Diferencia entre revisiones de «Curso POO PHP Construtores e destrutores»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 00:22 28 jun 2013
Construtores e destrutores
En PHP5 podes definir nas clases métodos construtores, que se executan automáticamente cando se instancia o obxecto. O construtor dunha clase debe chamarse __construct. Pódense utilizar, por exemplo, para asignar valores a atributos.
O construtor dunha clase pode chamar a outros métodos ou ter argumentos, en cuxo caso deberán pasarse cando se crea o obxecto. Non obstante, só pode haber un método construtor en cada clase. Polo tanto, se definimos un construtor no que haxa que pasar algún argumento, sempre que instancies un novo obxecto desa clase terás que indicalo.
class Produto {
private static $num_produtos = 0;
private $codigo;
public function __construct($codigo) {
$this->$codigo = $codigo;
self::$num_produtos++;
}
…
}
$p = new Produto('GALAXYS');
Tamén é posible definir un método destrutor, que debe chamarse __destruct e permite definir accións que se executarán cando se elimine o obxecto. O destrutor non admite argumentos.
Os métodos destrutores son novos en PHP5; non existían en versións anteriores da linguaxe. Os métodos construtores tamén existían en PHP4, pero en lugar de chamarse __construct, tiñan que chamarse co mesmo nome que a clase.
--Víctor Lourido 01:21 28 jun 2013 (CEST)