Diferencia entre revisiones de «Multipath I/O en XenServer (iSCSI MPIO)»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 22:15 4 dic 2016

Introdución

  • Na primeira metade do curso viuse como implantar alta dispoñibilidade para conexións iSCSI, en Windows e en Linux, facendo uso do Multipath I/O (MPIO).
  • Nesta ocasión vaise ver como realizar MPIO en XenServer.
  • XenServer recomenda que a activación de MPIO se realice antes de ter conectado ningún SR iSCSI, por iso vaise crear un novo host, xen03 para ver como se activaría esta funcionalidade.
  • A imaxe seguinte amosa como sería unha configuración en Alta Dispoñibilidade Ideal.

Sv 2013 mpio 27.jpg

  • Observar:
    • A NAS/SAN ten 2 controladoras para acceder aos datos
    • Cada controladora ten 2 tarxetas de rede
    • Cada controladora ten unha tarxeta de rede conectada a cada un dos switches.
    • O servidor ten 2 tarxetas de rede
    • Por tanto, o host (iniciador) ten 4 camiños posibles para chegar ao destino.
    • Cada tarxeta do host está nunha subrede IP distinta.
    • Cada tarxeta de cada controladora está nunha subrede IP distinta.
  • A continuación vaise dar solución ao escenario 6.M, que é un pouco máis sinxelo que o anterior:

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 06 M.jpg

  • Observar que para o tráfico de Almacenamento de xen03 temos 2 tarxetas de rede en 2 subredes IP distintas: 172.16.0.0/24 e 172.16.1.0/24
  • O mesmo pasa coa NAS.


  • O escenario ideal, para ter alta dispoñibilidade implicaría que cada rede IP estivera conectada a un switch distinto. En VirtualBox pódense crear 2 Redes Internas con 2 nomes distintos, unha para cada subrede IP.
  • A imaxe seguinte amosa este último escenario e o recomendable a implantar nun escenario real, pois se falla un Switch sempre nos quedará o outro mentres arranxamos/substituímos o que fallou.

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 06 M BIS.jpg


A continuación en VirtualBox pódense crear dúas redes internas (como se tivésemos dous switches) ou unha soa rede interna para todos os adaptadores do escenario (como se tivéramos un só switch). É este último o que se implanta no presente material.

Configurar destino iSCSI na NAS

  • Imos configurar o Iniciador e o Portal do recurso iSCS_VDIs para poder realizar MultiPath.
  • Como imos usar o mesmo dispositivo iSCSI que nalgún escenario anterior é aconsellable que todos os demais hosts estean apagados.

Configurar host xen03

Habilitar Multipath

Engadir SR iSCSI


  • Agora poderíase comezar a crear MVs cuxos VDIs estarían no SR conectado por iSCSI á NAS facendo uso de MPIO.




-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 2014)