Diferencia entre revisiones de «Escenario 3.A: Exportación de unidades por CIFS con FreeNAS»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 19:31 2 oct 2016
- A finalidade principal dos volumes creados en FreeNAS sempre é compartilos a través da rede (por medio de distintos protocolos) para que sexan usados por equipos de forma remota.
- Un dos protocolos que podemos utilizar para compartir un volume é CIFS, que como xa vimos permitirá acceder aos datos do volume tanto dende equipos Windows como dende equipos Linux, grazas ao cliente de samba.
Compartir unha carpeta por CIFS en FreeNAS
Con FreeNAS poderemos compartir calquera carpeta por CIFS; imos ver os pasos que debemos seguir:
- Compartir unha carpeta por CIFS en FreeNAS
Picamos no botón Compartido da barra superior, e aparece a pestana Shares. Vemos que dentro hai tres apartados que se corresponden cos tres protocolos de compartición de ficheiros que soporta FreeNAS, que son: AFP (para equipos Apple), NFS (como vimos para equipos Linux, aínda que tamén se pode usar con equipos Windows) e SAMBA (CIFS) (para equipos Windows e Linux).
Algúns parámetros interesantes son o nome de NetBIOS, que é o nome que terá este equipo na rede Windows (os equipos Windows poderán localizar o servidor NAS por este nome), e o grupo de traballo no que vai estar na rede Windows. Tamén podemos poñer unha descrición, e é conveniente axustar os xogos de caracteres dependendo dos clientes que teñamos para evitar problemas con caracteres con til, eñes, etc. entre equipos Windows e Linux.
Administración dos usuarios de acceso á carpeta compartida
O protocolo CIFS vai pedir aos equipos que intenten acceder á carpeta compartida un nome de usuario e contrasinal válidos para poder acceder ao recurso. ¿Que usuarios temos no noso FreeNAS? Imos ver como administralos:
- Administración dos usuarios de acceso á carpeta compartida
Con estes pasos explicamos como administrar os usuarios e grupos locais do sistema, pero FreeNAS inclúe servizos para poder tomar os usuarios dun Active Directory (un controlador de dominio Windows) ou un LDAP (servizo usado para centralizar os usuarios en redes Linux) de forma que podemos integrar os usuarios que teñamos na noso dominio de rede.
Acceso á carpeta compartida dende Windows
Imos acceder á carpeta dende un equipo Windows conectado en rede ao equipo FreeNAS:
- Acceso á carpeta compartida dende Windows
Acceso á carpeta compartida dende Ubuntu/Linux
Imos probar por último o acceso á carpeta dende un equipo Ubuntu:
- Acceso á carpeta compartida dende Ubuntu/Linux
- Introducimos os datos para conectarnos, que se poden ver na imaxe. Neste caso, imos conectarnos co usuario noa.
Nas versións máis recentes de Ubuntu, haberá que poñer como enderezo do servidor: smb://nascursosv/comunalumnos.
No explorador de ficheiros Nautilus premendo CTRL+L tamén podemos escribir a URL: smb://ip ou nome da nas/recursos compartido.