Diferencia entre revisiones de «Sincronizar cartafoles na nube con Ubuntu One»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 11:44 5 nov 2013
Introdución
- Hoxe en día ao poder almacenar na nube, pode ser interesante ter os nosos proxectos nun cartafol/es no ordenador e que este/s estean na nube.
- Isto permitirá:
- Mobilidade entre o fogar e o posto de traballo e estudo.
- Copia de seguranza na nube (non elimina que haxa que facer backup local).
- Hai varias utilidades para iso: DropoBox, Google Drive, Ubuntu One, etc.
- Vaise escoller Ubuntu One polas seguintes razóns:
- Ten unha aplicación dispoñible para: Windows, OS X, Linux, Android, IOS ... (Google Drive non ten para Linux). En Ubuntu xa vén configurada a aplicación por defecto.
- Pódese poñer calquera cartafol do cartafol persoal na nube, non só o cartafol asociado á aplicación.
- Ubuntu One ofrece 5GB de espazo gratuíto, que se pode incrementar en 0,5 GB se a conta se crea a través dunha invitación.
- Pero ollo: hai que ser moi coidadoso, porque o que se realice nun ordenador, por exemplo, do traballo pode afectar ao da casa.
Creación conta Ubuntu One
Para crear a conta, pódese crear en https://one.ubuntu.com/. Nese mesmo enlace pódese descargar a aplicación para outros SOs. Pero se se desexa obter 0,5 GB a maiores pódese usar as seguintes referencias: Para apelidos entre A e M: https://one.ubuntu.com/referrals/referee/247392/, os demais: https://one.ubuntu.com/referrals/referee/3452262/ Usándoas tamén nos regala a nós 0,5 GB. Para crear a conta precísase un conta de correo.
Instalación aplicación en Windows
Descargar a aplicación para Windows dende https://one.ubuntu.com/
Configuración sincronización de cartafoles
- A continuación vaise usar o aplicativo en Ubuntu, pero é semellante ao de Windows.
Sincronización noutro ordenador: Windows
- A continuación imos introducir as credenciais na aplicación dun novo ordenador e a ver que pasa.
-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2013).