Diferencia entre revisiones de «Escenario 3.D: Acceso a dispositivos iSCSI dende Linux»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 17:09 22 oct 2016

  • Neste escenario conectarémonos aos dispositivos iSCSI exportados en FreeNAS dende un equipo Ubuntu:

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 03d.jpg

Instalar e configurar open-iscsi

O paquete http://www.open-iscsi.org/ (A páxina xa non existe) contén o iniciador iSCSI para equipos Linux. O primeiro que teremos que facer é instalar este paquete e configuralo para que arranque de forma automática e a autenticación CHAP.

Conectar e montar os destinos

Agora xa estamos en disposición de conectar os destinos e montalos sobre carpetas do equipo.

Montar automaticamente os dispositivos no arranque do sistema

En Linux, se queremos que unha partición se monte de forma automática cada vez que se arranque o sistema teremos que editar o ficheiro /etc/fstab.


Ficheiros de configuración de iSCSI e xestión dos mesmos

  • A continuación vanse amosar os ficheiros onde se garda a información relativa aos dispositivos iSCSI.
  • É moi importante coñecer estes ficheiros, a súa configuración e xestión, para poder cambiar parámetros de configuración, e nun caso moi especial, que é:
    • Se non se configurou ben algún parámetro no ficheiro /etc/iscsi/iscsid.conf (contrasinal, datos do dispositivo, etc) e se executa iscsiadm -m discovery ...
    • Se se cambian parámetros no propio dispositivo iSCSI.
  • Neses casos que pasa se se axustan de novo os parámetros no ficheiro /etc/iscsi/iscsid.conf e se volve executar o comando anterior?...Pois non se van ter en conta eses cambios. Imos ver as razóns (No seguinte enlace pode atoparse información sobre o paquete open-iscsi: http://linux-iscsi.org/wiki/Open-iSCSI)


Desconectar un destino

O comando iscsiadm tamén nos permite desconectar un só dispositivo iscsi.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --