Diferencia entre revisiones de «LIBGDX Carga Modelos3D»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 09:43 12 oct 2014

UNIDADE 4: Carga de Modelos 3D


Deseñando os nosos modelos 3D

Loxicamente os nosos modelos 3D non vai ser creados 'manualmente', se non utilizando programas gráficos.

Algún deles:

Moi completo pero tamén bastante complexo.
Bastante máis sinxelo.

Nos imos usar o wings3d aínda que os alumnos podedes utilizar calquera que manexedes.


A continuación tedes un enlace con tres vídeos (e o códec de vídeo por se non o visualizades) de como se manexa o Wings3D e como podemos crear un obxecto 3D e asinarlle unha textura.


Enlace a vídeos explicativos Wings3D



Conversión de formatos en 3D

En canto os formatos gráficos que podemos cargar están, entre outros:


Para pasar dun formato a outro podemos utilizar unha ferramenta: fbx-conv.

Podemos ver o código fonte en: https://github.com/libgdx/fbx-conv

Podemos descargar a versión compilada en: http://libgdx.badlogicgames.com/fbx-conv/

Información na wiki: https://github.com/libgdx/fbx-conv


O proceso para pasar dun obj a un g3db sería:

  • Descargar a versión compilada do enlace anterior.
  • Descomprimide e abride unha consola.
  • Vos situades onde se atopan os executables e escolledes a versión correspondente ó voso S.O.:
    • fbx-conv-win32.exe: Windows
    • fbx-conv-lin64: Linux
    • fbx-conv-mac: Mac




  • A orde para pasar por exemplo de obj a g3db seria:
fbx-conv-win32.exe modelo_entrada.obj modelo_saida.g3db


NOTA: Sempre que queiramos acelerar a carga dos modelos deberemos de pasalos a binario.

Carga de Modelos 3D

Carga Modelos obj

Para cargar un modelo obj temos que facer uso da clase ModelLoader.

O proceso sería:

  • Crear unha instancia de dita clase:
		ModelLoader loader = new ObjLoader();
        Model model = loader.loadModel(Gdx.files.internal("modelos/ship.obj"));

Dito método espera recibir como parámetro o arquivo obj.

Este método devolve un obxecto da clase Model.

Para nos un Model ven ser como un Mesh, o que sucede é que nun model poden ser cargados moitos Mesh de vez, polo que para ter unha referencia a un concreto faremos o seguinte:

  • Cargamos o Mesh:
	private Mesh meshNave;
        .............
        meshNave = model.meshes.get(0);

No noso caso só temos un Mesh no obj.


Exemplo:

Imos ver un exemplo completo, engadindo un modelo dunha nave e movéndoa cara a cámara, facendo que a cámara siga a nave cando a pase.


Preparación: Crear unha clase de nome UD4_6_CargaModelos3D, que derive da clase Game e sexa chamada pola clase principal das diferentes versións (desktop, android,...).


Crea un cartafol de nome modelos dentro do cartafol assets da versión Android.

Leva ó cartafol assets/modelos os arquivos ship.mtl, ship.obj e ship.png que se atopan no seguinte arquivo comprimido:

Media:Ship.zip


Creamos unha clase Elementos3D que garde a información de calquera elemento 3D. É igual á clase Cubo que utilizamos no exercicio anterior:

Código da clase Elementos3D
Obxectivo: Definir unha clase que garde o que necesitamos dun obxecto 3d.

import com.badlogic.gdx.math.Matrix4;
import com.badlogic.gdx.math.Vector3;

public class Elemento3D {
	
	public Matrix4 matriz;
	public Vector3 posicion;
	public float escala;
	public Vector3 velocidade;
	private Vector3 temp;
	
	public Elemento3D(Vector3 pos, float escala,Vector3 velocidade){
		matriz = new Matrix4();
		posicion = pos;
		this.escala=escala;
		this.velocidade = velocidade;
		
		temp = new Vector3();
		
	}
	
	public void update(float delta){
		
		temp.set(velocidade);
		posicion.add(temp.scl(delta));
		

		matriz.idt();
		matriz.translate(posicion);
		matriz.scl(escala);
		
		
	}

}


Agora imos ver o código de carga da nave.

import com.badlogic.gdx.Game;
import com.badlogic.gdx.Gdx;
import com.badlogic.gdx.assets.loaders.ModelLoader;
import com.badlogic.gdx.files.FileHandle;
import com.badlogic.gdx.graphics.GL20;
import com.badlogic.gdx.graphics.Mesh;
import com.badlogic.gdx.graphics.PerspectiveCamera;
import com.badlogic.gdx.graphics.Texture;
import com.badlogic.gdx.graphics.g3d.Model;
import com.badlogic.gdx.graphics.g3d.loader.ObjLoader;
import com.badlogic.gdx.graphics.glutils.ShaderProgram;
import com.badlogic.gdx.math.Vector3;

/**
 * Cargando modelos 3D
 * @author ANGEL
 */

public class UD4_6_CargaModelos3D extends Game {

	private Mesh meshNave;
	private Elemento3D nave;
	private ShaderProgram shaderProgram;

	private Texture textura;
	private PerspectiveCamera camara3d;
	

	
	@Override
	public void create() {
		// TODO Auto-generated method stub

		shaderProgram = new ShaderProgram(Gdx.files.internal("vertex.vert"), Gdx.files.internal("fragment.frag"));
		if (shaderProgram.isCompiled() == false) {
			Gdx.app.log("ShaderError", shaderProgram.getLog());
			System.exit(0);
		}
	

		ModelLoader loader = new ObjLoader();
        Model model = loader.loadModel(Gdx.files.internal("modelos/ship.obj"));
        meshNave = model.meshes.get(0);
        
		FileHandle imageFileHandle = Gdx.files.internal("modelos/ship.png");
		textura = new Texture(imageFileHandle);
		
		camara3d = new PerspectiveCamera();
		nave = new Elemento3D(new Vector3(0,-1f,-20f), 2f, new Vector3(0.1f,0.1f,2f));
		
	}
	
	
	@Override
	public void render() {

		Gdx.gl20.glClearColor(0f, 0f, 0f, 1f);
		Gdx.gl20.glClear(GL20.GL_COLOR_BUFFER_BIT|GL20.GL_DEPTH_BUFFER_BIT);

		Gdx.gl20.glEnable(GL20.GL_DEPTH_TEST);
		
		nave.update(Gdx.graphics.getDeltaTime());
		
		camara3d.lookAt(nave.posicion);
		camara3d.update();
		
		shaderProgram.begin();
		textura.bind(0);
		shaderProgram.setUniformi("u_texture", 0);
		shaderProgram.setUniformMatrix("u_worldView", camara3d.combined.cpy().mul(nave.matriz));
		meshNave.render(shaderProgram, GL20.GL_TRIANGLES);
			
			

		shaderProgram.end();
		
		Gdx.gl20.glDisable(GL20.GL_DEPTH_TEST);

	}
	
	@Override
	public void resize (int width,int height){
		// Definimos os parámetros da cámara
		float aspectRatio = (float) width / (float) height; 
		camara3d.viewportWidth=aspectRatio*1f;
		camara3d.viewportHeight=1f;
		camara3d.far=1000f;
		camara3d.near=0.1f;
		camara3d.lookAt(0,0,0);
		camara3d.position.set(0f,0f,5f);
		camara3d.update();
	}
	
	@Override
	public void dispose(){
		shaderProgram.dispose();
		meshNave.dispose();

	}

}
  • Liña 21: Definimos o obxecto Mesh que vai representar a nave.
  • Liñas 41-43: Cargamos o obj utilizando a clase ModelLoader.
  • Liña 49: Instanciamos a nave pasándolle uns datos concretos.
  • Liñas 64-65: Facemos que a cámara mire cara a nave. LEMBRAR CHAMAR Ó UPDATE.
  • Liña 71: Renderizamos a nave.
  • Liña 97: Liberamos a memoria.



TAREFA 4.5 A FACER: Esta parte está asociada á realización dunha tarefa.


Carga Modelos g3db

Para cargar estes modelos debemos facer uso da clase AssetManager.

Como isto é optativo na parte 2D non fai falla que o provedes.


Para cargar un modelo g3db previamente obtido coa ferramenta fbx-conv debemos facer o seguinte:

  • Crear un obxecto da clase AssetManager (que xa podemos ter creado se utilizamos esta forma de carga dos gráficos do xogo):
        AssetManager assetManager = new AssetManager();


  • Chamamos ó método load para cargar o modelo e esperamos a que remate de cargar.
        assetManager.load("modelos/ship.g3db", Model.class);
        
        assetManager.finishLoading();
  • Obtemos o obxecto da clase Model como fixemos no caso anterior:
        Model model = assetManager.get("modelos/ship.g3db", Model.class);
  • Cargamos o Mesh que se atopa no Model (só temos un).
        meshNave = model.meshes.get(0);



O código completo:

        AssetManager assetManager = new AssetManager();
        assetManager.load("modelos/ship.g3db", Model.class);
        
        assetManager.finishLoading();
        
        Model model = assetManager.get("modelos/ship.g3db", Model.class);
        meshNave = model.meshes.get(0);

Modelos 3D xa feitos

Temos diferentes sitios web onde obter modelos 3D.



-- Ángel D. Fernández González -- (2014).