Diferencia entre revisiones de «O comando VBoxManage»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 17:25 2 oct 2016

Introdución

  • O comando VBoxManage mais alá de ser un simple comando, é unha completa interface alternativa para o manexo de VirtualBox. Dicimos isto porque con el podemos facer todo o que se pode facer coa interface gráfica que vimos ata agora, e incluso existen moitas opcións do programa que só están dispoñibles por medio deste comando.
  • Polo tanto, non imos pretender explicar todas as posibilidades deste comando xa que para iso ademais o manual de VirtualBox ofrece unha documentación detallada das opcións que ofrece. Remitimos polo tanto a este manual ante calquera dúbida que se teña sobre o comando.
  • O que faremos é explicar con exemplos as accións máis relevantes que podemos querer usar se imos utilizar unha máquina sen interface gráfica para executar servizos virtualizados con VirtualBox. Por iso nos centraremos nas operacións de rexistro, exportación e importación, arranque e parada de máquinas ou modificación dalgún dos seus parámetros, partindo da idea de que resulta moito máis cómodo crear e configurar as máquinas inicialmente usando a interface gráfica, e unha vez que estean listas copialas a esa máquina usando o comando.
  • Para facer o máis ilustrativas estas probas recoméndase executalas ao mesmo tempo que se ten aberto a interface gráfica de VirtualBox, xa que esta vai visualizar automaticamente as accións que vaiamos realizando con VBoxManage.
  • Nun host Windows, o executable VBoxManage.exe atoparémolo en C:\Program Files\Oracle\VirtualBox.

Ver as máquinas rexistradas, inciar e parar máquinas

Modificar propiedades dunha máquina

Rexistrar, desrexistrar, clonar, importar e exportar máquinas

Xestionar instantáneas dunha máquina

Manexar os packs de extensións


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --