Diferencia entre revisiones de «Conceptos básicos do servizo DHCP»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
PODES CONSULTAR...
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 19:00 2 abr 2016
- O servizo DHCP (Dynamic Host Configuration Protocol), permite que os clientes dunha rede obteñan de forma automática a súa configuración IP. Como mínimo: IP e máscara. Deste xeito evítase realizar a configuración IP de cada cliente de forma manual.
- A seguinte imaxe amosa distintos escenarios de configuración IP.
- Observar na imaxe da esquerda a existencia dun ámbito: que é un agrupamento para administrar distintos rangos de enderezos IP e distintas características de cada un.
- A imaxe amosa cal é o proceso polo cal un cliente solicita unha configuración IP até que algún servidor lle ofrece unha.
Os parámetros que se soen configurar nun servidor ou nun ámbito DHCP para ofrecer aos clientes son:
- IP e máscara: é o mínimo que debe ter un cliente para poder comunicarse cando menos cos demais equipos da LAN.
- Porta de enlace.
- Servidor DNS primario (e se hai secundario, tamén).
- Sufixo DNS.
Para afondar nos coñecementos de DHCP
PODES CONSULTAR...
Para revisar e afondar no coñecemento sobre DHCP pódese consultar:
Servizo DHCP do profesor Jesús Arribi
Para revisar e afondar no coñecemento sobre DHCP pódese consultar: Servizo DHCP do profesor Jesús Arribi