Diferencia entre revisiones de «PDM Avanzado Permisos AndroidManifiest.xml»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 06:58 24 oct 2016
Introdución
Como xa sabedes cando facemos algunha aplicación que necesite permisos especiais, é necesario engadir ditos permisos ao arquivo AndroidManifiest.xml.
A partires da API 23, Android incorpora outro nivel de seguridade, de tal forma que agora, a maiores, teremos que solicitar dito permiso a nivel de programación.
Nese entre ao usuario apareceralle un diálogo no que se lle solicitará o seu permiso para que a aplicación faga uso do recurso.
Isto só se aplica a permisos denominados perigosos (o veremos a continuación) e executando a aplicación nun dispositivo cunha versión Android 6.0 e un targetSDK 23.
En caso contrario, o permiso o pedirá como ata o de agora, no momento da instalación.
Máis información en:
- http://developer.android.com/training/permissions/requesting.html
- http://developer.android.com/guide/topics/security/permissions.html
Tipos de permisos
Nota: Isto só é aplicable a aplicacións cun TargetSDK 23 e executadas nun dispositivo cunha API 23 (Android 6.0).
En Android teremos dous tipos de permisos:
- Normais: permisos que non afectan á privacidade do usuario. Estes só teñen que estar incluídos no arquivo androidmanifiest.xml
- Perigosos: permisos que poden afectar a privacidade do usuario e teñen que ser permitidos polo usuario no momento que se necesiten por parte da aplicación.
Temos unha lista dos permisos denominados perigosos neste enlace.
Comprobando se temos o permiso
O permiso non é necesario pedilo sempre. Con tal de que o dea a primeira vez xa queda 'gardado'. Polo tanto podemos chequear se xa temos o permiso do usuario.
Neste exemplo estamos a solicitar un permiso para chamar por teléfono.
Previamente teríamos que ter posto no androidmanifiest.xml o permiso correspondente:
<uses-permission android:name="android.permission.CALL_PHONE" />
O código dentro da activity:
if (Build.VERSION.SDK_INT==23){
int permiso = checkSelfPermission(Manifest.permission.CALL_PHONE);
if (permiso ==PackageManager.PERMISSION_GRANTED){
// TEMOS O PERMISO
}
else{
// NON TEMOS O PERMISO TEREMOS QUE SOLICITALO
}
}
- Liña 1: Comprobamos que a versión é a API 23. Isto é necesario se temos un minSDK inferior á 23.
- Liña 2: Chamamos ao método checkSelfPermission, que devolve un número que nos vai a indicar se temos o permiso.
- Liña 3: Comprobamos se temos o permiso (granted ou denied).
Neste código suponse que a activity deriva da clase Activity e non dunha AppCompatActivity (librerías de compatibilidade). Se é o caso, o código varía un pouco:
if (Build.VERSION.SDK_INT==23){
int permiso = ContextCompat.checkSelfPermission(this,Manifest.permission.CALL_PHONE);
if (permiso ==PackageManager.PERMISSION_GRANTED){
// TEMOS O PERMISO
}
else{
// NON TEMOS O PERMISO TEREMOS QUE SOLICITALO
}
}
Solicitando o permiso
Para solicitar o permiso temos que chamar a un método que dará como resultado a visualización dunha caixa de diálogo;
O resultado dese diálogo vai ir a o método onRequestPermissionsResult. Como podemos ter varios permisos diferentes, podemos enviar un código asociado a dita solicitude para que despois poidamos distinguir cal foi o permiso concedido ou denegado por parte do usuario.
Exemplo de código:
// Usado por si necesitamos diferentes permisos, para identificar cual de ellos es
private final int CODIGO_IDENTIFICADOR=1;
public void pedirPermiso(){
requestPermissions( new String[]{Manifest.permission.CALL_PHONE},CODIGO_IDENTIFICADOR);
}
@Override
public void onRequestPermissionsResult(int requestCode, String permissions[], int[] grantResults) {
switch (requestCode) {
case CODIGO_IDENTIFICADOR: {
// Se o usuario premeou o boton de cancelar o array volve cun null
if (grantResults.length > 0
&& grantResults[0] == PackageManager.PERMISSION_GRANTED) {
// PERMISO CONCEDIDO
} else {
// PERMISO DENEGADO
Toast.makeText(this,"É NECESARIO O PERMISO PARA CHAMAR POR TELÉFONO",Toast.LENGTH_LONG).show();
}
return;
}
// Comprobamos os outros permisos
}
}
- Liña 6: Solicitamos o permiso enviado un código asociado (valor 1)
- Liña 11: Aquí chega a resposta do usuario.
- Liñas 15-22: Xestionamos que o usuario concedera ou non o permiso.
No caso de utilizar unha biblioteca de compatibilidade, o código sería:
public void pedirPermiso(){
ActivityCompat.requestPermissions(this, new String[]{Manifest.permission.CALL_PHONE},CODIGO_IDENTIFICADOR);
}
Caso práctico
O obxectivo desta práctica e ver pedir un permiso ao S.O. Android de tipo 'perigoso'. Concretamente para chamar a un número de teléfono.
Consta dun botón no que se chamará a un número prefixado.
Creamos a activity
- Nome do proxecto: UD08_01_Permisos
- Nome da activity: UD08_01_Permisos.java
Código do layout xml
<RelativeLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools" android:layout_width="match_parent"
android:layout_height="match_parent" android:paddingLeft="@dimen/activity_horizontal_margin"
android:paddingRight="@dimen/activity_horizontal_margin"
android:paddingTop="@dimen/activity_vertical_margin"
android:paddingBottom="@dimen/activity_vertical_margin"
tools:context="es.cifprodolfoucha.angelfernandez.myapplication.UD08_01_Permisos">
<Button
android:layout_width="wrap_content"
android:layout_height="wrap_content"
android:text="Chamar por teléfono"
android:id="@+id/UD08_01_btnChamar"
android:layout_alignParentTop="true"
android:layout_centerHorizontal="true" />
</RelativeLayout>
Código da clase UD08_01_Permisos
Obxectivo: Solicitar un permiso para un dispositivo Android 6.0 e un targetSDK=23.
Nota: Non se utilizan bibliotecas de compatibilidade.
public class UD08_01_Permisos extends Activity {
// Usado por si necesitamos diferentes permisos, para identificar cual de ellos es
private final int CODIGO_IDENTIFICADOR=1;
private void chamarTelefono(){
Intent callIntent = new Intent(Intent.ACTION_CALL);
callIntent.setData(Uri.parse("tel:123456789"));
startActivity(callIntent);
}
private void xestionarEventos(){
Button boton = (Button)findViewById(R.id.UD08_01_btnChamar);
boton.setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
@Override
public void onClick(View view) {
if (Build.VERSION.SDK_INT==23){
int permiso = checkSelfPermission(Manifest.permission.CALL_PHONE);
if (permiso ==PackageManager.PERMISSION_GRANTED){
chamarTelefono();
}
else{
UD08_01_Permisos.this.requestPermissions( new String[]{Manifest.permission.CALL_PHONE},CODIGO_IDENTIFICADOR);
}
}
}
});
}
@Override
protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
super.onCreate(savedInstanceState);
setContentView(R.layout.activity_ud08_01__permisos);
xestionarEventos();
}
@Override
public void onRequestPermissionsResult(int requestCode,
String permissions[], int[] grantResults) {
switch (requestCode) {
case CODIGO_IDENTIFICADOR: {
// If request is cancelled, the result arrays are empty.
if (grantResults.length > 0
&& grantResults[0] == PackageManager.PERMISSION_GRANTED) {
chamarTelefono();
} else {
Toast.makeText(this,"É NECESARIO O PERMISO PARA CHAMAR POR TELÉFONO",Toast.LENGTH_LONG).show();
}
return;
}
// other 'case' lines to check for other
// permissions this app might request
}
}
@Override
public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
getMenuInflater().inflate(R.menu.menu_telefono_carrion, menu);
return true;
}
@Override
public boolean onOptionsItemSelected(MenuItem item) {
// Handle action bar item clicks here. The action bar will
// automatically handle clicks on the Home/Up button, so long
// as you specify a parent activity in AndroidManifest.xml.
int id = item.getItemId();
//noinspection SimplifiableIfStatement
if (id == R.id.action_settings) {
return true;
}
return super.onOptionsItemSelected(item);
}
}