Diferencia entre revisiones de «Configuración e manexo de italc en Windows»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 07:40 7 abr 2016

Neste apartado imos ver a instalación, configuración e manexo de Italc en equipos Windows.

Italc é un programa de control remoto especificamente orientado ao seu uso nas aulas. Utilizando tamén o protocolo VNC, Italc ofrece funcionalidades engadidas moi útiles para proporcionar un control global dos equipos do alumnado nunha aula dende o equipo do profesor.

Descarga e instalación de Italc

O primeiro paso será instalar o software, tanto nos equipos do alumnado como no do profesor.

Desinstalar ou desactivar UltraVNC

Dado que Italc tamén implementa o servidor VNC para o control remoto dos equipos, é moi importante non ter activado ao mesmo tempo o servizo de UltraVNC para non ter conflitos entre os dous programas. Para evitar problemas, aconséllase a desintalación do UltraVNC nos equipos tanto cliente como servidor, que ademais será o máis frecuente na realidade (ou usaremos Italc ou UltraVNC, pero non os dous nos mesmos equipos). Tamén é posible se non se quere desinstalar o UltraVNC, simplemente eliminar e deter o servizo do UltraVNC ou cambiar o porto no que opera para que non interfira no uso de Italc.


Instalación de Italc no equipo do profesor

Instalación de Italc no equipo dos alumnos

Configuración de Italc

Imos ver neste apartado as opcións máis importantes para a configuración de Italc de cara ao seu uso na aula. O máis importante será configurar correctamente o modo de autenticación, que segundo o que nos interese poderá ser un dos dous seguintes (ou tamén se poden usar os dous en conxunto ou ningún dos dous, aínda que non é recomendable):

  • Autenticación por claves: Este método de autenticación baséase en que no equipo do profesor temos un par de claves, unha pública e outra privada, que se utilizar para autenticar a este equipo. No equipo do profesor teremos as dúas claves e nos dos alumnos distribuiremos só a chave pública. O ideal é configurar os permisos do ficheiro que contén a clave privada para que só os usuarios profes poidan acceder a ela. Desta forma, os equipos do alumnado só poderán ser controlados dende o equipo do profesor.
  • Autenticación por usuarios: Con este método, podemos indicar con unha ACL que usuarios e/ou grupos de usuarios poden controlar o equipo. Ao iniciar a ferramenta de control da aula, o profesor introducirá o nome de usuario e contrasinal que se usará para identificarse nos equipos dos alumnos, que só permitirán o acceso se ese usuario e contrasinal son válidos e o usuario está autorizado pola ACL. Esta opción pode ser moi últil en caso de que teñamos un dominio cos usuarios e grupos centralizados, e queremos evitar ter que propagar as claves nos equipos dos alumnos, ou queremos dar un nivel máis de seguridade.

Autenticación por claves

Imos ver como podemos configurar a autenticación por claves en Italc:



Perfecto, xa estamos en condicións que comezar a controlar a aula dende o equipo do profesor. Lanzamos a ferramenta de control da aula dende a icona do escritorio, e teremos que configurar a aula para engadir os equipos que a forman:


Autenticación por usuarios

Como comentamos, outra opción de autenticación é a baseada en ACLs en función de usuarios e/ou grupos do sistema. Imos ver como poderíamos configurar este modo de autenticación, tendo en conta que os pasos que se recollen a continuación hai que facelos tanto no equipo do profesor como nos dos alumnos:


Configuración automática das aulas no equipo do profesor

Se no centro temos distintos usuarios para os distintos profes que poden dar clase nunha aula, dado que a configuración da clase na ferramenta de control de Italc se garda por defecto no perfil do usuario terá que cada un configurar a aula coa súa sesión para poder xestionar todos os equipos dos alumnos. Se a aula ten 20 ou 30 equipos non vai ser moi cómodo que cada profesor teña que ir engadindo un a un os equipos dos alumnos (introducindo todas as direccións IP ou nomes dos equipos), e sería preferible poder configurar a aula no equipo e que esa configuración se aplicase a todos os usuarios que inicien sesión nel. Imos ver como facelo:


Funcionalidades básicas de Italc

E xa para rematar, aínda que o programa de control da aula de Italc é moi intuitivo e tampouco imos ver con detalle todas as opcións, imos facer un repaso das funcións máis importantes que ofrece:



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --