Diferencia entre revisiones de «Instalación e configuración básica de FreeNAS»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 17:58 2 oct 2016

Imos ver neste apartado os pasos xerais da instalación de FreeNAS sobre unha máquina virtual, a configuración básica de rede e da ferramenta de administración para usalo como servidor de almacenamento remoto nunha rede.

O espazo que ocupa a instalación de FreeNAS no disco é bastante reducida (bastan con 4GB de espazo), e é por iso que unha opción recomendada nun equipo físico sería en lugar de instalalo nun disco duro facelo nun disco USB. Desta forma deixaremos todos os discos físicos da máquina para utilizalos como espazo de almacenamento remoto na rede, sen consumir ningunha partición para o propio sistema FreeNAS.

Porén, dado que o que imos facer nós é unha simulación deste equipo sobre unha máquina virtual, usaremos un disco virtual desta MV para facer a instalación do sistema.


Creación da máquina virtual para a instalación

En primeiro lugar creamos a máquina virtual sobre a que imos instalar o sistema:

Pasos da instalación de FreeNAS

A instalación de FreeNAS é moi simple, xa que o único que teremos que seleccionar é o soporte no que se vai facer a instalación.

Configuración inicial

Imos seguir tres pasos de configuración básica para deixar o sistema FreeNAS listo para o seu funcionamento:

  • Configurar a conexión de rede (podería ser automática por DHCP, pero nese caso sería conveniente reservar unha dirección IP para esta máquina, xa que se vai actuar de servidor de datos non nos interesará que esta dirección cambie)
  • Establecer un contrasinal para o usuario root, que usaremos para acceder á ferramenta de administración
  • Cambiar o idioma e protocolo de seguridade da ferramenta de administración.

Configuración de rede

Cambiar o contrasinal do usuario root

Nas versións actuais de FreeNAS, cando se accede por primeira vez á ferramenta de administración solicitarase que se estableza un novo contrasinal para o usuario root, usuario que utilizaremos para autenticarnos nesta ferramenta.

Imos ver como poderíamos xa dentro da ferramenta cambiar a configuración de rede que establecimos no apartado anterior ou modificar de novo o contrasinal do usuario root.

Configuración do idioma e seguridade na ferramenta de administración



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --