Diferencia entre revisiones de «Compartir recursos no servidor de Samba»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 12:01 15 may 2014
Samba e ACLs
Samba vai recoñecer automaticamente as acls que teñamos establecidas nas carpetas compartidas. Para comprobalo, imos quitarlle á carpeta permisos de acceso a todos os usuarios que non sexan root nin pertenzan ao grupo root:
sudo chmod 750 /comun
Se intentamos acceder á carpeta dende un equipo Windows co usuario xan:
Engadimos unha acl que permite acceder ao usuario:
sudo setfacl -m u:xan:rwx /comun
Agora comprobamos que si podemos acceder á carpeta. Pero imos a ir aínda un pouco máis alá. Como usuario xan dende o equipo Windows, creamos unha carpeta dentro de comun e dámoslle permisos a felipe:
Comprobamos a acl da carpeta creada:
sudo getfacl /comun/Para\ Felipe # file: comun/Para\040felipe # owner: xan # group: profes user::rwx user:felipe:rwx group::r-x mask::rwx other::r-x default:user::rwx default:user:felipe:rwx default:group::--- default:mask::rwx default:other::---
Así que vemos que non só samba utiliza de forma transparente as acls, senón que dende os clientes Windows poderemos modificalas (se temo permiso para facelo; fixarse que neste caso xan é o propietario da carpeta) como se fosen carpetas compartidas por un servidor Windows.