Diferencia entre revisiones de «Estrutura físico/funcional dos discos duros»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 10:36 15 dic 2017

Neste apartado trataremos tanto as partes internas como as características fundamentais dos discos duros de prato xiratorio.


Partes dun disco duro

Discoduroestrutura1.jpg

Os discos duros están formados por:

  • Un conxunto de pratos de aluminio ou cristal cerámico.
  • Varias cabezas lectoras de ferrita ou materiais magnetorresistivos (GMR - Giant Magnetoresistance). Existe unha cabeza por cada unha das caras dos discos preparadas para gardar información (Head).
  • Un motor que pode xirar incluso a velocidades maiores de 7.200 rpm. Velocidades típicas: 5400, 7200, 10.000 e 12.000 rpm.
  • Unha tarxeta controladora.
  • Unha caixa.
  • Cada unha das caras está dividida en pistas concéntricas, denominándose TPI (Track Per Inch) o número de pistas por pulgada existentes, é dicir, a densidade.
  • A mesma pista de distintas caras fan o que se denomina Cilindro (Cylinder).
  • Cada pista está dividida nun conxunto de Sectores, que non son outra cousa que o conxunto de 512 Bytes netos. Un Sector é a unidade mínima de escritura nun disco duro.
- Aparece un novo tamaño nos sectores dos discos duros, pasando de 512B a 4KB. É a Tecnoloxía denominada Advanced Format:
· WD.
· Seagate.
Discoduroestrutura5.jpg
Discoduroestrutura6.jpg

Parámetros para especificar o tamaño do HD

Discoduroestrutura2.jpg

Existen varios modos de especificar o tamaño dun disco duro, de mais antigo a mais modernos os modos son:

  • CHS (Cylider Head Sector): < 504 MB
Capacidade = C * H * S * 512 Bytes
  • CHS Extendido (Large): Cilindros/n y Cabezas·n
Capacidade = C * H * S * 512 Bytes
  • LBA (Logical Block Addres): CHS remprázase por un número simple largo que coincide có número de sectores no disco.
Capacidade = LBA * 512 Bytes

Estes métodos tamén son utilizados como modos de direccionamento.

Discoduroestrutura3.jpg

Exemplo: Calcular a capacidade dun disquete de 31/2"

Discoduroestrutura4.jpg
Datos:
  • 2 Cabezas
  • 80 Pistas / Cara
  • 18 Sectores / Pista
Solución:
  • Sectores totais: 2 * 80 * 18 = 2880
  • Capacidade do Disco: (2.880 * 512) / 1.024 = 1.440 KiB

Especificacións dos Discos Duros

Á hora de ler as características dun disco duro aparecerán todos estes parámetros:

  • Seek time (Tempo de acceso Unidade) (ms)
  • Average seek time (Tempo medio de acceso debido ao movemento do cabezal entre as pistas) (ms)
  • Head switch time (Tempo de cambio entre cabezais) (ms)
  • Rotational latency (Latencia de rotación) (ms)
  • Tempo de estabilización das cabezas (ms)
  • Data access (Tempo de acceso ós datos) (ms)
  • Data thoughput rate (Ratio de transferencia de datos) (MB/s)
  • Memoria Caché ou Tamaño do Buffer

Especificacións de HDs de exemplo:

  • 2016:
- WD Blue
- WD Red Pro
- Seagate NAS HDD
- Seagate Desktop SSHD

Factores de forma dos discos duros

Os discos duros, tal e como pasa con todos os elementos físicos dun PC, teñen un tamaño predeterminado que ven especificado polo seu factor de forma (form factor):

  • 51/4" (130 mm)
  • 31/2" (95 mm): O tamaño do dun ordenador de sobremesa.
  • 21/2" (65 mm): O tamaño do dun ordenador portátil.
  • 1,8" (48 mm)
  • 1" (34 mm)

-- Volver