Diferencia entre revisiones de «Linguaxe de transformacións de documentos XML»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 16:11 15 feb 2011
Introdución a XSLT
XSL son as siglas de EXtenxible Stylesheet Language, e é unha linguaxe de follas de estilos para os documentos XML.
XSLT quere dicir XSL Transformations e é a linguaxe que empregaremos para transformar documentos XML noutros formatos como XHTML.
Co XSLT poderemos engadir/eliminar elementos e atributos dun arquivo orixe XML ou ben no arquivo que obteñamos na saída. Tamén poderíamos reorganizar os elementos, avaliar campos, ocultar elementos, etc.
XSLT é unha recomendación do W3C dende o 16 de novembro de 1999.
Linguaxes XSL
A transformación de arquivos XML noutros formatos comezou co emprego de XSL e terminou con XSLT, XPath e XSL-FO.
Poderíamos dicir que XSL é ao XML o que as follas de estilo CSS son ao HTML.
XSL = Style Sheets para XML
Por tanto, XSL describe como vai ser amosado o documento XML.
O XSL é máis que unha linguaxe de folla de estilos. O XSL consiste en tres partes:
- XSLT - a linguaxe para transformar documentos XML
- XPath - a linguaxe para navegar nos documentos XML
- XSL-FO - a linguaxe para formatar documentos XML
A maior parte dos navegadores teñen soporte para XML e XSLT.
- Mozilla Firefox: Firefox soporta XML, XSLT, e XPath dende a versión 3.
- Internet Explorer: Internet Explorer soporta XML, XSLT, e XPath dende a version 6. Internet Explorer 5 non é compatible coa recomendación oficial W3C.
- Google Chrome: Chrome soporta XML, XSLT, e XPath dende a versión 1.
- Opera: Opera soporta XML, XSLT, e XPath dende a version 9. Opera 8 soporta soamente XML + CSS.
- Apple Safari: Safari soporta XML e XSLT dende a versión 3.
Transformacións XSLT
Neste apartado imos transformar un arquivo XML nun XHTML empregando XSLT. Os detalles do exemplo serán explicados máis adiante.
Declaración da folla de estilo XSL
O elemento raíz que declara que o documento vai ser unha folla de estilos XSL é <xsl:stylesheet> ou <xsl:transform>. Poderemos empregar calquera das dúas declaracións .
A forma de declarar o arquivo segundo a recomendación da W3C é:
<xsl:stylesheet version="1.0" xmlns:xsl="http://www.w3.org/1999/XSL/Transform">
ou
<xsl:transform version="1.0" xmlns:xsl="http://www.w3.org/1999/XSL/Transform">
Para ter acceso aos elementos XSLT, atributos e características deberemos declarar o namespace ao principio do documento.
A declaración xmlns:xsl="http://www.w3.org/1999/XSL/Transform" apunta directamente ao XSLT namespace oficial do W3C. Si empregamos este namespace deberemos incluír o atributo version="1.0".
O documento XML de exemplo
Queremos transformar o seguinte documento XML ("cdcatalog.xml") nun arquivo XHTML:
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1"?>
<catalog>
<cd>
<title>Empire Burlesque</title>
<artist>Bob Dylan</artist>
<country>USA</country>
<company>Columbia</company>
<price>10.90</price>
<year>1985</year>
</cd>
.
.
</catalog>
Descargar aquivo orixinal "cdcatalog.xml"
Creación dunha folla de estilos XSL
Agora imos crear unha folla XSL ("cdcatalog.xsl") cun modelo de transformación:
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1"?>
<xsl:stylesheet version="1.0" xmlns:xsl="http://www.w3.org/1999/XSL/Transform">
<xsl:template match="/">
<html>
<body>
<h2>My CD Collection</h2>
<table border="1">
<tr bgcolor="#9acd32">
<th>Title</th>
<th>Artist</th>
</tr>
<xsl:for-each select="catalog/cd">
<tr>
<td><xsl:value-of select="title"/></td>
<td><xsl:value-of select="artist"/></td>
</tr>
</xsl:for-each>
</table>
</body>
</html>
</xsl:template>
</xsl:stylesheet>
Descargar o arquivo cdcatalog.xsl completo
Enlace á folla de estilo XSL dende o arquivo XML
Para referenciar a folla de estilos XSL ao documento XML faremos:
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1"?>
<?xml-stylesheet type="text/xsl" href="cdcatalog.xsl"?>
<catalog>
<cd>
<title>Empire Burlesque</title>
<artist>Bob Dylan</artist>
<country>USA</country>
<company>Columbia</company>
<price>10.90</price>
<year>1985</year>
</cd>
.
.
</catalog>
Descarga os dous arquivos o .xml e o .xsl
Elemento <xsl:template>
O elemento <xsl:template> é usado para construír modelos.
O atributo match úsase para asociar o modelo co elemento XML. O atributo match pode ser usado para definir un modelo para o documento XML.
O valor do atributo match é unha expresión XPath (por exemplo match="/" define o documento completo).
Unha versión simplificada do arquivo XSL anterior pode ser:
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1"?>
<xsl:stylesheet version="1.0" xmlns:xsl="http://www.w3.org/1999/XSL/Transform">
<xsl:template match="/">
<html>
<body>
<h2>My CD Collection</h2>
<table border="1">
<tr bgcolor="#9acd32">
<th>Title</th>
<th>Artist</th>
</tr>
<tr>
<td>.</td>
<td>.</td>
</tr>
</table>
</body>
</html>
</xsl:template>
</xsl:stylesheet>
Explicación do Exemplo:
Xa que unha folla XSL é tamén un documento XML, terá que comezar sempre coa declaración XML: <?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1"?>
O seguinte elemento, <xsl:stylesheet> define que este documento é unha folla XSLT (co seu número de versión e atributo namespace).
O elemento <xsl:template> define un modelo. O atributo match="/" asocia o modelo co elemento raíz do documento XML.
O contido dentro do elemento <xsl:template> define o contido HTML que se escribirá na saída.
As dúas derradeiras liñas definen o fin do modelo e o fin da folla de estilos.
O resultado do exemplo anterior é un pouco frustrante xa que non copiamos ningún dato dende o arquivo XML á saída. No seguinte apartado veremos como empregar o elemento xsl:value-of para seleccionar valores dos elementos XML.
Elemento <xsl:value-of>
O elemento <xsl:value-of> emprégase para extraer os valores dun nodo determinado do arquivo XML, e enviar eses valores á saída transformados:
Exemplo:
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1"?>
<xsl:stylesheet version="1.0" xmlns:xsl="http://www.w3.org/1999/XSL/Transform">
<xsl:template match="/">
<html>
<body>
<h2>My CD Collection</h2>
<table border="1">
<tr bgcolor="#9acd32">
<th>Title</th>
<th>Artist</th>
</tr>
<tr>
<td><xsl:value-of select="catalog/cd/title"/></td>
<td><xsl:value-of select="catalog/cd/artist"/></td>
</tr>
</table>
</body>
</html>
</xsl:template>
</xsl:stylesheet>
Nota: O atributo select do exemplo anterior, contén unha expresión XPath. Esa expresión XPath selecciona os elementos title e artist respectivamente.
Pero no caso anterior soamente seleccionou o primeiro elemento title e artist do arquivo XML. No seguinte apartado veremos como recorrer todo o arquivo XML e amosar todos os rexistros que faltan empregando o elemento <xsl:for-each>.
Elemento <xsl:for-each>
O elemento <xsl:for-each> permítenos facer bucles no XSLT. Este elemento pode ser usado para seleccionar cada un dos elementos dentro dun conxunto especificado.
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1"?>
<xsl:stylesheet version="1.0" xmlns:xsl="http://www.w3.org/1999/XSL/Transform">
<xsl:template match="/">
<html>
<body>
<h2>My CD Collection</h2>
<table border="1">
<tr bgcolor="#9acd32">
<th>Title</th>
<th>Artist</th>
</tr>
<xsl:for-each select="catalog/cd">
<tr>
<td><xsl:value-of select="title"/></td>
<td><xsl:value-of select="artist"/></td>
</tr>
</xsl:for-each>
</table>
</body>
</html>
</xsl:template>
</xsl:stylesheet>
Nota: O valor do atributo select é unha expresión XPath. A expresión XPath funciona como un sistema típico de arquivos dun sistema operativo.
Filtrando a saída
Podemos filtrar a saída dende o arquivo XML engadindo un criterio ó atributo select no elemento <xsl:for-each>.
<xsl:for-each select="catalog/cd[artist='Bob Dylan']">
Operadores dispoñibles nos filtros:
- = igual
- != distinto
- < menor que
- > maior que
Exemplo anterior cun filtro:
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1"?>
<xsl:stylesheet version="1.0" xmlns:xsl="http://www.w3.org/1999/XSL/Transform">
<xsl:template match="/">
<html>
<body>
<h2>My CD Collection</h2>
<table border="1">
<tr bgcolor="#9acd32">
<th>Title</th>
<th>Artist</th>
</tr>
<xsl:for-each select="catalog/cd[artist='Bob Dylan']">
<tr>
<td><xsl:value-of select="title"/></td>
<td><xsl:value-of select="artist"/></td>
</tr>
</xsl:for-each>
</table>
</body>
</html>
</xsl:template>
</xsl:stylesheet>
Elemento <xsl:sort>
O elemento <xsl:sort> emprégase para ordenar a saída.
Simplemente teremos que engadir o elemento <xsl:sort> dentro de cada elemento <xsl:for-each> no arquivo XSL:
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1"?>
<xsl:stylesheet version="1.0" xmlns:xsl="http://www.w3.org/1999/XSL/Transform">
<xsl:template match="/">
<html>
<body>
<h2>My CD Collection</h2>
<table border="1">
<tr bgcolor="#9acd32">
<th>Title</th>
<th>Artist</th>
</tr>
<xsl:for-each select="catalog/cd">
<xsl:sort select="artist"/>
<tr>
<td><xsl:value-of select="title"/></td>
<td><xsl:value-of select="artist"/></td>
</tr>
</xsl:for-each>
</table>
</body>
</html>
</xsl:template>
</xsl:stylesheet>
Nota: O atributo select indica que elemento XML temos que ordenar.
Elemento <xsl:if>
O elemento <xsl:if> emprégase para crear unha condición a avaliar no contido XML.
A sintaxe é a seguinte:
<xsl:if test="expresion">
... saída cando a expresión é verdadeira ...
</xsl:if>
Para engadir unha condición, teremos que engadir o elemento <xsl:if> dentro do elemento <xsl:for-each> no arquivo XSL.
Exemplo:
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1"?>
<xsl:stylesheet version="1.0" xmlns:xsl="http://www.w3.org/1999/XSL/Transform">
<xsl:template match="/">
<html>
<body>
<h2>My CD Collection</h2>
<table border="1">
<tr bgcolor="#9acd32">
<th>Title</th>
<th>Artist</th>
</tr>
<xsl:for-each select="catalog/cd">
<xsl:if test="price > 10">
<tr>
<td><xsl:value-of select="title"/></td>
<td><xsl:value-of select="artist"/></td>
</tr>
</xsl:if>
</xsl:for-each>
</table>
</body>
</html>
</xsl:template>
</xsl:stylesheet>
Nota: O valor do atributo obrigatorio test contén a expresión que queremos avaliar.
O código anterior amosará o elemento título e artista dos CD que teñen un prezo maior que 10.
Elemento <xsl:choose>
O elemento <xsl:choose> emprégase xunto con <xsl:when> e <xsl:otherwise> para expresar condicións múltiples.
Sintaxe:
<xsl:choose>
<xsl:when test="expression">
... some output ...
</xsl:when>
<xsl:otherwise>
... some output ....
</xsl:otherwise>
</xsl:choose>
Para avaliar condicións múltiples no arquivo XML, engadiremos os elementos <xsl:choose>, <xsl:when> e <xsl:otherwise> no arquivo XSL:
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1"?>
<xsl:stylesheet version="1.0"
xmlns:xsl="http://www.w3.org/1999/XSL/Transform">
<xsl:template match="/">
<html>
<body>
<h2>My CD Collection</h2>
<table border="1">
<tr bgcolor="#9acd32">
<th>Title</th>
<th>Artist</th>
</tr>
<xsl:for-each select="catalog/cd">
<tr>
<td><xsl:value-of select="title"/></td>
<xsl:choose>
<xsl:when test="price > 10">
<td bgcolor="#ff00ff">
<xsl:value-of select="artist"/></td>
</xsl:when>
<xsl:otherwise>
<td><xsl:value-of select="artist"/></td>
</xsl:otherwise>
</xsl:choose>
</tr>
</xsl:for-each>
</table>
</body>
</html>
</xsl:template>
</xsl:stylesheet>
O código anterior engadirá unha cor rosa de fondo á columna do Artista cando o prezo do CD sexa maior que 10.
Outro exemplo:
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1"?>
<xsl:stylesheet version="1.0"
xmlns:xsl="http://www.w3.org/1999/XSL/Transform">
<xsl:template match="/">
<html>
<body>
<h2>My CD Collection</h2>
<table border="1">
<tr bgcolor="#9acd32">
<th>Title</th>
<th>Artist</th>
</tr>
<xsl:for-each select="catalog/cd">
<tr>
<td><xsl:value-of select="title"/></td>
<xsl:choose>
<xsl:when test="price > 10">
<td bgcolor="#ff00ff">
<xsl:value-of select="artist"/></td>
</xsl:when>
<xsl:when test="price > 9">
<td bgcolor="#cccccc">
<xsl:value-of select="artist"/></td>
</xsl:when>
<xsl:otherwise>
<td><xsl:value-of select="artist"/></td>
</xsl:otherwise>
</xsl:choose>
</tr>
</xsl:for-each>
</table>
</body>
</html>
</xsl:template>
</xsl:stylesheet>
O código anterior engadirá unha color rosa de fondo á columna do Artista cando o prezo do CD é maior que 10 e unha cor gris de fondo cando o prezo do CD é maior que 9 e menor ou igual a 10.
Elemento <xsl:apply-templates>
O elemento <xsl:apply-templates> aplica un modelo ao elemento actual ou aos nodos elementos fillos do actual.
Se engadimos un atributo select ao elemento <xsl:apply-templates> procesará soamente o elemento fillo que coincida co valor do atributo. Podemos usar un atributo select para especificar a orde na cal serán procesados os nodos fillos.
Observa o seguinte exemplo:
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1"?>
<xsl:stylesheet version="1.0"
xmlns:xsl="http://www.w3.org/1999/XSL/Transform">
<xsl:template match="/">
<html>
<body>
<h2>My CD Collection</h2>
<xsl:apply-templates/>
</body>
</html>
</xsl:template>
<xsl:template match="cd">
<p>
<xsl:apply-templates select="title"/>
<xsl:apply-templates select="artist"/>
</p>
</xsl:template>
<xsl:template match="title">
Title: <span style="color:#ff0000">
<xsl:value-of select="."/></span>
<br />
</xsl:template>
<xsl:template match="artist">
Artist: <span style="color:#00ff00">
<xsl:value-of select="."/></span>
<br />
</xsl:template>
</xsl:stylesheet>