Diferencia entre revisiones de «Arranque Clonezilla en Español»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 19:43 13 feb 2009

Arranque Clonezilla en Español

Se queremos ter o arranque de Clonezilla en Español podemos facer o seguinte:

  1. Arrancamos o ordenador con Clonezilla aparecendo unha imaxe cun menú igual ou similar ao seguinte: Arrancar Clonezilla

  2. Agora existen distintas posibilidades de arrancar Clonezilla en español:

    • Primeira Opción: Dirixirse no menú a calquera opción das 3 primeiras e premer a tecla <Enter> en calquera desas tres. Automaticamente arrancará Clonezilla e aparecerá a seguinte imaxe:
      Idioma Clonezilla
      Escollemos es_ES.UTF-8 Spanish | Español e prosegue o arranque de Clonezilla en español.

    • Segunda Opción:
      1. Dirixirse no menú a calquera opción das 3 primeiras.
      2. Pulsamos a tecla <Tab>
      3. Aparecerán os parámetros de arranque de Clonezilla similares aos da seguinte imaxe,
        Parámetro lang
        co cal modificamos o parámetro ocs_lang="" por ocs_lang="es_ES.UTF-8", e pulsar <Enter>

    • Terceira opción: Dirixirse no menú á opción 5 ou 6, por exemplo a opción 5, entón procedemos do seguinte xeito:
      1. Premer a tecla <Tab>, modificar o parámetro ocs_lang="" por ocs_lang="es_ES.UTF-8", e pulsar <Enter>
        Parámetro lang

      2. Clonezilla deterá o arranque para preguntar o keymap, co cal escollemos a 4 opción (Select keymap from full list)
        Keymap Full List

      3. Eliximos pc / qwerty / Spanish / Standard / Standard
        PC qwerty Spanish Standard

      4. Segue o arranque e xa vemos que temos Clonezilla configurado en idioma español.

    --ricardofc 13 feb 2009