Diferencia entre revisiones de «Configuración IP e conectividade na rede local»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 10:24 26 mar 2015
Escenario: Conexión en rede de equipos Windows e Ubuntu
Nas seguintes seccións vaise traballar con 2 / 3 equipos. Cada un deles debe ter unha configuración IP (manual ou automática). Deben estar na mesma rede IP para poder comunicarse entre eles.
Lembrar todo o visto no apartado de Configuración básica da rede.
A imaxe amosa a configuración IP, de modo estático, de dous equipos.
Un deles ten instalado un sistema Windows e o outro Ubuntu. Nas reproducións en casa, pódense usar outras direccións IP, xa que o importante é que haxa conectividade entre os dous equipos, e para iso o único necesario é que as direccións IP dos dous estean na mesma rede.
Os seguintes enlaces ofrecen vídeos explicativos sobre como configurar a conexión de rede en Windows XP e Windows Vista:
Como coñecer a IP dun equipo cando este a obtén de forma automática (DHCP)?
Se temos configurado o equipo para que tome a dirección IP de forma automática e queremos coñecer a configuración IP podemos seguir os seguintes pasos:
Como coñecer a IP dun equipo MS Windows
Como coñecer a IP dun equipo Ubuntu
Firewall de MS Windows
MS Windows trae o firewall activado por defecto, e como a casuística da súa configuración pode ser moi distinta dun equipo a outro, para realizar as prácticas que se propoñen neste manual vaise desactivar (polo menos temporalmente, xa que logo é recomendable activalo e se se desexa, configuralo correctamente para definir as conexións que queremos permitir).
Os seguintes enlaces ofrecen vídeos que afondan na configuración do firewall en Windows XP e Windows Vista:
Probar a conectividade entre equipos: ping
Unha vez que se configuraron as IPs (de xeito manual ou automático), que se coñecen os seus valores e que o firewall de MS windows (ou calquera outro que se teña) está desactivado, é bo comprobar se existe comunicación entre os equipos. Unha vez comprobada a conectividade pódese volver activar.
Sobre os datos do escenario:
ping: é un comando (dos dous sistemas) que serve para comprobar se un equipo se pode comunicar con outro.
Imos ver como comprobar unha conexión entre dous equipos Ubuntu e MS Windows que teñen as direccións IP asignadas de forma automática que se viron nos apartados anteriores:
Mentres non se teña conectividade entre os equipos non se debe pasar á seguinte sección.