Diferencia entre revisiones de «Actualizacións e xestión de licencias»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 11:29 7 nov 2016
Actualizacións
- Tanto XenServer como XCP teñen actualizacións que corrixen algún problema ou engaden algunha funcionalidade.
- Non se xestionan de igual forma as actualizacións en XenServer que en XCP.
- No caso de XenServer, dende xuño de 2013, (Versión 6.2 de código aberto) só deixa realizar as actualizacións por medio de comandos e non a través de XenCenter salvo que se merque unha licencia de mantemento: http://www.citrix.es/products/xenserver/buy.html
- Na versión 7.0 xa se poden realizar as actualizacións dende o XenCenter en modo gráfico.
Xestión de licencias
- Polo que respecta ás licencias:
- XenServer: dende Xuño de 2013 é de código aberto e con tódalas funcionalidades gratis. As únicas licencias, de pago, que se precisan son para obter soporte de Citrix e ademais para poder, entre outras cousas, actualizar o servidor XenServer dende a consola de Administración XenCenter e non só dende a liña de comandos.
- Na versión 7.0 non se precisan as licencia.
- XCP: non precisa licencias