Diferencia entre revisiones de «Problemas coa caché dos clientes DNS windows»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 08:22 26 mar 2016

Problema 1: tratar de realizar resolucións DNS de equipos que aínda non están dados de alta no servidor DNS

  • O problema que se vai describir a continuación téñeno tódolos equipos Windows Cliente, independentemente de se os servidores DNS son Windows, Linux, etc. O problema, en realidade, é do cliente.
  • Este problema relacionado coa caché dos clientes Windows non a teñen os clientes Linux, pois eles non fan uso da caché.
  • Imaxinar a seguinte situación, un cliente Windows trata de resolver o enderezo dun equipo que aínda non existe no servidor DNS.

Simulacion Redes dnsw 81.jpeg

  • O cliente DNS almacenou na súa caché que ese equipo non existe: ipconfig /displaydns.

Simulacion Redes dnsw 82.jpeg

  • Por outra banda, un cliente Linux trata de facer o mesmo:

Simulacion Redes dnsw 80.jpeg

  • Observar cal é o problema que se ten cando se dá de alta, a posteriori, o equipo r na zona wcarpediem.local.

Problema 2: realizar resolucións DNS de nomes de dominio que están balanceados en distintos equipos

  • Google, ofrece os seus servizos a través de varios servidores distintos.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --