Diferencia entre revisiones de «Instalación en Ubuntu»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 15:12 15 oct 2015

Introdución

  • Como xa se dixo, a versión de Ubuntu na que se elaborou o curso é a Ubuntu Desktop 13.10 de 64 bits. Tamén se probou na versión Ubuntu Desktop 14.04 de 64 bits
  • A razón de instalar cada compoñente por separado é que nos vai permitir ter un maior control de todo canto se precisa e ademais vai poder permitir que cada lector instale os compoñentes que precise en función dos que xa ten instalados.
  • Compoñentes:
00 OpenJDK.jpg O OpenJDK (Java Development Kit), versión libre do JDK liderada por Oracle.
Como xa se indicou vaise instalar o JDK no canto do JRE (MV de Java), por se alguén desexa programar a maiores en Java en consola ou con outros IDEs.
Nesta ocasión vaise facer uso de OpenJDK e non do JDK de Oracle, porque xa vén nos repositorios de Ubuntu.
Quen o desexe pode descargar o JDK orixinal de Oracle e instalalo seguindo os pasos: http://www.oracle.com/technetwork/java/javase/downloads/index.html.
00 Eclipse.png O IDE (Integrated Development Enviroment) de Eclipse.
00 android platform.png O SDK (Software Development Kit) de Android
00 ADT.png O ADT Plugin (Android Development Tools) para Eclipse. Permitirá facer uso dende o IDE do SDK de Android.

Instalación OpenJDK

Instalación do IDE Eclipse

  • A continuación instalarase o IDE de Eclipse, cuxo proceso de instalación é simplemente descargar e descomprimir un paquete, sen máis.
  • En http://eclipse.org/ está o sitio do IDE.


IDE Eclipse para tódolos usuarios

  • Para que o IDE Eclipse estea dispoñible para tódolos usuarios do sistema, só é preciso poñer o cartafol Eclipse nunha ruta accesible por todo usuario. Neste caso vaise facer uso da máis recomendada /opt/eclipse.
  • Logo só resta axustar o propietario e os permisos do cartafol.
  • Pódese facer todo isto dende o contorno gráfico pero vaise realizar dende a consola con sudo.
  • Finalmente crearase un menú para que calquera usuario poida lanzar o IDE dende o Botón de Inicio do Lanzador.
[Desktop Entry]
Type=Application
Name=Eclipse
Comment=Eclipse Integrated Development Enviroment
Exec=env UBUNTU_MENUPROXY= /opt/eclipse/eclipse
Icon=/opt/eclipse/icon.xpm
Categories=Development;IDE;Java;

NOTA: Na versión 13.10 de Ubuntu se non se engade en Exec env UBUNTU_MENUPROXY non se amosarían os menús da aplicación.

Instalación Android SDK

  • O proceso de instalación é semellante ao do IDE Eclipse: descargar un paquete e descomprimilo.
  • En http://developer.android.com/sdk/index.html#Other podemos comezar co proceso de instalación.
  • Poderíamos descargar o Bundle asociado ao noso SO e este xa traería integrado nun só paquete: Eclipse + Android SDK + Plugin ADT. Só restaría instalar o JRE (ou JDK se se desexa).
    • Poderíase configurar para que puidera ser usado por calquera usuario do sistema do mesmo xeito que se fixo antes con Eclipse e que se vai facer a continuación co SDK de Android.
  • Pero, como indicamos, vaise instalar cada compoñente por separado.
  • Agora xa teríamos unha carpeta co SDK, da que podería facer uso o usuario actual pero non todos os demais do sistema.
  • Por tanto, igual que se fixo antes con Eclipse para configuralo para tódolos usuarios, vaise proceder agora có SDK de Android.

Android SDK para tódolos usuarios

  • Igual que antes: poñer o SDK nunha ruta accesible para tódolos usuarios do sistema: /opt/android-sdk-linux.
  • Logo só resta axustar o propietario e os permisos do cartafol.
  • Pódese facer todo isto dende o contorno gráfico pero vaise realizar dende a consola con sudo.


NOTA:: Cando decidimos instalar unha nova versión do S.O. Android non é necesario marcar todas as opcións dentro desta API. Así:

  • SDK: Necesario para poder desenvolver a aplicación. Sempre debe ser marcada.
  • Samples for SDK: Documentación de exemplo. Non é necesario marcala.
  • System Image (ARM/Intel/MIPS): Cando máis adiante utilicemos un dispositivo virtual para correr as nosas aplicacións, será necesario ter descargado a lo menos unha destas imaxes. O normal é que se temos un procesador INTEL descarguemos unha imaxe INTEL xa que despois poderemos instalar un acelerador hardware para dito micro. Se non temos intel poderíamos descargar calquera das opcións.
  • Google API: O mesmo que o System Image pero para dar soporte a aplicacións que van facer uso de Google Maps. Se non imos traballar con el non será necesario descargalas.
  • Sources for Android SDK: Fontes das funcións do SDK. Non é necesario descargalas.

Instalación plugin ADT

  • Só resta instalar o plugin en Eclipse que permita traballar dende este IDE co SDK de Android.
  • Este plugin chámase: Android Development Tools (ADT) e estende as capacidades de Eclipse para xestionar dispositivos móviles (emulados e reais), compilar e instalar aplicacións en dispositivos, etc.
  • En http://developer.android.com/tools/sdk/eclipse-adt.html hai máis información sobre este compoñente e como se pode instalar no IDE.

Librarías de 32 bits precisas para Ubuntu 13.10 Linux de 64 bits

  • Se o lector está usando unha versión de Ubuntu de 32 bits xa pode pasar ao seguinte punto.
  • Como se viu antes o SDK de Android era válido para as versións de 32bits e 64bits, pero se estamos nun SO de 64 bits, este non ten instaladas algunhas librarías de 32 bits que precisan algúns compoñentes do SDK, por exemplo o ADB.
  • O Android Debug Bridge (ADB) é un comando que arranca un servidor que nos vai permitir comunicarnos e interactuar cos dispositivos físicos ou emulados.
  • O ADB verase con profundidade nun apartado posterior, por agora so interesa que se poida executar.
  • No enlace hai máis información: http://developer.android.com/tools/help/adb.html
  • Agora xa podemos iniciar Eclipse que non se terá ningún problema co ADB nunha versión linux de 64 bits.
  • Aínda hai que instalar algunha libraría máis de 32 bits, pero imos esperar a que xurda o erro.

Configuración Eclipse e plugin ADT. Actualizacións

  • Agora xa podemos iniciar eclipse sen problemas e imos ver:
    • Parámetros de configuración de Eclipse.
    • Como actualizar Eclipse ou o SDK de Android.
    • Que elementos engadiu o plugin ADT á Perspectiva Java de Eclipse.




Carpetas de traballo

  • As carpetas que se obteñen finalmente pertencen a 2 tipos:
    • Carpetas de programas:
      • /opt/eclipse: Eclipse + plugin ADT
      • /opt/android-sdk-linux: Android SDK
    • Carpetas de configuración de usuario
      • /home usuario/.eclipse: Carpeta oculta. Contén arquivos de configuración relativos a ese usuario e ao IDE Eclipse.
      • /ruta/workspace: Carpeta indicada polo usuario onde se van gardar os proxectos creados no IDE Eclipse.
      • /home usuario/.android: Carpeta oculta. Contén arquivos de configuración relativos ao SDK de Android e onde se van gardar os emuladores de dispositivos móbiles (AVDs) que cree o usuario.


  • Dende a sesión do usuario co que se estaba no sistema se estivo executando Eclipse e o SDK de Android como root, aconsellamos, para que non haxa problemas con permisos, que se borren as tres carpetas asociadas á configuración do usuario. Puidera ser o caso de que xa non existiran esa carpetas, pero é mellor asegurarse.

Android 2013 ubuntu 77.jpg

Fixar a icona ao Lanzador

  • Unha forma de facilitar o acceso a eclipse pode ser fixando a icona ao Lanzador.
  • Hai varias formas de facelo, unha delas é a seguinte, unha vez que se ten o localizado na Lente de Incio, arrastralo ate a barra do Lanzador.



-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).