Diferencia entre revisiones de «Primeiro arranque»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 17:26 9 abr 2008
Si non temos unha razón para facer algo especial, esperaremos uns segundos para arrancar cos axustes por defecto.
O sistema está arrancando
Éste é o primeiro arranque - o primeiro asistente de configuración aparece.
Aquí amósase a información da licencia e continuamos.
Aquí poderemos editar as configuracións do firewall. Si non queremos ofrecer a posibilidade de conexión a este PC via ssh/scp/sftp etc, poderemos pechar os portos correspondentes.
Recomendamos desactivar SELinux - xa que pode causar moitos problemas, especialmente si estamos empregando software de repositorios adicionais.
Para que os cambios teñan efecto teremos que reiniciar de novo.
Axustamos a data e hora actuais.
Si activamos o protocolo de network time, a hora será sincronizada cun servidor remoto.
Enviamos a nosa configuración de hardware se o desexamos.
Agora engadimos o primeiro usuario ó noso sistema. E ó pulsar Finish o sistema reiniciará de novo.
Cando o sistema xa reiniciou, veremos o menú de inicio de sesión. Entramos no sistema cos datos do usuario que acabamos de crear.
Benvidos ó escritorio de Fedora.