Diferencia entre revisiones de «Multipath I/O (MPIO). Configuración iSCSI MPIO en FreeNAS»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 00:47 17 oct 2014
Características e funcionamento de Multipath I/O (MPIO)
- MPIO é un protocolo que:
- Só opera con conexións iSCSI.
- Balancea o tráfico (aínda que só haxa unha soa conexión orixe-destino) por todos os camiños dispoñibles entre o orixe e o destino da comunicación.
- Cada interface de rede que participa en MPIO ten a súa configuración IP, non se crea ningún interface virtual.
- Só no iniciador iSCSI hai que facer unha operación cos dispositivos iSCSI, pois aínda que só nos conectemos a un target, imos ter tantos targets como rutas haxa para alcanzar a NAS. Pero non hai que facer nada a nivel IP, salvo configurar as tarxetas.
- A imaxe da esquerda amosa un equipo cunha soa IP que se conecta a unha NAS que comparte por NFS, segundo a técnica de Bond que usen, poderá usar: un dos camiños ou os dous.
- A imaxe da dereita amosa un equipo con 2 IPs conectado a unha NAS/SAN que presenta dispositivos iSCSI. Neste caso en calquera transmisión vaise balancear a carga polos 2 camiños, salvo que caia un.
Escenario a virtualizar
- Nos seguintes puntos vaise ver como se realiza o proceso MPIO con iSCSI, tanto en Linux como en Windows.
- Un exemplo do que se pretende é:
Configuración dos interfaces de rede en FreeNAS
- Comezaremos configurando as dúas interfaces de rede que van participar no MPIO.
Configuración do destino iSCSI en FreeNAS
- Dos 3 discos iSCSI dos que se dispoñía vaise traballar só con 1: o disco2.
- Vanse cambiar as configuracións de iSCSI.