Diferencia entre revisiones de «Vantaxes de XHTML sobre HTML»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 23:32 4 nov 2010
Por que usar XHTML 1.1 se xa existe HTML 4.01? Cales son as súas vantaxes?
O W3C combinou a potencia de HTML e XML para crear unha linguaxe de marcado á que lle sentara ben o paso do tempo. A experiencia das versión do HTML 3.2, cando se empezaron a introducir elementos de deseño nas etiquetas, foi moi negativa para os desenvolvedores e, a medio prazo, para os propios usuarios, derivando nunha auténtica balcanización da web. A día de hoxe, aplicacións da chamada web semántica xa empezan a tirar partido do XHTML.
Por outra parte, XHTML, ao estar baseado en XML obriga a que todos os elementos estean marcados correctamente, é dicir, que estean ben formados (en HTML o chequeo sintáctico non é obrigatorio) permitindo facer un tratamento máis automatizado en caso de que sexa necesario. No hai que esquecer que cada día son máis as ferramentas que empregan XML no seu funcionamento.
Ademais, o uso dun HTML baseado en XML permite a utilización da linguaxe en dispositivos para os que inicialmente non foi deseñado como, por exemplo, un navegador nun teléfono móbil ou nun pequeno portátil.
Por último, XHTML é extensible, novamente por estar baseado en XML, mentres que HTML non.
Modularización
Unha das vantaxes máis importantes de XHTML fronte a HTML é a súa separación en módulos permitindo, entre outras cousas, as seguintes:
- Escoller módulos que estean soportados só por determinados dispositivos.
- Simplificar XHTML para pequenos dispositivos, mediante a definición de perfís, como o XHTML Basic (un subconxunto de XHTML que proporciona un mínimo de características que incluso poidan soportar os dispositivos máis limitados, xeralmente, pequenos dispositivos móbiles).
- Incluír outras linguaxes de marcado como MathML, SVG, voz e multimedia.
O W3C dividiu o XHTML en 28 módulos entre os que se atopan os que conteñen elementos para crear formularios, táboas, listas, estilos, etc.
Como pasar de HTML a XHTML
Se se quere pasar dun sitio web escrito en HTML a XHTML podemos seguir os seguintes pasos:
- Engadir un DOCTYPE a cada páxina do sitio web. Por exemplo:
<!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN"
"http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd">
- Pasar etiquetas e atributos de maiúsculas a minúsculas. Pode realizarse mediante a función "busca-e-reprazo" de calquera editor de XHTML.
- Entrecomiñar todos os atributos de todas as páxinas.
- Remprazar as etiquetas baleiras, como <hr> e <br> por <hr /> e <br />. Pode realizarse mediante a función "busca-e-remprazo" de calquera editor de XHTML. Por razóns de compatibilidade cos navegadores actuais hai que engadir un espazo extra antes do símbolo "/".
- Validar todas as páxinas contra o DTD no validador oficial do W3C. Neste intre aparecerán erros que deberán ser editados manualmente.
Incluso existen ferramentas para automatizar a conversión, aínda que sempre hai que revisar o código XHTML resultante.
--Arribi 00:43 3 nov 2010 (GMT)