Diferencia entre revisiones de «Obxectivos e escenarios da PARTE II.»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 23:24 7 oct 2014
Neste Apartado II tratarase de afondar no manexo de VirtualBox sobre todo no tocante a virtualizar servizos en rede. Por tanto estudarase:
- Parámetros de configuración das tarxetas de rede das máquinas virtuais.
- Instalar 2 máquinas virtuais de servidor: Windows e Debian.
- Os ficheiros de configuración de VirtualBox.
- O manexo de VirtualBox sen necesidade de interface gráfica, tanto no host coma nos guests.
- A configuración dunha máquina física como servidor de virtualización con VirtualBox.
- As seguintes imaxes amosan os distintos escenarios que se van manexar na PARTE II
Este escenario amosa que as máquinas virtuais teñen as tarxetas de rede configuradas por defecto: NAT
Este escenario amosa que as máquinas virtuais teñen as tarxetas de rede configuradas en modo de rede NAT, recentemente incluído en VirtualBox. Desta forma poden comunicarse entre si e acceder ao exterior.
Neste escenario os equipos virtuais compórtanse como se fosen equipos reais e poden comunicarse con calquera elemento da LAN e calquera elemento da LAN con eles.
Neste caso os equipos virtuais só se poden comunicar entre si.
Neste escenario os equipos virtuais pódense comunicar entre si e co equipo host.
Cada equipo virtual ten dúas tarxetas de rede, unha delas para comunicarse co outro equipo virtual e a outra para poder acceder ao exterior.
Virtualización dun servidor que fai de router e firewall nunha rede.
Configuración dun equipo físico como servidor de virtualización, co obxectivo de executar máquinas virtuais.