Diferencia entre revisiones de «Actualizacións en XenServer»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 11:39 7 nov 2016

Actualizar XenServer usando xe CLI

  • Como xa se indicou, a versión 6.2 libre, sen licencia de mantemento, só permitía realizar actualizacións a través da Interface da Liña de Comandos xe.
  • Hoxe en día (Novembro 2016) a versión 7.0 permite realizar as actualizacións vía XenCenter.
  • Aconsellamos que se instalen algunhas das actualizacións en modo Comando (CLI), pois pode ser que nalgún momento non teñamos o Xencenter e desexemos actualizar o Xen. Finalmente ao final desta páxina está como realizalo en modo gráfico (XenCenter).

Informe de alertas. Actualizacións dispoñibles

Web de descarga de actualizacións

Subir actualizacións

Instalar actualización


  • Os participantes no curso debe actualizar XenServer con tódalas actualizacións dispoñibles no momento da súa realización.
  • Tamén se pode descargar o paquete dende a consola de XenServer usando wget http://ruta do ficheiro da actualización.
  • Logo xa dende a consola descomprímese o paquete descargado: unzip paquete
  • E logo xa se continuar cos pasos anteriores: xe patch-upload file-name=paquete.xsupdate. Observar que como xa estamos na consola de Xen xa non fai falla indicar o usuario nin contrasinal co que imos autenticarnos no servidor.

Actualizar XenServer dende XenCenter

  • No caso de dispoñer dunha licencia, de pago, de mantemento de XenServer 6.2 as actualizacións poderían realizarse dende o XenCenter.
  • A continuación amósase como se faría nese caso baseándose na versión de XenServer 6.1 Free, que é moi semellante á versión 7.0 para realizar as actualizacións a través de XenCenter.





-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez