Diferencia entre revisiones de «RR»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 19:31 3 oct 2019
RR (Round-Robin; De roda; Carrusel)
Este algoritmo respecta a quenda de chegada, mais soamente deixa un quanto (q) de tempo o uso da CPU para cada proceso.
Imos ver un exemplo para explicar como traballa o algoritmo RR:
- Supoñemos a situación seguinte:
- Tempo de chegada: P1-->0, P2-->5, P3-->4, P4-->2
- Cola: P1, P4, P3, P2
- Duración Proceso: P1-->4 ciclos de CPU, P2-->7 ciclos de CPU, P3-->4 ciclos de CPU, P4-->1 ciclo de CPU.
- Quanto: q=2
sendo,
- te|Pi O tempo de espera do Proceso Pi
- tr|Pi O tempo de retorno do Proceso Pi
Imos calcular o tempo de espera(te), o tempo medio de espera, o tempo de espera máximo e o tempo de retorno(tr), así como o Diagrama de Gantt correspondente,
Como podemos ver na imaxe o primeiro en entrar na CPU é o proceso P1 pois na orde de chegada é o primeiro da cola de procesos. O algoritmo RR determina que ao entrar un proceso esté ocupará a CPU durante un quanto de tempo q, no exemplo q=2, deixando liberada a CPU para o seguinte proceso que a acaparé segundo o algoritmo RR, así:
- Ciclo 1 da CPU-Tempo de Chegada 0: Entra o proceso P1 na CPU e acapara 2 ciclos da mesma, quedando para o remate do mesmo outros 2 ciclos -pois a duración deste proceso son 4 ciclos de CPU-.
- Ciclo de CPU 3-Tempo de Chegada 2: A continuación entra o proceso P4 que acapararía 2 ciclos de CPU, xa que q=2, mais soamente acapara 1 ciclo de CPU -pois a duración deste proceso é 1 ciclo de CPU-.
- Ciclo de CPU 4-Tempo de Chegada 3: Nesta situación aínda non temos ningún outro proceso en cola agás o P1 co cal entrará o P1 outros dous ciclos de CPU, xa que q=2, rematando así o proceso -pois a duración deste proceso son 4 ciclos de CPU-.
- Ciclo de CPU 6-Tempo de Chegada 5: Agora entra na CPU o proceso P3, xa que os procesos P3 e P2 están en cola mais o proceso P3 leva máis tempo na mesma -cando debe entrar un proceso na CPU e varios dos que están en cola teñen as mesmas posibilidades ou probabilidades resolvemos este conflicto mediante o algoritmo FCFS-. Así entra o proceso P3 durante 2 ciclos de CPU -quedandolle outros 2 ciclos para o seu remate-.
- Ciclo de CPU 8-Tempo de Chegada 7: Logo entra o proceso P2 durante 2 ciclos de CPU -quedándolle 5 ciclos de duración-.
- Ciclo de CPU 10-Tempo de Chegada 9: Logo entra de novo P3 2 ciclos de CPU e remata a súa execución.
- Ciclo de CPU 12-Tempo de Chegada 11: Entra P2 2 ciclos de CPU -quedándolle 3 ciclos de duración-.
- Ciclo de CPU 14-Tempo de Chegada 13: Como agora non existe ningún outro proceso en cola segue entrando na CPU o proceso P2 ata o remate da súa execución.
--ricardofc 24 nov 2008