Diferencia entre revisiones de «Engadir estilos a un documento con CSS»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 01:49 19 dic 2007
Pódense aplicar regras de estilo a un documento de tres xeitos distintos: Incluír estilos en liña, como elementos de estilo incrustados na parte superior do documento e como arquivos externos que poden vincúlarse ou importarse ó documento.
- Estilos en liña.
- Pódese engadir información de estilo a un elemento concreto empregando o atributo style na etiqueta HTML dese elemento. Vexamos un par de exemplos:
<h1 style="color: red">Esta cabeceira é de cor bermella</h1>
<p style="font-size: 12px; font-family: 'Trebuchet MS', sans-serif"> Este texto ten un tamaño de 12px e de tipo de letra Trebuchet MS</p>
- Aínda que este é un uso perfectamente válido da información de estilo, os estilos en liña equivalen á extensión font de HTML pois, como estes, tamén contaminan o documento con información de presentación. O mellor é empregar os estilos en liña moi ocasionalmente para ignorar regras de nivel mais alto. De feito, o atributo style foi depreciado en XHTML 1.1 e non aparece en outras linguaxes XML.
- Follas de estilo incrustadas.
- Un método mais compacto para engadir follas de estilo é incrustar un bloque de estilo na parte superior do documento HTML empregando o elemento style.
- O seguinte exemplo mostra unhas regras incrustadas nun documento XHTML:
<!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD HTML 4.01//EN"> <html> <head> <style type="text/css"> h1 {color: #666666} p {font-size: 90%; font-family: Verdana, sans-serif; } </style> <title>A miña primeira páxina web con estilo</title> </head> ... </html>
- O elemento style debe colocarse na cabeceira do documento. É obrigatorio empregar o atributo type nos documentos HTML e XHTML, ademais, de momento, o único estilo viable é text/css. Tamén existe outro atributo, media, que permite seleccionar o medio (pantalla, impresión, dispositivo móbil, etc.) ó que se lle debería aplicar a folla de estilo. Este atributo verémolo mais adiante.
- Follas de estilo externas.
- O modo mais potente de utilizar CSS é reunir todas as regras de estilo nun documento de texto independente e crear vínculos a ese documento dende todas as páxinas dun sitio. Deste modo pódense facer cambios no estilo dun xeito homoxéneo en todo o sitio editando a información de estilo dun único documento.