Diferencia entre revisiones de «Obxectivos e escenarios da PARTE VII»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 18:21 5 dic 2013

Servizo de Routing

  • Nesta parte vaise ver fundamentalmente unha implantación básica dos servizos de DNS e DHCP, tanto en servidores e clientes Windows como Gnu/Linux.
  • Pero para ter un escenario igual para todos os participantes no curso, o máis "limpo" e claro posible, no que atinxe á configuración dos adaptadores de rede, vaise usar o servizo de routing ou enrutamento visto na parte IV.
    • O routing vaise realizar co servidor MV Windows server implantado na parte IV, que dará saída ao exterior ás demais MVs dos distintos escenarios. Nesta ocasión vaise facer un routing moi simple, con NAT no lado de internet (WAN).


00 Simulacion Redes Escenarios Semana 04 A.jpg

  • Neste escenario 4.A da parte IV pódese ver como un servidor Windows actúa de router:
    • Lado LAN: ten unha IP que está na mesma rede-IP (172.16.0.0/16) que os demais equipos da LAN.
    • Lado WAN:
      • Ten unha IP que lle permite conectarse con outro equipo do exterior.
      • Fai NAT, para que cando un equipo da rede LAN 172.16.0.0/16 desexe saír ao exterior a petición sexa transformada a como se a fixera o propio equipo Wrouter.

Servizo de DNS

  • Unha vez montado o escenario anterior, procederase a configurar o equipo wserver como servidor do servizo DNS.
    • Este equipo xestionará unha zona que se denomina: wcarpediem.local.
  • O servidor DNS wserver realizará o proceso de recursividade para aquelas consultas que non poida resolver por el mesmo. Este mecanismo é como está configurado por defecto o servizo recén instalado.
  • Os clientes DNS de tódolos equipos (incluído o propio "wserver") terán configurado o Servidor de DNS primario coa IP de "wserver". Non se configurará o "Servidor de DNS alternativo".

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 05 A.jpg


  • Por outra banda, no seguinte escenario, o servidor de DNS wserver realizará o proceso de reenvío para dar solución a aquelas consultas que non poida resolver por el mesmo.
  • O demais permanecerá igual que no caso anterior.

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 05 B.jpg

  • O mesmo se fará con un servidor Linux, neste caso Zentyal en zserver.
  • Neste caso a zona terá outro nome distinto: zolimpia.local.

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 05 C.jpg

  • E o servidor de Zentyal configurado como reeenviador.

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 05 D.jpg

Servizo DHCP

  • Tamén se vai ver como configurar un servidor DHCP, de modo que os clientes TCP/IP, poidan obter unha configuración IP de xeito automático sen ter que realizar esa configuración manualmente.
  • Este escenario é un servidor Windows instalado cun servizo Básico de DHCP.

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 05 F.jpg


  • Pero hai veces nas que interesa que cando un servidor DHCP ofrece unha configuración IP a un cliente, pois que rexistre no servidor DNS o nome dese cliente e a IP asignada.00 Simulacion Redes Escenarios Semana 05 G.jpg



  • Servidor Windows co servizo DHCP instalado de forma que actualiza os rexistros no servidor DNS.

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 05 H.jpg


  • Servidor Zentyal co servizo DHCP instalado de forma que actualiza os rexistros no servidor DNS.

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 05 I.jpg


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (out 2012).