Diferencia entre revisiones de «Escenario completo 6.E»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 22:10 30 mar 2016
Á vista deste escenario e sen nada máis que as prácticas realizadas até o de agora o usuario debera ser quen de:
- Achar os enderezos IPs das páxinas oficias dos Clubes de Fútbol: Deportivo da Coruña e Celta de Vigo.
- En wserver:
- Crear unha a zona de busca directa depor.local.
- Crear unha zona de busca inversa asociada á IP do Clube de Fútbol Deportivo de A Coruña.
- Crear un host riazor na zona de busca directa e seu PTR asociado, cuxa IP sexa á da web oficial do clube.
- Configurar o cliente DNS para que poida resolver as zonas que xestiona.
- En dserver:
- Crear unha a zona de busca directa celta.local.
- Crear unha zona de busca inversa asociada á IP do Clube de Fútbol Celta de Vigo.
- Crear un host balaidos na zona de busca directa e seu PTR asociado, cuxa IP sexa á da web oficial do clube.
- Configurar o cliente DNS para que poida resolver as zonas que xestiona.
Que máis terá que configurar o usuario?, para que:
- Nos clientes: wclient e uclient se poidan realizar satisfactoriamente as seguintes operacións:
- Unha soa solicitude de ping a www.youtube.com, e este debe dar resposta.
- Unha soa solicitude de ping a riazor e outra a balaidos (ollo!! na mesma consola unha consulta a continuación da outra se sen modificar nada entre elas), de xeito que, se obteña resposta dos servidores oficiais dos clubes.
- Resolucións inversas ás IPs dos clubes de fútbol.
- Abrir un navegador e poder conectarse a:
- http://riazor.depor.local: e que se vexa a páxina oficial do clube.
- http://balaidos.celta.local: e que se vexa unha páxina un tanto estraña ou nada, pero que seguro que sabes por que é.
- Este escenario, unha vez asimilado o material desta parte, ten máis que ver co método Americano de traballo:
- "80% think, 20% do"
- Baseado no Principio de Pareto.