos os datos, e se estamos seguros que prosigamos pulsando y (se non prememos nada por defecto actívase non N)
    Prememos y e antes de comezar volve a avisar se estamos seguros, entón volvemos a premer y
    Está vostede seguro?

  8. Agora avísanos que unha vez que pulsemos Intro teremos unha consola, con varios programas de particionamento, para poder crear as particións no disco duro DESTINO, co cal:
    1. Prememos Intro
    2. Empregamos o programa de particionamento parted, así executamos: parted /dev/hdb
    3. Unha vez dentro do programa parted executamos o comando print para ver a táboa de particións do disco duro /dev/hdb, e como podemos ver existe unicamente unha partición que ocupa aproximadamente a metade do disco duro

    Confirmar

  9. Procedemos a:
    1. Borrar a partición do disco duro DESTINO mediante o comando, dentro do parted, rm 1.
    2. A continuación creamos unha partición primaria co tamaño que queiramos no exemplo 600MB, para isto executamos o comando, dentro do parted, mkpartfs
    3. O comando mkpartfs iramos preguntando:
      • Que tipo de partición queremos crear: primaria ou extendida, co cal escribimos primary
      • Con que sistemas de ficheiros: prememos enter para coller o sistema de ficheiros por defecto
      • Que tamaño queremos que teña a partición: 600MB, co cal Start=0 e End=600MB
    4. Unha vez creada saimos do parted co comando quit.

    Clonando

  10. Saimos da consola co comando exit e proseguimos coa clonación premendo y.
    Clonando

  11. Rematada a clonación prememos Intro e aparece un menú para Apagar (Opción 0), Reiniciar (Opción 1), Traballar en liña de comandos nunha consola (Opción 2) ou proseguir traballando con Clonezilla (Opción 3).
    Menú Final

  12. Unha vez rematada a clonación xa temos a partición DESTINO clonada, co cal xa podemos traballar con ela, como previamente traballabamos coa partición ORIXE.

    Situación Final:
    Situación Final: Discos duros.

--ricardofc 22 out 2009