Diferencia entre revisiones de «Compartir ficheiros: SAMBA»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 09:38 8 abr 2015

Hoxe en día a informática non se entende sen o intercambio de información entre distintos sistemas. Nesta sección verase como compartir información entre MS Windows e Ubuntu e viceversa, aínda que os mesmos pasos poden seguirse para acceder á información almacenada nun disco de rede ou NAS, ou compartido a través dun router por exemplo. O intercambio de información vaise facer a través do protocolo SAMBA, agora renomeado como CIFS.


Introdución: Escenarios

Antes de levar a cabo as tarefas necesarias véxase cales son os tres escenarios que se van abordar.

  • Escenario 1: Un usuario dende un equipo con Ubuntu (uclient) trata de acceder a unha carpeta compartida nun equipo con MS Windows (wclient). Este escenario tamén sería aplicable para acceder dende un equipo con Ubuntu a unha carpeta compartida nun disco de rede.

Platega U810 Samba 01A.jpg


  • Escenario 2: Un usuario dende un equipo con MS Windows (wclient) trata de acceder a unha carpeta compartida nun equipo con Ubuntu (uclient).

Platega U810 Samba 01B.jpg


  • Escenario 3: Un usuario dende un equipo con Ubuntu (uclient02) trata de acceder a unha carpeta compartida nun equipo con Ubuntu (uclient). A carpeta LinuxComun é a mesma que comun do Escenario 2. Só lle cambiaremos o nome para crear un caso un chisco diferente.

Platega U810 Samba 01C.jpg


Escenario 1: Acceder a unha carpeta de MS Windows dende Ubuntu

A configuración dos equipos MS Windows (Windows XP, Vista, 7, 8, etc.) que o usuario poida ter no seu fogar pode ser moi dispar. Por tanto, esperamos que na medida do posible poidan adaptar os seus equipos á configuración que se vai seguir aquí usando MS Windows 7, xa que os pasos a seguir deberían ser moi similares.

Parámetros comúns

Fíxanse os seguintes parámetros comúns a todo lector.


Aprende.png
TAMÉN PODES VER...


Os seguintes enlaces mostran vídeos explicativos sobre como crear e administrar os usuarios en Windows XP e Windows:


Compartir a carpeta en MS Windows

Revísese o escenario que se pretende levar a cabo:

Platega U810 Samba 01A.jpg



Aprende.png
TAMÉN PODES VER...


Os seguintes enlaces ofrecen vídeos explicativos sobre como compartir carpetas en Windows XP e Windows Vista:

Montar a carpeta compartida dende Ubuntu

Agora toca ir ao ordenador dende o cal se desexa acceder a esa carpeta compartida. Lémbrese que en GNU/Linux para acceder a calquera dispositivo hai que montalo, e neste caso non vai ser menos. Hai que montar a unidade compartida de rede.

Neste exemplo iniciouse sesión no equipo Ubuntu coa usuario noa, aínda que para o que se vai facer non se precisa ter privilexios administrativos.

Escenario 2: Acceder a unha carpeta de Ubuntu dende MS Windows

A seguinte imaxe sitúa ao lector no esquema do que se pretende implantar:

Platega U810 Samba 01B.jpg

Lémbrese cal era a estrutura de carpetas e permisos da carpeta comun e as súas subcarpetas:

Platega U810 Permisos 01B.jpg

Aínda que na sección anterior se usaron ACLs, aquí vaise traballar cos permisos básicos. A maiores noa creou un arquivo en alumnos coas normas da materia Física e Química:

Plat sl 12 samba 15.png


Compartir a carpeta comun de Ubuntu

Para realizar esta tarefa o usuario que inicie sesión debe ter privilexios administrativos. Comecemos ...

Usar carpeta a carpeta compartida comun en MS Windows

Iniciaremos sesión en MS Windows cun usuario calquera (non é preciso que teña privilexios administrativos). Igual que nos apartados anteriores, aquí móstrase como facer o proceso usando Windows 7.

Hai que ter en conta algo importante: Para poder acceder dende o equipo Windows á carpeta compartida en Ubuntu haberá que introducir as credenciais dun usuario que teña permiso de acceso a esa carpeta e que teña activada a súa conta no servizo de samba. Esta conta actívase cando o usuario inicia sesión no equipo Ubuntu unha vez que samba está instalado. Isto é debido a que samba almacena os contrasinais para os usuarios de forma independente dos contrasinais propios do sistema (de feito un usuario podería ter un contrasinal para iniciar sesión en Ubuntu e outro diferente para acceder ás carpetas compartidas por samba), e cando o usuario inicia sesión é cando samba automaticamente toma o contrasinal introducido para activar a conta dese usuario no servizo de samba con ese mesmo contrasinal.



Aprende.png
TAMÉN PODES VER...


Os seguintes enlaces ofrecen vídeos que mostran como acceder a unha carpeta compartida en Windows XP e Windows Vista:

Borrado de ficheiros remotos

Cando se accede a un recurso compartido por SAMBA e se procede ao borrado dun ficheiro (se os permisos o permiten), este non vai a ningunha papeleira de reciclaxe nin lixo. Ese ficheiro bórrase permanentemente.

Plat sl 12 samba 36.png

Na imaxe móstrase como noa trata de eliminar a carpeta que creou no paso previo. O sistema advírtelle que se vai eliminar todo o seu contido, non que vai ir a papeleira de reciclaxe. Moito coidado con iso!!!.

Para poder solucionar, en parte, este problema habería que realizar copias de seguridade no equipo que prové os ficheiros, neste caso no equipo Ubuntu. As copias de seguridade verémolas nunha sección posterior.

Conectar/desconectar unha unidade de rede en MS Windows

En Ubuntu, existía a posibilidade de crear un marcador a un recurso de rede, para non ter sempre que estar percorrendo toda a rede para chegar a algo compartido. Pois ben, esa funcionalidade en MS Windows chámase Conectar a unidade de rede.

En MS Windows, cada unidade (CD, disqueteira, particións, discos USB, etc) ten asignada unha letra de unidade. Pois ben, cando se conecta unha unidade de rede o que se fai asignarlle unha letra (por exemplo L:) a un recurso compartido. O proceso de romper esa vinculación chámase Desconectar unidade de rede.


Aprende.png
TAMÉN PODES VER...


Os seguintes enlaces ofrecen vídeos que mostran como conectar unha unidade de rede en Windows XP e Windows Vista:

Descompartir carpetas

Para deixar de compartir unha carpeta só é necesario ir á carpeta compartida e na ventá de Compartición de carpetas desmarcar a opción correspondente. Vaise tratar de arranxar o problema de que calquera usuario poida crear carpetas/ficheiros na raíz de comun con outra ferramenta. Por tanto, para evitar interferencias imos descompartir a carpeta comun.

Plat sl 12 samba 37.png

Unha vez deixada de compartir a carpeta comun esta é configuración de permisos que queda:

Plat sl 12 samba 38.png

Comun debe ter os permisos (rwx r-x ---), que son os permisos desexados no esquema que se presentou.

System-Config-Samba

Como se veu no exemplo anterior usando Nautilus para compartir comun tívose un problema cos permisos, xa que a outros outorgábaselle permiso de escritura, cousa que en realidade non nos interesa en absoluto.

Se en vez de usar o Nautulis para compartir se usa system-config-samba a cousa pode mellorar. Para comezar comécese instalando o paquete system-config-samba, usando o Centro de software de Ubuntu:

Plat sl 12 samba 45.jpg

system-config-samba é un dos frontais gráficos que permiten manexar as comparticións de GNU/Linux.


Cambiar nome de grupo de traballo

O grupo de traballo que se asigna por defecto aos equipos Ubuntu que comparten carpetas é WorkGroup. A unión de distintos equipos no mesmo grupo de traballo facilita atopar os recursos compartidos entre eles, así que en ocasións é moi interesante poder cambiar este grupo para poñer o grupo de traballo no que están configurados os equipos Windows (que pode ser por exemplo IESNONSEIQUE, CASA, etc.). Con esta utilidade pódese cambiar ese nome, se se desexa.

Convén ter claro que un Grupo de traballo, non é máis que unha colección de equipos que comparten cousas onde todos eles se agrupan baixo un mesmo paraugas chamado grupo de traballo. Só serve para organizar conxuntos de ordenadores nunha rede, por exemplo, os ordenadores da Aula 1 e da Aula 2, pero iso non impide que os ordenadores dun grupo se comuniquen cos do outro.

Compartir unha carpeta

Chega o momento de compartir a carpeta comun usando esta ferramenta.

Escenario 3: Acceder a unha carpeta de Ubuntu dende outro Ubuntu

A seguinte imaxe sitúa ao lector no esquema do que se pretende implantar. Lémbrese que LinuxComun é en realidade a carpeta /home/comun. No equipo uclient02 só se pode usar o usuario dado de alta no proceso de instalación administrador

Platega U810 Samba 01C.jpg

Tras realizar as probas de conectividade pertinentes, procédase a desenvolver a práctica.

Volvemos a lembrar os grupo os que pertence cada usuario de, ollo, uclient, procurar non liarse, ....

Nome		Nome real		Grupo primario	Grupo secundario 	Perfil
administrador 	Usuario administrador 	administrador	sudo, ...		Administrador 
carlos		Carlos Carrión		g-profes	g-usuarios, ...		Escritorio (desktop)
noa		Profe- Noa Pin Pin 	g-profes 	g-usuarios, sudo, ...	Administrador
roi 		Alum- Roi Paz Paz 	g-alum 		g-usuarios, ...		Escritorio (desktop)

E recordamos tamén a estrutura de carpetas de uclient cos seus permisos.

Platega U810 Permisos 01B.jpg

Conxugando as dúas cousas (grupos aos que pertencen os usuarios e permisos das carpetas), obsérvase que o usuario administrador non pertence ao grupo g-usuarios que é quen pode entrar na carpeta comun.

Montar recurso de rede en Ubuntu

A práctica non difire nada do que se fixo no Escenario 1. Alí un usuario dende Ubuntu conectábase a un recurso compartido de MS Windows. Neste novo escenario quen comparte a carpeta é un equipo con Ubuntu, pero veremos que ao usuario que se conecta dálle igual.

Borrar obxectos dun recurso compartido

Que pasa agora se noa borra algo do que creou anteriormente?. Vai ao lixo?.

Plat sl 12 samba 60.png

Cando se elimina algo dun recurso compartido por SAMBA, este non vai o lixo. Elimínase para sempre. Ollo con iso!!! De novo, para evitar perdas accidentais de datos sería importante facer copias de seguridade periódicas do que hai na carpeta compartida, pero iso verémolo máis adiante.

Outros protocolos de intercambio de información

Non só existe SAMBA para compartir información entre sistema, aínda que é o máis sinxelo para compartir información entre sistemas heteroxéneos GNU/Linux – MS Windows – Mac.

Existen outros, entre eles:

  • NFS: Network File System: Sistema de ficheiros de rede. É un protocolo propio de Unix. Serve para compartir crear e usar recursos compartidos entre máquinas UNIX (ou máquinas GNU-Linux). Permite, entre outras cousas, mandar ao lixo cando se borra nun recurso compartido.
  • SSHFS: SSH File System: Sistema de ficheiros que usa SSH. Permite o intercambio de información entre máquinas GNU/Linux, destacando entre as súas características que toda a información se transmite cifrada, para que ninguén poida espiar esa información.

Conclusións

  • O uso dos protocolos anteriores...
  • Unha xestión máis efectiva dos usuarios, onde houbese unha base de datos centralizada de todos os usuarios, que permitise iniciar sesión aos usuarios tanto en máquinas MS Windows como Linux usando sempre o mesmo usuario...
  • Que os datos de cada usuario estiveran centralizados nun servidor e non espallados polos equipos dunha aula...
  • Que se tivese un sistema de políticas de control global...
  • Ter servidores de DHCP, DNS, FTP, WEB, etc, etc, etc...

Son materia para un manual de administración de Redes con MS Windows e GNU-Linux.


Neste enlace pódese ver como se implantan moitas das cousas anteriormente mencionadas.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez