Diferencia entre revisiones de «Instalación de drivers privativos»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 02:10 7 mar 2015

  • Ubuntu trata de configurar automaticamente, sen intervención do usuario, tódolos dispositivos do sistema: monitor, impresora, escáner, etc. Pero hai dispositivos que teñen drivers para Linux que non son software libre, senón que son privativos. Neste caso é usuario que os ten que instalar explicitamente.
  • Hai un caso moi típico de Driver privativo, que é para as tarxetas gráficas nVidia.

Comprobar se se precisan controladores (drivers) adicionais

  • Ir a Preferencias do sistema

00 Ubuntu Desktop Ed 2012 Inicio Ubuntu 58.jpeg




Instalar driver privativo

  • Se o sistema precisa instalar un Driver Privativo xa ofrece varias posibilidades e xeralmente soe indicar cal é o recomendado.

00 Ubuntu Desktop Ed 2012 Inicio Ubuntu 61.jpeg

  • Seleccionaríase o desexado, no caso de que ghaxa algún driver privativo e premeríase en Aplicar cambios.
  • Introduciríase o contrasinal (abc123.)
  • Descargaríase o driver e instalaríase

Problema coas tarxetas gráficas nVidia

  • Hai veces en que Ubuntu non funciona correctamente coas tarxetas nVidia. Para resolver iso é preciso instalar o driver privativo correspondente, pero incluso o equipo chega a quedar colgado e non se pode instalar.
  • Para resolver o problema hai que iniciar o equipo en modo recuperación
  • Seleccionamos Opcións avanzadas para Ubuntu no menú de inicio.

00 Ubuntu Desktop Ed 2012 Inicio Ubuntu 53.jpeg


  • Escollemos a opción Recovery mode.

00 Ubuntu Desktop Ed 2012 Inicio Ubuntu 65A.jpeg


  • E escoller a opción failsafeX do menú da seguinte imaxe.

00 Ubuntu Desktop Ed 2012 Inicio Ubuntu 66.jpeg

  • Indicamos, que si, que monte o sistema de ficheiros,

00 Ubuntu Desktop Ed 2012 Inicio Ubuntu 66A.jpeg

  • Logo, éntrase no sistema como sempre e fanse os pasos anteriores de instalación de controladores privativos.
  • Problema é que nas ultimas versións non sempre acaba entrando no contorno gráfico en modo seguro.
  • Co cal se se ten o problema cunha tarxeta envía, podemos recomendar:
    • Premer CTRL+ALT+F1 e entramos nunha consola.
    • Introducir o usuario
    • Introducir o contrasinal do usuario (Non se vai amosar nada na pantalla cando se teclea).
    • Executar: sudo ubuntu-drivers devices
    • Pedirá o contrasinal do usuario. Non vai amosar nada en pantalla cando se teclea.
    • Cando ofrece información mirar cal é driver que recomenda, por exemplo o nvidia-304
    • Executar: sudo apt-get install nvidia-304
    • Reiniciar: init 6
    • Cruzar os dedos e ...