Diferencia entre revisiones de «Curso POO PHP Inxección de código PHP»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 00:49 23 jul 2013
Inxección de código
Esta vulnerabilidade baséase na inserción e execución de código alleo. Dependendo de dónde se execute ese código, podemos distinguir:
Inxección de código PHP
Inserción e execución de código PHP alleo na nosa aplicación web. Pode producirse entre outros nos seguintes escenarios:
- Se empregamos include, include_once, require ou require_once empregando o contido dunha variable como parte do nome do arquivo. Por exemplo:
include $arquivo . ".php";
- Unha forma de restrinxir os efectos da vulnerabilidade é empregar a directiva allow_url_fopen (ou allow_url_include) para que non se poidan engadir ficheros dende ubicacións remotas.
- Se empregamos o constructor da linguaxe eval. eval permite executar o código contido nunha cadea de texto. Por exemplo:
$a = "17";
eval('$b = $a;');
echo $b;
- Cando o valor das variables que empreguemos dentro dun eval non estéa controlado, pode resultar na execución no noso sitio de código descoñecido. Por exemplo:
$a = $_REQUEST["valor"];
// Nótese a elección "pouco afortunada" de comiñas dobres
eval("\$b = $a;");
echo $b;
- Por exemplo, cando o valor do parámetro valor sexa algo como 1; phpinfo(); obteremos a execución da función phpinfo.
- Se empregamos a función unserialize para crear un obxecto a partir dunha representación de orixe non confiable. Por exemplo, cando facemos:
$var = unserialize($_REQUEST['representacion']);
- A variable $var pode pasar a ser un obxecto cun conxunto de propiedades con valores descoñecidos. Os obxectos que se recuperan empregando a función unserialize executan o método máxico __wakeup (se existe), e tamén o método __destruct cando se destrúan (tamén se existe). Estes métodos poden empregarse para levar a caba accións non desexadas.
- Por exemplo, se temos un obxecto que emprega ficheiros temporais e os borra cando se destrúe, un atacante podería crear un obxecto tal que cando se destruise borrara outro ficheiro calquera do sistema.
class inxeccion
{
public $fich_tmp;
...
function __destruct()
{
if (file_exists($fich_tmp)) @unlink($fich_tmp);
}
}
- Soamente sería necesario pasar un obxecto serializado da clase "inxeccion" con $fich_tmp apuntando ao ficheiro que desexemos eliminar.
- Se empregamos a función preg_replace co parámetro e no patrón para realizar sustitucións en cadeas empregando expresións regulares. O parámetro e indica que o segundo parámetro debe avaliarse como unha expresión PHP.
Inxección de código no sistema operativo
Inserción e execución de código alleo que se executa sobre o sistema operativo do servidor. Prodúcese principalmente:
- Cando empregamos unha función como system, exec ou calquera función que execute algún comando no sistema operativo, incluíndo o operador de execución (``), e empregamos na chamada o valor dunha variable non controlada, podemos obter como resultado a execución dun comando alleo no sistema operativo.
- Por exemplo, se quixeramos listar os ficheiros con unha terminación determinada que se atopan no sistema de ficheiros local, poderiamos facer:
$listado = system('ls *.' . $_REQUEST['terminacion']);
echo $listado;
- Pero se no parámetro "terminacion", no canto dunha extesión como "php" obtemos algo como "php; rm -r *", executarase tamén o segundo comando cos privilexios de execución de apache (ou do servidor web que execute PHP).
- Para evitalo pódense empregar as funcións escapeshellarg, pensada para sanear os argumentos pasados aos intérpretes de comandos, ou escapeshellcmd, que sanea unha cadea que vai ser empregada como comando (argumentos incluídos).
$argumento = escapeshellarg('*.' . $_REQUEST['terminacion']);
$listado = system('ls ' . $argumento);
echo $listado;
--Víctor Lourido 20:58 20 jul 2013 (CEST)