Diferencia entre revisiones de «Snapshots ou instantáneas»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 15:30 2 oct 2016
Introdución
- As instantáneas ou snapshots son unha das mellores cousas que teñen as plataformas de virtualización ou hipervisors. Permiten facer algo así como unha copia do estado particular dunha máquina, seguir traballando con ela e se algo vai mal, poder volver ao estado anterior. Tamén se pode eliminar a instantánea e seguir coa máquina no último estado no que estaba.
- As instantáneas son moi útiles para probar ferramentas, drivers, programas, etc. E son de utilidade, sen parangón, para elaborar material ou apuntes. Podemos tomar unha instantánea da MV no momento actual, e experimentar co que queiramos: drivers, programas, configuracións, etc. Unha vez probado todo pódese volver a MV ao estado anterior á experimentación e volver a facer o mesmo pero xa capturando aquelas imaxes que se desexen que formen parte dos apuntes.
- Se estamos virtualizando un servidor que presta algún servizo na rede e imos facer algunha actualización ou un cambio na configuración, podemos tomar unha instantánea para poder volver ao estado anterior en caso de que algo fose mal.
- Pois ben, antes de continuar experimentando coas máquinas wclient e uclient imos tomar unhas instantáneas das mesmas.
- Cal é diferencia con clonar?:
- Clonar: obtense unha máquina totalmente independente e que so se usará en caso de catástrofe da máquina orixinal: que non arranque, que se borrara, etc.
- Snapshot: déixase o estado da máquina no estado actual no disco (ficheiro) actual de traballo e créase un novo disco duro (ficheiro) onde se irá almacenando todo canto se faga dende a toma da instantánea. Pódense tomar tantas instantáneas como se desexe, e pódese volver atrás a calquera delas e crear novas instantáneas a partir de aí, creando árbores e ramificacións de instantáneas.
- Por iso recoméndase que antes de facer cambios importantes nunha MV se tome unha instantánea, de modo que se pasase algo coa nova configuración ou instalación sempre se podería volver ao último estado bo.
- Aínda que as instantáneas pódense tomar coa MV acesa ou apagada, recoméndase isto último. No primeiro caso garda incluso o estado da memoria.
Instantánea da MV wclient
- Primeiro apagar a máquina.
Vista agora da árbore de instantáneas que temos creadas nesta máquina. Podemos volver ao momento no que a máquina ten instalado o Microsoft Office 2010 e o Google Chrome, só o Microsoft Office 2010, ou o LibreOffice, pero... ¿podemos restaurar unha versión con LibreOffice e Google Chrome instalados? A resposta é que non; a instantánea co Google Chrome non "colga" da do LibreOffice, xa que están en "ramas" distintas da árbore.